{"id":9109,"date":"2024-12-27T11:26:06","date_gmt":"2024-12-27T10:26:06","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9109"},"modified":"2026-03-17T09:42:19","modified_gmt":"2026-03-17T08:42:19","slug":"a-udc-impulsa-a-atraccion-e-retencion-de-talento-investgador-con-programas-personalizados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-udc-impulsa-a-atraccion-e-retencion-de-talento-investgador-con-programas-personalizados\/","title":{"rendered":"A UDC impulsa a atracci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento investgador con programas personalizados"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>A Universidade da Coru\u00f1a organizou na DOMUS, xunto coa Universidade de Vigo, un encontro para persoal investigador galego no extranxeiro, ao que asistiron m\u00e1is de 50 persoas.<\/em><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>A participaci\u00f3n nesta xuntanza desenv\u00f3lvese no marco do proxecto STARS4UDC, da Oficina de Captaci\u00f3n de Persoal Investigador (OCPI-UDC), dirixido a promocionar actividades e acci\u00f3ns de captaci\u00f3n de talento.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 27 de decembro.-<\/strong> A Domus acolleu hoxe a XV edici\u00f3n da Reuni\u00f3n de Mozos Investigador@s no Estranxeiro (IYI Meeting), xornada organizada pola Universidade da Coru\u00f1a e o Centro de Investigaci\u00f3n en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), que serviu como punto de encontro para o persoal cient\u00edfico que est\u00e1 a desenvolver a s\u00faa carreira investigadora en pa\u00edses de todo o mundo.<\/p>\n<p>A xornada contou coa participaci\u00f3n do reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Ricardo Cao, quen destacou \u201co potencial investigador da UDC, con equipos que ve\u00f1en de acadar importantes proxectos, moitos deles adscritos a alg\u00fan dos tres centros de investigaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a integrados na Rede CIGUS.\u201d<\/p>\n<p>Por parte da UDC tam\u00e9n participou o director da Oficina de Captaci\u00f3n de Persoal Investigador, Jos\u00e9 Mah\u00eda, quen presentou as pol\u00edticas de captaci\u00f3n de talento postas en marcha pola universidade coru\u00f1esa para atraer persoal investigador.<\/p>\n<p>Ao longo da xornada, 20 investigadores expuxeron os proxectos que est\u00e1n a levar a cabo en universidades e centros punteiros de todo o mundo, tales como a Universidades de Harvard, Yale, Stanford, ou o MIT, en diferentes \u00e1reas cient\u00edficas, desde a Xen\u00e9tica ou Neurolox\u00eda ata as Ciencias Ambientais, a Astrof\u00edsica e a Biolox\u00eda.<\/p>\n<p>Tal e como detallou Mah\u00eda na s\u00faa presentaci\u00f3n \u201cen Galicia somos capaces de formar a cient\u00edficos de moi alto nivel, o que permite xerar moito talento que as veces \u00e9 dif\u00edcil de absorber\u201d. Se ben a mobilidade e a internacionalizaci\u00f3n son parte da formaci\u00f3n actual destes grandes profesionais, \u201c\u00e9 necesario que existan mecanismos que fagan de Galicia un polo de captaci\u00f3n sustentado sobre tres piares: atracci\u00f3n, retenci\u00f3n e retorno do talento\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Oficina de apoio e convocatorias de axuda<\/strong><\/p>\n<p>Desde 2016, a Universidade da Coru\u00f1a conta co programa BERCE -siglas de Benvida, Estabilizaci\u00f3n e Retorno da Ciencia Excelente- como motor da s\u00faa estratexia centrada non talento. A trav\u00e9s del, ofrece apoio personalizado para buscar a convocatoria de financiamento da carreira investigadora que mellor se adapta \u00e1s caracter\u00edsticas, necesidades e expectativas de cada persoa, para que poida desenvolver o seu proxecto e estabilizarse na UDC mediante un proceso competitivo.<\/p>\n<p>Entre as convocatorias m\u00e1is relevantes a nivel nacional at\u00f3pase o programa de axudas Ram\u00f3n y Cajal, dirixido a fomentar a incorporaci\u00f3n de persoal investigador -tanto espa\u00f1ol como estranxeiro- cunha traxectoria destacada, para que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de car\u00e1cter estable. Tam\u00e9n destacan o programa de Axudas Beatriz Galindo, centrado na atracci\u00f3n de talento investigador que estea a desenvolver a s\u00faa carreira profesional no estranxeiro; e o programa ATRAE, destinado a facilitar a incorporaci\u00f3n de talento investigador de reco\u00f1ecido prestixio internacional que desenvolvese un per\u00edodo relevante da s\u00faa actividade profesional no estranxeiro.<\/p>\n<p>No plano internacional sobresaen as convocatorias do Consello Europeo de Investigaci\u00f3n (ERC), o programa de investigaci\u00f3n m\u00e1is importante de Europa.<\/p>\n<p>O labor desenvolvido por BERCE est\u00e1 a dar moi bos resultados e incrementando o n\u00famero de beneficiarios destes programas na Universidade da Coru\u00f1a, que xa conta con 35 adxudicatarios das axudas Ram\u00f3n y Cajal e 4 proxectos do ERC. Ademais, a UDC, no seu compromiso coa captaci\u00f3n de talento, ten un acordo con Inditex para desenvolver un programa propio, <strong>InTalent,<\/strong> para ofrecer mellores condici\u00f3ns aos persoal investigador que se incorpora \u00e1 universidade.<\/p>\n<p>Iniciativas que se suman \u00e1 posta en marcha pola Xunta de Galicia co programa Oportunius, dirixido a xerar oportunidades ao persoal investigador excelente que queira desenvolver a s\u00faa carreira cient\u00edfica en Galicia, facilitar a s\u00faa estabilizaci\u00f3n e ofrecer condici\u00f3ns atractivas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Universidade da Coru\u00f1a organizou na DOMUS, xunto coa Universidade de Vigo, un encontro para persoal investigador galego no extranxeiro, ao que asistiron m\u00e1is de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9114,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9109"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9109"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9109\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10236,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9109\/revisions\/10236"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9114"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9109"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9109"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9109"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}