{"id":7083,"date":"2016-12-30T00:55:38","date_gmt":"2016-12-29T23:55:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.intalent.udc.es\/jose-mahia-intalent-udc\/"},"modified":"2019-05-03T16:20:53","modified_gmt":"2019-05-03T14:20:53","slug":"jose-mahia-intalent-udc","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/jose-mahia-intalent-udc\/","title":{"rendered":"Jos\u00e9 Mah\u00eda, coordinador cient\u00edfico de InTalent, f\u00e1lanos da aposta da UDC pola retenci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e captaci\u00f3n do talento investigador de excelencia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: left;\"><strong>O programa InTalent xa botou a andar, e f\u00edxoo de maneira exitosa. Moitos investigadores present\u00e1ronse \u00e1 primeira convocatoria deste programa que impulsa a Universidade da Coru\u00f1a e Inditex. <\/strong><\/h4>\n<h4 style=\"text-align: left;\"><strong>Hoxe falamos con <span style=\"color: #e62686;\">Jos<\/span><\/strong><strong><span style=\"color: #e62686;\">\u00e9 Mah\u00eda<\/span>,\u00a0membro da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigaci\u00f3n (OTRI) da UDC e coordinador cient\u00edfico do programa InTalent. O programa InTalent est\u00e1 enmarcado dentro do<\/strong><strong>\u00a0<span style=\"color: #e62686;\"><em><a style=\"color: #e62686;\" href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/berce\/\">Programa de Apoio \u00e1 Ciencia Excelente da UDC (berce)<\/a><\/em><\/span> e est\u00e1 supervisado polo Vicerreitorado de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia<\/strong><strong>.<\/strong><\/h4>\n<h4 style=\"text-align: left;\"><strong>Jos\u00e9 Mah\u00eda xunto a Javier Garrido, coordinador t\u00e9cnico de InTalent, desenvolven varias funci\u00f3ns na xesti\u00f3n do programa \u201cdesde a definici\u00f3n da convocatoria e dos criterios de avaliaci\u00f3n da mesma ata a recepci\u00f3n, acompa\u00f1amento e seguimento dos resultados da actividade investigadora, pasando polo apoio e asesoramento aos solicitantes e a asistencia \u00e1 comisi\u00f3n evaluadora.\u201d<\/strong><\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>1. Acabades de pechar a primeira convocatoria (2016) do programa InTalent Que valoraci\u00f3n fas do programa ata o momento? P\u00f3desnos adiantar cando sair\u00e1 a pr\u00f3xima convocatoria?<\/strong><\/p>\n<p>A verdade \u00e9 que estamos moi contentos de como nos est\u00e1n sa\u00edndo as cousas. InTalent \u00e9 un programa pioneiro na captaci\u00f3n de talento en Galicia e tivemos que montalo desde cero, o que sup\u00f3n un reto e un gran traballo, pero tam\u00e9n nos permitiu crear o programa que queriamos e no que criamos. E a resposta dos investigadores foi simplemente sensacional.<\/p>\n<p>Recibimos m\u00e1is de cen solicitudes na primeira convocatoria, o que podemos considerar un gran \u00e9xito, a\u00ednda que tam\u00e9n nos queda a sensaci\u00f3n de non poder colmar as lex\u00edtimas aspiraci\u00f3ns de moitos grandes investigadores que se interesaron por n\u00f3s e inevitablemente quedar\u00e1n f\u00f3ra nesta primeira convocatoria. Por iso, queremos xa sacar a segunda canto antes. As nosas estimaci\u00f3ns sit\u00faana a mediados do ano 2017.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>2. O programa InTalent \u00e9 unha das iniciativas de retenci\u00f3n e captaci\u00f3n do talento levadas a cabo pola UDC. Existen m\u00e1is?<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 indubidable que a UDC est\u00e1 a apostar decididamente pola retenci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e captaci\u00f3n de talento investigador de excelencia. Fai aproximadamente un par de anos que puxemos en marcha o programa \u201cberce\u201d con estes obxectivos, ofrecendo unha serie de medidas concretas como o apoio t\u00e9cnico na presentaci\u00f3n de solicitudes a programas nacionais e internacionais de ciencia excelente, especialmente do ERC. berce est\u00e1 m\u00e1is vivo que nunca e InTalent \u00e9 un paso m\u00e1is adiante nesta direcci\u00f3n, creando n\u00f3s o noso propio programa de ciencia .<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>3. Actualmente at\u00f3pase aberta a convocatoria para as Consolidator Grants do ERC. Que lle ofrecedes aos investigadores que leven a cabo a proposta a trav\u00e9s da UDC?<\/strong><\/p>\n<p>A todos aqueles investigadores interesados en presentar a solicitude para as\u00a0<strong><span style=\"color: #e62686;\"><a style=\"color: #e62686;\" href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/12-puntos-esenciais-proposta-erc\/\">Consolidator Grant del ERC<\/a><\/span><\/strong> brind\u00e1moslles apoio t\u00e9cnico na elaboraci\u00f3n da proposta, pero sobre todo o que destacar\u00eda \u00e9 a oportunidade de <strong>estabilizaci\u00f3n laboral<\/strong>, xa que todos os investigadores que logren o financiamento do ERC (en calquera das s\u00faas modalidades) e desenvolvan o seu proxecto na UDC dispo\u00f1er\u00e1n dunha praza laboral indefinida baixo a figura de \u201cinvestigador distinguido\u201d, grazas a un acordo co goberno rexional (Xunta de Galicia). Esta posibilidade \u00e9 independente do programa InTalent e \u00e9 unha v\u00eda moi interesante para o retorno e captaci\u00f3n de investigadores excelentes.