{"id":8543,"date":"2018-11-30T13:18:09","date_gmt":"2018-11-30T12:18:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?p=8543"},"modified":"2019-05-03T16:20:07","modified_gmt":"2019-05-03T14:20:07","slug":"gal-entrevista-jorge-ledo-intalent-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/gal-entrevista-jorge-ledo-intalent-2017\/","title":{"rendered":"Falamos con Jorge Ledo, InTalent 2017: &#8220;O Programa InTalent tivo un papel pioneiro dentro da cultura universitaria galega&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Jorge Ledo \u00e9 licenciado en Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica pola <strong><a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\">Universidade da Coru\u00f1a<\/a><\/strong>, tras a s\u00faa licenciatura, completou a s\u00faa formaci\u00f3n na Universitat Aut\u00f2noma de Barcelona, na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade Internacional Men\u00e9ndez Pelayo e no Centre for Modern Thought (University of Aberdeen). Foi Visiting Assistant Professor na Universidade de Michigan (Ann Arbor, 2009\u20132011) e Assistant Professor na Universidade de Basilea (Suiza, 2011\u20132017). A\u00ednda que orixinalmente a s\u00faa formaci\u00f3n como investigador arranca da filolox\u00eda hisp\u00e1nica e da literatura comparada, os seus intereses e o seu traballo foron derivando cara a historia do pensamento na cultura tardomedieval e renacentista europeas, en \u00e1mbitos como a historia da ret\u00f3rica e a po\u00e9tica, a historia da Reforma temper\u00e1, Erasmo e o erasmismo, a historia dos \u00abheterodoxos\u00bb espa\u00f1ois e a historia da filosof\u00eda.<\/p>\n<p>Entrevistamos a Jorge Ledo, que se incorporou ao\u00a0<strong><a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\">Programa InTalent UDC-Inditex<\/a><\/strong> para investigar na \u00e1rea de Humanidades da <strong><a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\">Universidade da Coru\u00f1a<\/a><\/strong>.<\/p>\n<h4><strong>1. En que momento da t\u00faa carreira chega o Programa InTalent?\u00a0Que supuxo para ti este programa e como crees que pode influir no teu futuro como investigador?<\/strong><\/h4>\n<p>O <a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\"><strong>Programa InTalent<\/strong><\/a> tivo un papel pioneiro dentro da cultura universitaria galega en dous sentidos: en primeiro lugar, sup\u00f3n o investimento combinado de capital privado e infraestruturas p\u00fablicas para apoiar a investigaci\u00f3n e a captaci\u00f3n de talento; en segundo lugar, adiantouse aos xestos do goberno actual que promete intentar recuperar (en algunha medida, ao menos) parte do talento perdido durante a crise econ\u00f3mica que comezou en 2008 e facer atractiva a universidade espa\u00f1ola a investigadores estranxeiros. \u00c9 xusto reco\u00f1ecer o esforzo econ\u00f3mico de Inditex e a iniciativa demostrada pola OTRI, o Reitorado e o Vicerreitorado de Investigaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a>. Os coru\u00f1eses podemos sentirnos orgullosos de contar con grandes profesionais e xestores que apostan polo futuro e pola internacionalizaci\u00f3n da nosa Universidade. Aceptei este posto tras 17 anos f\u00f3ra de A Coru\u00f1a e 12 de Espa\u00f1a, con estancias prolongadas en Barcelona, Madrid, Reino Unido, Estados Unidos e Suiza, e para min sup\u00f3n poder voltar a casa coa posibilidade, e a capacidade, de desenvolver o tipo de investigaci\u00f3n multidisciplinar para a que me formei.<\/p>\n<p>A independencia que se me dou e a confianza que os responsables do programa depositaron en min fixo sentirme moi respaldado institucionalmente. As\u00ed mesmo, a calidez con que os membros da Facultade de Filolox\u00eda me recibiron e a s\u00faa apertura a permitirme colaborar al\u00e1 onde a mi\u00f1a formaci\u00f3n poida ser \u00fatil \u00a0fixeron moi f\u00e1cil a adaptaci\u00f3n. Se as circunstancias profesionais son, como parece, as adecuadas, sentir\u00edame moi honrado de poder desenvolver a mi\u00f1a carreira nesta Universidade unha vez o programa remate.