{"id":9061,"date":"2025-08-28T09:49:09","date_gmt":"2025-08-28T07:49:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9061"},"modified":"2026-01-22T05:00:32","modified_gmt":"2026-01-22T04:00:32","slug":"a-universidade-da-coruna-completa-as-incorporacions-de-personal-investigator-ramon-y-cajal-previstas-este-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-universidade-da-coruna-completa-as-incorporacions-de-personal-investigator-ramon-y-cajal-previstas-este-ano\/","title":{"rendered":"A Universidade da Coru\u00f1a completa as incorporaci\u00f3ns de personal investigator Ram\u00f3n y Cajal previstas este ano"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Jonathan Quinson, Blanca Moncunill e Ana Ballesteros inician a s\u00faa andadura na UDC o vindeiro luns d\u00eda 1 de setembro e s\u00famanse as\u00ed a M\u00e1ximo Sozzo, Carlos V\u00e1zquez Sierra e David Polo<\/em><strong>\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>A s\u00faa contrataci\u00f3n real\u00edzase no marco da convocatoria 2023 deste programa que busca promover a incorporaci\u00f3n de persoal investigador nacional e estranxeiro cunha traxectoria destacada en centros de I+D. <\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 28 de agosto de 2025.-<\/strong> A Universidade da Coru\u00f1a incorporar\u00e1 a partir da vindeira semana, no seu cadro de persoal investigador, aos tres \u00faltimos beneficiarios das axudas Ram\u00f3n y Cajal procedentes da convocatoria do ano 2023. Jonathan Quinson, Blanca Moncunill e Ana Ballesteros completan a listaxe das seis persoas que se sumaron ao longo desde ano \u00e1 UDC e que contan con \u00a0estas prestixiosas axudas; dotadas, cada unha delas, con importes que superan os 250.000 euros. Estas novas incorporaci\u00f3ns s\u00famanse as dos \u00faltimos meses protagonizadas por M\u00e1ximo Sozzo, Carlos V\u00e1zquez e David Polo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As axudas Ram\u00f3n y Cajal, concedidas pola Axencia Estatal de Investigaci\u00f3n do Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades, te\u00f1en como obxectivo promover a incorporaci\u00f3n de investigadores nacionais e estranxeiros cunha traxectoria destacada en centros de I+D, ademais de facilitar o desenvolvemento de investigaci\u00f3n punteira e fomentar a estabilizaci\u00f3n laboral destes profesionais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, a UDC experimentou un notable incremento no n\u00famero de persoal beneficiario deste programa, contando na actualidade cunha trintena de persoas desenvolvendo os seus proxectos na instituci\u00f3n ao abeiro destas axudas.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Enerx\u00eda, paleobiolox\u00eda e pol\u00edticas migratorias<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>As novas incorporaci\u00f3ns enriquecer\u00e1n as diferentes li\u00f1as de investigaci\u00f3n da UDC, pois fano en diferentes \u00e1mbitos, todos eles de m\u00e1xima relevancia e actualidade. As\u00ed<strong>, Jonathan Quinson<\/strong>, investigador franc\u00e9s, enxe\u00f1eiro en Ciencias Naturais pola ESPCI Paris Tech (Francia) e M\u00e1ster en Qu\u00edmica Verde polo Imperial College de Londres (Reino Unido). Realizou varias estad\u00edas posdoutorais como Marie Sk\u0142odowska-Curie Individual Fellow en diferentes grupos na Universidade de Copenhague (Dinamarca), onde desenvolveu novas s\u00ednteses de nanomateriais que conducen a nanocatalizadores relevantes para una conversi\u00f3n enerx\u00e9tica m\u00e1is eficiente. Tam\u00e9n obtivo unha bolsa global Marie Sk\u0142odowska-Curie na Universidade de Stanford (EEUU) e foi profesor adxunto titular na Universidade de Aarhus (Dinamarca), onde dirixe o grupo de Enxe\u00f1ar\u00eda de Nanomateriais para Tecnolox\u00edas Sostibles.