{"id":7092,"date":"2017-05-06T20:27:57","date_gmt":"2017-05-06T18:27:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.intalent.udc.es\/marie-sklodowska-curie-actions-individual-fellowships-2\/"},"modified":"2019-05-03T16:20:43","modified_gmt":"2019-05-03T14:20:43","slug":"marie-sklodowska-curie-actions-individual-fellowships-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/marie-sklodowska-curie-actions-individual-fellowships-2\/","title":{"rendered":"Marie Sk\u0142odowska-Curie Actions Individual Fellowships (MSCA-IF), unha gran aposta pola mobilidade dos investigadores excelentes"},"content":{"rendered":"<p>As<strong> Marie Sk\u0142odowska-Curie Actions Individual Fellowships (MSCA-IF)<\/strong> te\u00f1en como obxectivo mellorar o potencial creativo e innovador dos<strong> investigadores con experiencia<\/strong> (investigadores con t\u00edtulo de doutor ou que poidan acreditar m\u00e1is de 4 anos de experiencia investigadora a tempo completo), a trav\u00e9s de proxectos individuais, fomentando a <strong>mobilidade internacional e intersectorial<\/strong> tanto en universidades, centros de investigaci\u00f3n, infraestructuras de investigaci\u00f3n, empresas, PEME e outros grupos socioecon\u00f3micos de<strong> toda Europa e de f\u00f3ra dela<\/strong>. Actualmente as Marie Sk\u0142odowska-Curie Actions Individual Fellowships est\u00e1n abertas ata o <strong>12 de Setembro de 2018<\/strong>.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase de <strong>becas moi ben dotadas economicamente<\/strong> que solicitan os investigadores xunto a instituci\u00f3ns de acollida (host institutions) nas que van a desenvolver a s\u00faa actividade investigadora.<\/p>\n<p>Os solicitantes \u00e1s Individual Fellowships deber\u00e1n orientar a s\u00faa solicitude cara unha das <strong>8 \u00e1reas cient\u00edficas propostas<\/strong>: Qu\u00edmica, Ciencias Sociais e Humanidades, Ciencias Econ\u00f3micas, Enxe\u00f1er\u00eda e Ciencias da Informaci\u00f3n, Xeociencias e Medioambientais, Ciencias da Vida, Matem\u00e1ticas e F\u00edsica.<\/p>\n<p>As Individual Fellowships te\u00f1en d\u00faas modalidades de participaci\u00f3n que se diferencian polas s\u00faas regras de mobilidade: as <strong>European Fellowships (EF)<\/strong> e as <strong>Global Fellowships (GF)<\/strong>, que especificamos a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>As European Fellowships (IF European), promovendo a mobilidade dentro da Uni\u00f3n Europea<\/h2>\n<p>Tr\u00e1tase de proxectos de <strong>1 a 2 anos de duraci\u00f3n<\/strong> e os <strong>solicitantes<\/strong> deben ter ou ben o t\u00edtulo de doutor ou contar con <strong>4 anos de experiencia en investigaci\u00f3n<\/strong> a tempo completo a data de peche da convocatoria.<\/p>\n<p>Est\u00e1n enfocadas a promover a <strong>mobilidade dentro dos pa\u00edses membros da Uni\u00f3n Europea ou pa\u00edses asociados<\/strong>, o que sup\u00f3n unha excelente oportunidade de retorno para <strong>investigadores de excelencia<\/strong> que se desprazaran do seu pa\u00eds de orixe a outros pa\u00edses, sexan ou non pertencentes \u00e1 Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p>As <strong>European Fellowships<\/strong> contan con varios paneis multidisciplinares que ofrecen diferentes posibilidades aos investigadores e que te\u00f1en as s\u00faas propias condici\u00f3ns:<\/p>\n<h3>Becas Standard (EF-ST &#8211; Standard European Fellowships)<\/h3>\n<p>Ditas becas est\u00e1n destinadas a investigadores experimentados, que non residisen ou traballasen no pa\u00eds da entidade beneficiada por m\u00e1is de 12 meses nos \u00faltimos 3 anos anteriores ao peche da convocatoria, e queiran levar a cabo a s\u00faa labor investigadora en calquera pa\u00eds membro da Uni\u00f3n Europea ou asociado.