<\/p>\n<blockquote><p><em><strong>A independencia que se me dou e a confianza que os responsables do Programa InTalent depositaron en min fixo sentirme moi respaldado institucionalmente.<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<h4><strong>2. A t\u00faa formaci\u00f3n e interese pola historia e a cultura renacentista e medieval levoute a vivir en diferentes pa\u00edses como Suiza ou Estados Unidos. Volver a casa estaba dentro dos teus plans?<\/strong><\/h4>\n<p>Os meus intereses actuais no que se refiere \u00e1 investigaci\u00f3n son a suma das inquietudes surxidas nos lugares nos que me formei e traballei, un estudo concienzudo e sostido no tempo sobre fontes primarias e a mi\u00f1a vontade de adquirir as habilidades que creo que deber\u00edan definir a un especialista en estudos renacentistas. A mi\u00f1a maneira de abordar a investigaci\u00f3n n\u00fatrese de varias disciplinas que contan con tradici\u00f3ns propias, con moi distintas metodolox\u00edas de traballo, con confrontaci\u00f3ns seculares (nalg\u00fans casos) entre s\u00ed e que, sen embargo, se foron facendo cada vez m\u00e1is permeables. F\u00f3ra do evidente sacrificio que supuxo no persoal e no familiar unha estancia tan larga no estranxeiro, son consciente do afortunado que fun: puiden formarme, ensinar e investigar en universidades entre as cen mellores do mundo e co\u00f1ecer a grand\u00edsimos profesores e a especialistas do m\u00e1ximo nivel, moitos deles individuos excepcionais non s\u00f3 no intelectual, sen\u00f3n tam\u00e9n no persoal.<\/p>\n<p>Como a moitos colegas espa\u00f1ois da mi\u00f1a xeraci\u00f3n, supo\u00f1o, pas\u00f3useme pola mente a idea de <strong>volver a Espa\u00f1a<\/strong> m\u00e1is dunha vez. Deixando de lado a escasez de prazas, que non deixa de ser algo circunstancial, e da falta dun sistema que centralice a oferta, as obxecci\u00f3ns m\u00e1is frecuentes que me surx\u00edan ante a idea eran se ter\u00eda a posibilidade de desenvolver a mi\u00f1a investigaci\u00f3n nun ambiente estimulante e din\u00e1mico, cun salario razoable para o grado de preparaci\u00f3n e o nivel de produci\u00f3n que se esixe e, m\u00e1is importante a\u00ednda, se ser\u00eda posible traballar dende unha instituci\u00f3n espa\u00f1ola tal e como o fac\u00eda dende o estranxeiro. Falando con total franqueza, se non fora polo que ofrece <a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\"><strong>InTalent<\/strong><\/a>, costar\u00edame moito m\u00e1is dar o paso.<\/p>\n<h4><strong>3. Que foi o que te motivou a presentarte ao Programa InTalent UDC-Inditex?<\/strong><\/h4>\n<p>Hai varias respostas a esa pregunta. A m\u00e1is persoal, e a m\u00e1is importante para min, \u00a0\u00e9 que a mi\u00f1a filla vive aqu\u00ed e sen o <a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\"><strong>Programa InTalent<\/strong> <\/a>ser\u00eda imposible vela medrar, axudala a medrar e medrar con ela. A\u00ednda que quiz\u00e1is surxiran outras ocasi\u00f3ns de volver a Espa\u00f1a no futuro, sen este programa e sen o gran esforzo que hai detr\u00e1s por facer as cousas ben, non me plantexar\u00eda a\u00ednda o retorno.<\/p>\n<p>Cando digo que as cousas se fixeron ben, ref\u00edrome tanto \u00e1s garant\u00edas de <strong><a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\">InTalent<\/a><\/strong> no que corresponde \u00e1 obxetividade da selecci\u00f3n de candidatos, como no interese do programa por potenciar o desenvolvemento de cualquera rama de investigaci\u00f3n dentro da <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a>. En primeiro lugar, o comit\u00e9 encargado de escoller aos candidatos est\u00e1 formado por expertos independentes e todas as disciplinas cient\u00edficas contan coa mesma consideraci\u00f3n. En segundo lugar, d\u00e1selle aos investigadores a posibilidade de incorporarse ao departamento que soliciten e \u00e1 \u00e1rea que lles pareza m\u00e1is oportuna, de maneira que o investigador sinte que o seu criterio, dentro do razoable, se respeta e se valora. En terceiro lugar, a resposta a que pode favorecer \u00e1 instituci\u00f3n a curto, medio e longo prazo non \u00e9 un\u00edvoca e, a\u00ednda se o fose, deben considerarse variables importantes entre cada disciplina