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c1 UDC chega a trav\u00e9s do programa <strong><em>InTalent<\/em><\/strong>, desenvolvido entre a Universidade da Coru\u00f1a e a empresa Inditex para a captaci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento investigador. Na Coru\u00f1a traballar\u00e1 centrado no dese\u00f1o, s\u00edntese e caracterizaci\u00f3n de nanomateriais para o seu uso como catalizadores para aplicaci\u00f3ns electroqu\u00edmicas, cun enfoque na conversi\u00f3n de enerx\u00eda pero tam\u00e9n no tratamento de augas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda<strong>, Blanca Moncunill<\/strong> <strong>Sol\u00e9 <\/strong>paleobi\u00f3loga, \u00e9 licenciada en Biolox\u00eda pola Universitat Aut\u00f2noma de Barcelona e doutora en Biodiversidade, realizou unha estad\u00eda postdoutoral na Universit\u00e0 degli Studi Roma Tre, onde afondou no estudo de lagomorfos extintos aplicando t\u00e9cnicas de vangarda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En 2021 estableceu a s\u00faa propia li\u00f1a de investigaci\u00f3n no Sistema Universitario de Galicia (SUG), convert\u00e9ndose na \u00fanica investigadora dedicada ao estudo paleobiol\u00f3xico de micromam\u00edferos no territorio galego. Actualmente disp\u00f3n dun contrato do programa Marie Curie-ERA, financiado pola Uni\u00f3n Europea (UE), no prestixioso centro CIBIO (Centro de Investiga\u00e7\u00e3o em Biodiversidade e Recursos Gen\u00e9ticos) en Portugal.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ao longo da s\u00faa traxectoria, Blanca foi reco\u00f1ecida con diversos galard\u00f3ns tanto polo seu rendemento acad\u00e9mico como polas s\u00faas contribuci\u00f3ns cient\u00edficas. A li\u00f1a de investigaci\u00f3n que desenvolver\u00e1 na UDC c\u00e9ntrase na determinaci\u00f3n das din\u00e1micas ecol\u00f3xicas e evolutivas dos lagomorfos extintos fronte aos cambios ambientais e clim\u00e1ticos do pasado; o que permitir\u00e1 identificar tendencias e indicadores clave para sabermos como as especies responderon no pasado a cambios clim\u00e1ticos semellantes aos actuais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No \u00e1mbitos das ciencias sociais e xur\u00eddicas traballa<strong> Ana Ballesteros Pena<\/strong>, polit\u00f3loga e doutora en Sociolox\u00eda. \u00c9 investigadora posdoutoral Marie Curie (UNA4CAREER-COFUND) na Universidade Complutense de Madrid (UCM), onde lidera o proxecto GEIPP Igualdade de X\u00e9nero e Interseccionalidade nas Pol\u00edticas Penitenciarias: unha An\u00e1lise Multinivel (2023-2025). Anteriormente, obtivo outro contrato postdoutoral Marie Curie para o desenvolvemento do proxecto Governmigration na Universidade de Toronto (Canad\u00e1) e na Universidade da Coru\u00f1a e un contrato postdoutoral de Atracci\u00f3n de Talento da Comunidade de Madrid na UCM.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta investigadora incorporarase ao departamento de Sociolox\u00eda e Ciencias da Comunicaci\u00f3n, onde traballar\u00e1 na expansi\u00f3n e consolidaci\u00f3n da s\u00faa li\u00f1a de investigaci\u00f3n sobre pol\u00edticas de control social, particularmente pol\u00edticas penitenciarias e de control migratorio, cun enfoque de x\u00e9nero.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Neste eido de co\u00f1ecemento tam\u00e9n traballa<strong> M\u00e1ximo Sozzo<\/strong>, investigador arxentino dedicado ao campo da criminolox\u00eda, especializado en Am\u00e9rica Latina, que se incorporou \u00e1 UDC da man do programa <strong><em>InTalent<\/em><\/strong> a principios deste ano. \u00c9 tam\u00e9n profesor visitante Leverlhume na Facultade de Dereito da Universidade de Edimburgo (Reino Unido) e autor e\/ou editor de numerosas publicaci\u00f3ns cient\u00edficas neste campo de estudo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Como investigador Ram\u00f3n y Cajal na UDC, desenvolve unha investigaci\u00f3n comparativa arredor das transformaci\u00f3ns da penalidade nas sociedades contempor\u00e1neas, buscando innovar con respecto aos marcos descritivos e explicativos existentes, que seguen ancorados nunha exploraci\u00f3n exclusivamente focalizada nos contextos de lingua inglesa do Norte Global.