<\/p>\n<h3>Reinicio de Carreira (CAR &#8211; Career Restart Panel)<\/h3>\n<p>Pretenden apoiar a investigadores a retomar a s\u00faa carreira investigadora en Europa tras un per\u00edodo de inactividade, como unha baixa por maternidade ou paternidade, unha estancia de investigaci\u00f3n no estranxeiro\u2026 Neste caso, o investigador non debeu residir ou traballar no pa\u00eds da entidade beneficiada por m\u00e1is de 36 meses nos \u00faltimos 5 anos anteriores ao peche da convocatoria. Adem\u00e1is, non debeu levar a cabo ningunha labor investigadora nos 12 meses anteriores ao peche da convocatoria (14\/9\/17).<\/p>\n<h3>Reintegraci\u00f3n (RI &#8211; Reintegration Panel)<\/h3>\n<p>O seu obxectivo \u00e9 facilitar o retorno e reintegraci\u00f3n de investigadores que desenvolven a s\u00faa actividade en pa\u00edses que non sexan nin membros nin asociados \u00e1 Uni\u00f3n Europea, nun posto m\u00e1is permanente en Europa. As condici\u00f3ns para estes solicitantes \u00e9 que te\u00f1an a nacionalidade de calquera pa\u00eds membro da UE ou asociado, ou que realizasen a s\u00faa actividade investigadora nalg\u00fan pa\u00eds membro ou asociado ao menos durante cinco anos consecutivos.<\/p>\n<h3>Society &amp; Enterprise Panel (EF-SE)<\/h3>\n<p>Tr\u00e1tase dun panel multidisciplinar destinado a investigadores que queren realizar a s\u00faa labor investigadora en organizaci\u00f3ns non acad\u00e9micas en pa\u00edses membros da Uni\u00f3n Europea ou asociados. As condici\u00f3ns para os solicitantes destas bolsas \u00e9 que non residisen ou traballasen no pa\u00eds da entidade beneficiada por m\u00e1is de 36 meses nos \u00faltimos 5 anos anteriores ao peche da convocatoria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>As Global Fellowships (IF Global), promovendo a mobilidade internacional<\/h2>\n<p>As Global Fellowships (IF Global) promoven a mobilidade f\u00f3ra da Uni\u00f3n Europea e contan cunha fase de retorno a Europa obrigatoria. Tr\u00e1tase de proxectos de 1 a 2 anos de duraci\u00f3n, cun 1 ano adicional correspondente \u00e1 fase de retorno ao pa\u00eds membro ou asociado da UE beneficiario da bolsa.<\/p>\n<p>Nestas bolsas, o investigador, con sede nun pa\u00eds membro da UE ou asociado, non debeu residir, estudar ou traballar no pa\u00eds no que vaia a levar a cabo a s\u00faa investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A primeira fase do proxecto debe realizarse nun pa\u00eds non pertencente \u00e1 UE nin asociado, e nunha organizaci\u00f3n asociada (partner organization). A segunda fase, a de retorno, debe realizarse no pa\u00eds da entidade na instituci\u00f3n de acollida.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>A funci\u00f3n das instituci\u00f3ns de acollida. \u201cA UDC, unha instituci\u00f3n de acollida ao servizo do investigador\u201d<\/h2>\n<p>As instituci\u00f3ns de acollida son as encargadas de contratar, supervisar e formar aos investigadores e deben ter sede nun pa\u00eds membro da UE ou nun pa\u00eds asociado. Como apuntabamos ao comezo, son as que firman o acordo de subvenci\u00f3n (Grant Agreement) coa Comisi\u00f3n Europea e as que reciben a financiaci\u00f3n por parte desta.<\/p>\n<p><a href=\"mailto:intalent@udc.es\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-5352\" src=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/banner-udc-post-gal.jpg\" alt=\"A UDC, unha instituci\u00f3n de acollida ao servizo do investigador\" width=\"632\" height=\"229\" srcset=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/banner-udc-post-gal.jpg 632w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/banner-udc-post-gal-300x109.jpg 300w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/banner-udc-post-gal-600x217.jpg 600w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/banner-udc-post-gal-624x226.jpg 624w\" sizes=\"(max-width: 632px) 100vw, 632px\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2 class=\"p1\"><span class=\"s1\"><b>\u00bfQue cobre a financiaci\u00f3n das Individual Fellowships?