e, incluso, dentro de cada unha delas. Os responsables da \u00e1rea de investigaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a> son moi conscientes de iso, as\u00ed como das din\u00e1micas particulares de distintos campos, algo nada com\u00fan e que merece reco\u00f1ecerse. En cuarto lugar, a maneira en que a OTRI en xeral, e os responsables de <a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\"><strong>InTalent<\/strong><\/a> en particular, se volcan cos candidatos dende a s\u00faa elecci\u00f3n, e, sobre todo, a partir da incorporaci\u00f3n ao programa \u00e9 exemplar non xa a nivel nacional, sen\u00f3n ao de cualquera dos mellores programas internacionais de captaci\u00f3n de talento investigador.<\/p>\n<p>Sen esta suma de factores, \u00e9 moi improbable que presentase a mi\u00f1a candidatura e que, unha vez concedido o posto, descartase outras ofertas de traballo.<\/p>\n<h4><strong>4. F\u00e1lanos do proxecto que vas a desenvolver na UDC, que resultados esperas acadar coa t\u00faa investigaci\u00f3n?<\/strong><\/h4>\n<p>Simplific\u00e1ndoo ao m\u00e1ximo, <a href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/investigadores-2\/jorge-ledo\/?lang=gl\"><strong>o meu proxecto de investigaci\u00f3n<\/strong><\/a> consiste en estudar a forma en que se practicaba e se percib\u00eda a interacci\u00f3n entre os intelectuais do s\u00e9culo XIV ao XVI. Dito doutra maneira, con que premisas deb\u00eda contar a comunicaci\u00f3n duns certos contidos para que estes foran considerados como certos ou irrefutables e con cales as ideas que dalgunha maneira desestabilizaban un conxunto de creencias xeralmente aceptadas. E, neste \u00faltimo caso, que factores eran determinantes para que algunhas se incorporaran ao \u00e1mbito do aceptable, cales ao \u00e1mbito do condenable e cales pod\u00edan ser sometidas a debate. \u00c9 dicir, a mi\u00f1a investigaci\u00f3n m\u00f3vese non s\u00f3 dentro da oposici\u00f3n entre o verdadeiro e o falso, sen\u00f3n en outras oposici\u00f3ns \u2014aceptable, reprobable, her\u00e9tico; autorizado, probado; etc.\u2014 das cales a din\u00e1mica perm\u00edtenos entender como se configuran varios fen\u00f3menos que conducen \u00e1 modernidade en Europa: a liberdade de expresi\u00f3n, a tolerancia relixiosa, a noci\u00f3n de progreso, o criterio cient\u00edfico, etc.<\/p>\n<p>A novidade do meu traballo reside en que intento demostrar que exist\u00edan premisas comunicativas compartidas polos intelectuais da \u00e9poca e que estas foron elementos de lexitimaci\u00f3n fundamental nestes procesos. \u00c9 dicir, que ao contrario do que soe pensarse, houbo unhas \u00abregras de xogo\u00bb comunicativas previas que permitiron que certas \u00abdesviaci\u00f3ns\u00bb da ortodoxia puideran darse. Abordar o problema dende esta perspectiva perm\u00edtenos tratar as grandes transformaci\u00f3ns dos s\u00e9culos XV e XVI sa\u00edndonos dunha sorte de causalidade hist\u00f3rica e complementar disciplinas como a historia social, a historia das mentalidades e a historia das relixi\u00f3ns \u2014por mencionar as principais\u2014 dende a historia da comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A dificultade do proxecto ven dada porque non contamos con edici\u00f3ns cr\u00edticas de varios textos fundamentais para trazar esta historia en toda a s\u00faa complexidade e que, dada a s\u00faa extensi\u00f3n cronol\u00f3xica e a cantidade de fen\u00f3menos que se producen de maneira sincr\u00f3nica, \u00e9 preciso ir acotando e conectando varios procesos de maneira progresiva. As\u00ed, o que pretendo durante a duraci\u00f3n do proxecto \u00e9 abordar os orixes da liberdade de expresi\u00f3n, que no caso dos estudos renacentistas foi estudado de maneira bastante precaria.<\/p>\n<h4><strong>5. <em>Ficta eloquentia<\/em> \u00e9 o teu pequeno recuncho online, que foi o que te motivou a crearlo?