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Control de virus e f\u00edsica de part\u00edculas <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante este exercicio incorporouse tam\u00e9n <strong>David Polo Montero<\/strong>, doutor en Microbiolox\u00eda pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), especializado en virolox\u00eda ambiental. Foi galardoado co Premio Extraordinario de Doutoramento pola s\u00faa tese &#8220;Control e eliminaci\u00f3n de virus ent\u00e9ricos en moluscos bivalvos e auga mediante sistemas de depuraci\u00f3n e desinfecci\u00f3n solar&#8221;. Realizou, entre outras, unha estancia posdoutoral no IFREMER, o instituto nacional franc\u00e9s para a investigaci\u00f3n do mar, onde se especializou no estudo do norovirus (a principal causa de gastroenterite aguda a nivel mundial) e no uso de organoides intestinais humanos para avaliar a s\u00faa infectividade e persistencia en auga de mar e ostras. Tam\u00e9n foi investigador posdoutoral &#8220;Mar\u00eda Zambrano&#8221; na USC e no instituto CRETUS, onde traballou na detecci\u00f3n e seguimento do SARS-CoV-2 a nivel comunitario, empregando un enfoque epidemiol\u00f3xico baseado nas augas residuais, participando no primeiro sistema nacional de alerta temper\u00e1 para a COVID-19.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na Universidade da Coru\u00f1a, David int\u00e9grase no grupo NanoToxGen do Centro de Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda (CICA) liderado por Vanessa Valdeiglesias. O seu traballo c\u00e9ntrase no estudo de virus pat\u00f3xenos en ambientes acu\u00e1ticos desde unha perspectiva &#8220;One Health&#8221;; empregando novos enfoques para a s\u00faa vixilancia e caracterizaci\u00f3n, identificaci\u00f3n de novos vectores de transmisi\u00f3n, e a aplicaci\u00f3n de novas metodolox\u00edas para analizar os seus efectos na sa\u00fade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, destaca tam\u00e9n a adscrici\u00f3n de<strong> Carlos V\u00e1zquez Sierra<\/strong>, que ven da man tam\u00e9n do programa <strong><em>InTalent.<\/em><\/strong> \u00c9 doutor en F\u00edsica Nuclear e de Part\u00edculas pola USC. Traballou no Instituto de F\u00edsica Subat\u00f3mica dos Pa\u00edses Baixos (NIKHEF, \u00c1msterdam), as\u00ed como na Organizaci\u00f3n Europea para a Investigaci\u00f3n Nuclear (CERN, Xenebra), retornando posteriormente como investigador Mar\u00eda Zambrano \u00e1 USC.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O seu traballo como investigador Ram\u00f3n y Cajal na UDC c\u00e9ntrase na realizaci\u00f3n de medidas relacionadas co bos\u00f3n de Higgs, e na busca directa de materia escura e posibles candidatos de nova f\u00edsica no experimento LHCb do CERN, do que forma tam\u00e9n parte desde 2012. Coordinou diversos grupos de traballo dentro e f\u00f3ra do LHCb, tanto sobre f\u00edsica de part\u00edculas como sobre tarefas computacionais, e na actualidade tam\u00e9n \u00e9 o coordinador adxunto de f\u00edsica dun novo detector que ser\u00e1 constru\u00eddo no CERN nos pr\u00f3ximos anos, CODEX-b, para a busca de part\u00edculas de moi longa vida.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Apoio ao talento e \u00e1 excelencia<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>A incorporaci\u00f3n de persoal investigador de excelencia enm\u00e1rcase dentro do Plan\u00a0 Estrat\u00e9xico da Universidade da Coru\u00f1a, no que hai unha clara aposta polo fomento de investigaci\u00f3n de calidade. un obxectivo para o que hai establecidas diversas li\u00f1as de atracci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento. Iniciativas que se canalizan esencialmente a trav\u00e9s da Oficina de Captaci\u00f3n de Persoal Investigador(OCPI).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jonathan Quinson, Blanca Moncunill e Ana Ballesteros inician a s\u00faa andadura na UDC o vindeiro luns d\u00eda 1 de setembro e s\u00famanse as\u00ed a M\u00e1ximo<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9062,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84,1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9061"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9061"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9061\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9066,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9061\/revisions\/9066"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9062"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9061"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9061"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9061"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}