<\/b><\/span><\/h2>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">As d\u00faas modalidades das Individual Fellowship, tanto as European Fellowship como as Global Fellowships cobren varios gastos do investigador:<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-5353\" src=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/que-ofrecen-MSCA-IF-gal.png\" alt=\"\u00bfQue cobre a financiaci\u00f3n das Individual Fellowships?\" width=\"560\" height=\"222\" srcset=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/que-ofrecen-MSCA-IF-gal.png 560w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/que-ofrecen-MSCA-IF-gal-300x119.png 300w\" sizes=\"(max-width: 560px) 100vw, 560px\" \/><\/p>\n<ul class=\"ul1\">\n<li class=\"li1\"><span class=\"s1\"><b>Gastos de vida<\/b>, cunha cont\u00eda de 4.650\u20ac\/mes que se axustar\u00e1 a trav\u00e9s dun coeficiente corrector do pa\u00eds (country correction coefficient) segundo o custo de vida do pa\u00eds no que se encontre o beneficiario por exemplo para Espa\u00f1a o coeficiente \u00e9<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>97.6%.<\/span><\/li>\n<li class=\"li1\"><span class=\"s1\"><b>Gastos de mobilidade<\/b>, cunha cont\u00eda fixa de 600\u20ac.<\/span><\/li>\n<li class=\"li1\"><span class=\"s1\"><b>Gastos familiares<\/b>, cunha cont\u00eda fixa de 500\u20ac.<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">En canto \u00e1s instituci\u00f3ns, estas perciben mensualmente por cada investigador que aloxan, 800\u20ac para custear os gastos da actividade investigadora e as actividades pr\u00e1cticas realizadas polos investigadores. Adem\u00e1is, perciben tam\u00e9n 650\u20ac destinados a gastos de mantemento e custos indirectos da acci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2 class=\"p1\"><span class=\"s1\"><b>Posibilidade de traslados a pa\u00edses membros da UE ou asociados durante as Individual Fellowships<\/b><\/span><\/h2>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Durante a realizaci\u00f3n da Individual Fellowships, os investigadores poden ser trasladados temporalmente da s\u00faa instituci\u00f3n de acollida a outra organizaci\u00f3n dun pa\u00eds membro da UE ou asociado.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">A duraci\u00f3n m\u00e1xima destas estancias est\u00e1 supeditada \u00e1 duraci\u00f3n total da Individual Fellowships, as\u00ed para bolsas que duren menos de 18 meses, o per\u00edodo m\u00e1ximo de traslado ser\u00e1 de 3 meses, e aquelas que duren m\u00e1is de 18 meses, o<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>per\u00edodo m\u00e1ximo ser\u00e1 de 6 meses.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">No caso das Global Fellowships, os traslados temporais s\u00f3 ser\u00e1n v\u00e1lidos na primeira fase da bolsa.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Na seguinte ligaz\u00f3n poder\u00e1s atopar a convocatoria completa:\u00a0<a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/research\/participants\/portal\/desktop\/en\/opportunities\/h2020\/topics\/msca-if-2018.html\">https:\/\/ec.europa.eu\/research\/participants\/portal\/desktop\/en\/opportunities\/h2020\/topics\/msca-if-2018.html<\/a><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As MSCA-IF te\u00f1en como obxectivo mellorar o potencial creativo e innovador dos investigadores con experiencia (investigadores con t\u00edtulo&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":7071,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[272,1],"tags":[273,274],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7092"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7092"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7092\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8663,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7092\/revisions\/8663"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7071"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7092"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7092"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7092"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}