{"id":9067,"date":"2025-07-15T10:07:23","date_gmt":"2025-07-15T08:07:23","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9067"},"modified":"2026-03-17T09:30:34","modified_gmt":"2026-03-17T08:30:34","slug":"o-consello-europeo-de-investigacion-selecciona-un-proxecto-da-investigadora-do-cica-elena-pazos-sobre-o-cancro-de-ovario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-consello-europeo-de-investigacion-selecciona-un-proxecto-da-investigadora-do-cica-elena-pazos-sobre-o-cancro-de-ovario\/","title":{"rendered":"O consello Europeo de investigaci\u00f3n selecciona un proxecto da investigadora do CICA Elena Pazos sobre o cancro de ovario"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O proxecto PEPTOC, financiado con 150.000 euros <\/em><em>a trav\u00e9s do programa ERC Proof of Concept<\/em><em>, levarase a cabo no CICA da Universidade da Coru\u00f1a durante os pr\u00f3ximos 18 meses.<\/em><em>\u00a0<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>A colaboraci\u00f3n co investigador Ram\u00f3n y Cajal, Juan Fafi\u00e1n Labora, explora unha nova v\u00eda terap\u00e9utica con menos efectos secundarios.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 15 de xullo de 2024.-<\/strong> A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda (CICA) da Universidade da Coru\u00f1a (UDC), foi seleccionada para recibir un financiamento de 150.000 euros<strong> para desenvolver un proxecto de investigaci\u00f3n centrado no cancro de ovario.<\/strong> A iniciativa, denominada PEPTOC, levarase a cabo durante 18 meses e conta coa colaboraci\u00f3n do investigador Juan Fafi\u00e1n Labora, do Grupo de Investigaci\u00f3n en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa (TCMR) do mesmo centro.<\/p>\n<p>O proxecto PEPTOC est\u00e1 financiado a trav\u00e9s do programa ERC Proof of Concept, unha iniciativa do Consello Europeo de Investigaci\u00f3n (European Research Coucil, ERC) dirixida a persoal investigador que xa conta con proxectos financiados por este organismo -como \u00e9 o caso de Elena Pazos-, co obxectivo de explorar o potencial comercial e innovador dun resultado xerado durante o desenvolvemento do proxecto principal.<\/p>\n<p>A investigaci\u00f3n parte de resultados preliminares obtidos en estudos con li\u00f1as celulares, nos que se identificou unha familia de p\u00e9ptidos con alta selectividade, capaces de eliminar c\u00e9lulas tumorais resistentes \u00e1 quimioterapia sen afectar \u00e1s c\u00e9lulas sas. O obxectivo agora \u00e9 validar estes achados nunha contorna biol\u00f3xica m\u00e1is complexa e estudar a s\u00faa viabilidade para un desenvolvemento cl\u00ednico a longo prazo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ciencia responsable para terapias m\u00e1is seguras <\/strong><\/p>\n<p>O equipo investigador subli\u00f1a que o <strong>proxecto se atopa nunha fase temper\u00e1 de desenvolvemento<\/strong>. A\u00ednda que os resultados iniciais son prometedores, \u00e9 cedo para falar de aplicaci\u00f3ns cl\u00ednicas. Por iso, insisten na importancia de comunicar estes avances con rigor, evitando xerar expectativas pouco realistas.<\/p>\n<p>Ademais da validaci\u00f3n experimental, o proxecto contempla a protecci\u00f3n intelectual dos resultados e a an\u00e1lise do seu potencial de transferencia a futuras aplicaci\u00f3ns terap\u00e9uticas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Elena Pazos Chantrero: talento galego con proxecci\u00f3n internacional<\/strong><\/p>\n<p>Natural de Mar\u00edn (Pontevedra), Elena Pazos \u00e9 doutora en Qu\u00edmica pola Universidade de Santiago de Compostela. A s\u00faa traxectoria investigadora incl\u00fae estad\u00edas en centros de excelencia como o Trinity College de Dubl\u00edn (Irlanda), a University of Illinois at Urbana-Champaign e a Northwestern University, tam\u00e9n en Illinois, (Estados Unidos) onde traballou no desenvolvemento de nanoestruturas pept\u00eddicas para aplicaci\u00f3ns m\u00e9dicas.<\/p>\n<p>En 2017 incorporouse \u00e1 UDC como <strong>investigadora InTalent<\/strong>, onde fundou o grupo QuimBio, centrado no dese\u00f1o de ferramentas qu\u00edmicas para aplicaci\u00f3ns biom\u00e9dicas. En 2019 recibiu unha ERC Starting Grant do ERC e foi investigadora Ram\u00f3n y Cajal ata este ano. Este novo proxecto consolida a s\u00faa traxectoria como referente en investigaci\u00f3n biom\u00e9dica en Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>CICA-UDC: ciencia interdisciplinar ao servizo da sa\u00fade<\/strong><\/p>\n<p>O CICA \u00e9 un centro de investigaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a, catalogado como centro de excelencia na Rede Cigus da Xunta de Galicia, que aposta pola colaboraci\u00f3n entre disciplinas cient\u00edficas para abordar retos complexos en biomedicina, nanociencia e contaminaci\u00f3n, alimentaci\u00f3n e sa\u00fade. O proxecto PEPTOC \u00e9 un exemplo desta filosof\u00eda, ao unir a experiencia en qu\u00edmica biom\u00e9dica do grupo QuimBio co co\u00f1ecemento en biolox\u00eda celular e modelos experimentais do grupo TCMR, liderado por Juan Fafi\u00e1n Labora, investigador Ram\u00f3n y Cajal.<\/p>\n<p>Esta sinerx\u00eda permite avanzar cara a soluci\u00f3ns innovadoras con impacto potencial na mellora da calidade de vida das persoas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Foto: Os investigadores\u00a0Elena Pazos Chantrero e Juan Fafi\u00e1n Labora, nas instalaci\u00f3ns do Centro Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda (CICA) da Universidade da Coru\u00f1a.<\/em><\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto PEPTOC, financiado con 150.000 euros a trav\u00e9s do programa ERC Proof of Concept, levarase a cabo no CICA da Universidade da Coru\u00f1a durante<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9068,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9067"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9067"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9067\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10212,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9067\/revisions\/10212"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9068"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}