<\/strong><\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/jorgeledo.net\/\"><strong><em>Ficta eloquentia<\/em><\/strong><\/a> sufriu varias transformaci\u00f3ns desde que naceu, fai xa bastantes anos. En esencia, o que buscaba ao fundalo era facer que as mi\u00f1as notas de investigaci\u00f3n estuveran nun lugar indexado que me permitira b\u00fasquedas r\u00e1pidas. Se adem\u00e1is pod\u00eda ser \u00fatil a outras persoas interesadas en estudos medievais, renacentistas, nas relaci\u00f3ns entre investigaci\u00f3n en humanidades e Internet e novas tecnolox\u00edas, etc., pensei ent\u00f3n, pois tanto mellor. Tiven a sorte de crear a p\u00e1xina na \u00e9poca dourada dos blogs en espa\u00f1ol, nun tempo onde non exist\u00eda a presenza actual das redes sociais, o que me permitiu establecer contacto e amizade con outros divulgadores tanto anglosax\u00f3ns como espa\u00f1ois e latinoamericanos. Posteriormente, serviu de plataforma de distribuci\u00f3n de informaci\u00f3n, programas, materiais, etc. aos meus estudantes, o que lle deu unha segunda vida ao sitio que nunca foi p\u00fablico. Actualmente mant\u00e9\u00f1ense as entradas orixinais do blog, hai informaci\u00f3n actualizada sobre as mi\u00f1as publicaci\u00f3ns m\u00e1is relevantes e non descarto que, nun futuro, volva a estar totalmente operativo, tal vez con alg\u00fans cambios en profundidade e cun enfoque m\u00e1is colaborativo.<\/p>\n<h4><strong>6. E, por \u00faltimo, tes en mente presentarte a algunha convocatoria ou proxecto nos pr\u00f3ximos anos?<\/strong><\/h4>\n<p>Incorporeime ao programa en agosto deste a\u00f1o. Dende ent\u00f3n, xa se enviou unha proposta para un proxecto a nivel nacional no que se establecer\u00eda unha colaboraci\u00f3n entre a <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a>, a Universitat Aut\u00f2noma de Barcelona e a Universitat Pompeu Fabra, e ao que se sumar\u00edan grandes especialistas de distintos centros de excelencia internacionais (Universidade da Sorbona, Universidade de Michigan, etc.). Este proxecto encargarase de analizar un campo pouco e mal estudado da historia doutrinal da pen\u00ednsula ib\u00e9rica no s\u00e9culo XVI. Se se concedera, non s\u00f3 beneficiar\u00eda a colaboraci\u00f3n aos investigadores implicados e \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a> como tal, sen\u00f3n que permitir\u00eda que os nosos estudantes tiveran un abanico m\u00e1is amplo de especializaci\u00f3n do que ofrece agora mesmo a Facultade de Filolox\u00eda da <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a>. Neste momento, estou traballando para poder incorporar a mi\u00f1a investigaci\u00f3n e a da <a href=\"https:\/\/www.udc.es\/gl\/\"><strong>UDC<\/strong><\/a> en redes de excelencia, algo que espero que dea froitos pronto, e intentando organizar actividades de transferencia entre a universidad e a cidade.<\/p>\n<p>A mi\u00f1a intenci\u00f3n \u00e9 presentar un proxecto o ano que ven ao programa ERC Consolidator. Os obxectivos deste proxecto enmarcaranse dentro da investigaci\u00f3n a longo prazo que comentei previamente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><span style=\"font-size: 14pt;\"><strong>Enlaces de interese:<\/strong><\/span><\/h4>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/investigadores-2\/jorge-ledo\/?lang=gl\">Jorge Ledo<\/a><\/strong><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.intalent.udc.es\/?lang=gl\"><strong>Programa Intalent UDC-Inditex<\/strong><\/a><\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/jorgeledo.net\"><strong>Ficta eloquentia<\/strong><\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jorge Ledo incorporouse ao Programa InTalent UDC-Inditex para investigar na \u00e1rea de Humanidades da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":8526,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[264,271,1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8543"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8543"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8543\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8560,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8543\/revisions\/8560"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8526"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8543"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8543"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8543"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}