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-5945 size-full\" src=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/ESTABILIDAD-GAL.png\" alt=\"\" width=\"1303\" height=\"234\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>4. Ent\u00f3n, que ten que facer un investigador que se queira presentar a trav\u00e9s da UDC? <\/strong><\/p>\n<p>Todo aquel investigador que queira concorrer a unha ERC a trav\u00e9s da UDC debe contactar connosco a trav\u00e9s de correo electr\u00f3nico (<span style=\"color: #e62686;\"><strong><a style=\"color: #e62686;\" href=\"mailto:intalent@udc.es\">intalent@udc.es<\/a><\/strong><\/span>) e solicitarnos unha reuni\u00f3n presencial ou a trav\u00e9s de skype para estudar cales son as mellores opci\u00f3ns para cada investigador en funci\u00f3n das s\u00faas condici\u00f3ns persoais.<\/p>\n<p><a href=\"mailto:intalent@udc.es\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-5165 size-full\" src=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/boton-contacto-gal.gif\" alt=\"contacto - InTalent\" width=\"752\" height=\"130\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>5<\/strong><strong>. Existen m\u00e1is posibilidades de estabilidade laboral na UDC?<\/strong><\/p>\n<p>Si, de feito, o Ministerio de Econom\u00eda, Industria e Competitividade acaba de publicar a convocatoria 2016 do\u00a0<span style=\"color: #e62686;\"><strong><a style=\"color: #e62686;\" href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/ramon-y-cajal\/\">Programa \u201cRam\u00f3n y Cajal\u201d<\/a><\/strong><\/span>. O obxectivo desta convocatoria \u00e9 promover a incorporaci\u00f3n de investigadores nacionais e estranxeiros cunha traxectoria destacada a centros de I+D por un per\u00edodo de 5 anos. A\u00ednda que a continuidade non est\u00e1 garantida, ao finalizar este per\u00edodo, a lei establece que polo menos un 15 por cento das prazas a concurso de cada universidade debe ir destinado ao persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ram\u00f3n y Cajal. Nestes momentos, a UDC disp\u00f3n dunha bolsa de prazas para as \u00e1reas dos beneficiarios desta axuda, o que sup\u00f3n que existe unha alta probabilidade de continuidade para aqueles investigadores &#8220;Ram\u00f3n y Cajal&#8221; que desenvolvan o seu proxecto na UDC.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>6<\/strong><strong>. Que outras posibilidades de financiamento de ciencia excelente destacar\u00edas?<\/strong><\/p>\n<p>A oferta \u00e9 moi completa, a\u00ednda que todas as <span style=\"color: #e62686;\"><strong><a style=\"color: #e62686;\" href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/otras-convocatorias\/\">convocatorias<\/a>\u00a0<\/strong><\/span>son tremendamente competitivas. A nivel nacional destacar\u00eda as Juan de la Cierva, tanto na modalidade de formaci\u00f3n como de incorporaci\u00f3n, cuxa convocatoria xa est\u00e1 publicada e est\u00e1 a piques de abrirse o prazo de solicitude. Est\u00e1n dirixidas a investigadores nas s\u00faas primeiras etapas posdoutorais.<\/p>\n<p>A nivel europeo, ademais das ERC Grants en calquera das s\u00faas modalidades (Starting, Consolidator e Advanced), destacar\u00eda as Acci\u00f3ns Marie Sklodowska-Curie que est\u00e1n moi ben dotadas economicamente e implican a mobilidade do investigador respecto ao pa\u00eds de residencia nos \u00faltimos anos.<\/p>\n<p>A UDC pode ser un destino ideal para aqueles investigadores galegos e espa\u00f1ois que pasaron por unha etapa posdoutoral no estranxeiro e queren continuar en Espa\u00f1a a s\u00faa carreira investigadora.<\/p>\n<p>En calquera caso, gustar\u00edame insistir na predisposici\u00f3n da nosa universidade para recibir investigadores excelentes a trav\u00e9s de calquera destes programas nacionais e internacionais, polo que animo a todos os investigadores interesados en po\u00f1erse en contacto connosco para informarse de todas as posibilidades que podemos ofrecerlles.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Falamos con Jos\u00e9 Mah\u00eda, coordinador cient\u00edfico de InTalent, sobre a aposta da UDC pola retenci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e captaci\u00f3n do talento investigador.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":7085,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[272,264,1],"tags":[276,293,284,294,266,295,296,297,298,268],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7083"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7083"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7083\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8670,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7083\/revisions\/8670"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7085"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7083"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7083"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7083"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}