{"id":9119,"date":"2024-06-28T11:34:07","date_gmt":"2024-06-28T09:34:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9119"},"modified":"2026-03-17T09:43:21","modified_gmt":"2026-03-17T08:43:21","slug":"a-universidade-da-coruna-incorpora-un-novo-investigador-de-exelencia-dentro-do-programa-intalent","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-universidade-da-coruna-incorpora-un-novo-investigador-de-exelencia-dentro-do-programa-intalent\/","title":{"rendered":"A Universidade da Coru\u00f1a incorpora un novo investigador de exelencia dentro do programa InTalent"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O programa InTalent est\u00e1 promovido pola Universidade da Coru\u00f1a (UDC) co financiamento da empresa Inditex.<\/em><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>Esta iniciativa permite o retorno a Galicia do investigador Xabier Rodr\u00edguez Mart\u00ednez, cient\u00edfico de materiais experto en novas tecnolox\u00edas para a recollida de enerx\u00eda e a descarbonizaci\u00f3n do subministro el\u00e9ctrico.<\/em><em>\u00a0<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>Xabier incorp\u00f3rase como investigador InTalent co doutor Jaime Mart\u00edn, do Grupo de Investigaci\u00f3n de Pol\u00edmeros, vencellado ao Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial da UDC.<\/em><strong>\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 28 de xu\u00f1o de 2024.-<\/strong> A Universidade da Coru\u00f1a celebra estes d\u00edas a incorporaci\u00f3n de novo talento investigador de excelencia entre o seu cadro de persoal. O vindeiro luns, d\u00eda 1 de xullo, o cient\u00edfico de materiais Xabier Rodr\u00edguez Mart\u00ednez unirase \u00e1 UDC dentro do programa InTalent, promovido pola Universidade xunto coa empresa Inditex. Grazas a esta iniciativa cons\u00e9guese o retorno deste investigador galego, experto en novas tecnolox\u00edas para a recollida de enerx\u00eda e a descarbonizaci\u00f3n do subministro el\u00e9ctrico, inclu\u00edndo fotovoltaica e termoelectricidade, baseadas en compostos org\u00e1nicos, tales como pol\u00edmeros conxugados e nanotubos de carbono<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Xabier Rodr\u00edguez Mart\u00ednez<\/strong><\/p>\n<p>Xabier Rodr\u00edguez Mart\u00ednez (Vigo, 1992) completou os seus estudos en Nanociencia e Nanotecnolox\u00eda na Universidade Aut\u00f3noma de Barcelona no ano 2014, onde tam\u00e9n obtivo unha beca para proseguir os seus estudos de m\u00e1ster financiada pola Fundaci\u00f3n Catalunya-La Pedrera. En outubro de 2020, obtivo o seu doutoramento con premio extraordinario, per\u00edodo durante o cal realizou estancias en centros de moi alto nivel cient\u00edfico internacional, como o Imperial College de Londres, no Reino Unido e o ETH Zurich, en Su\u00edza.<\/p>\n<p>En xaneiro de 2021, o investigador comezou a s\u00faa primeira etapa posdoutoral na Universidade de Link\u00f6ping (Suecia) onde traballou na investigaci\u00f3n e mellora de m\u00f3dulos fotovoltaicos totalmente impresos para o seu uso en espazos interiores. En novembro de 2022 obtivo unha prestixiosa beca posdoutoral Alexander von Humboldt para continuar o seu enriquecemento cient\u00edfico no Instituto de Qu\u00edmica F\u00edsica da Universidade de Heidelberg.<\/p>\n<p>O cient\u00edfico ideou o seu propio proxecto de investigaci\u00f3n no que empregou mesturas anisotr\u00f3picas de pol\u00edmeros conxugados e nanotubos de carbono para a s\u00faa aplicaci\u00f3n en termoelectricidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Incorporaci\u00f3n co CITENI <\/strong><\/p>\n<p>Xabier Rodr\u00edguez incorp\u00f3rase o d\u00eda 1 de xullo como investigador InTalent no grupo do Dr. Jaime Mart\u00edn P\u00e9rez, investigador distinguido do Programa Oportunius da Xunta de Galicia, do Grupo de Pol\u00edmeros do CITENI, situado no Campus Industrial de Ferrol da UDC. Al\u00ed traballar\u00e1 vinculado ao proxecto PARACRYST, financiado polo European Research Council (ERC) dentro das prestixiosas axudas Consolidator Grants (CoG).<\/p>\n<p>Dado o seu perfil cient\u00edfico, o investigador centrarase en impulsar novos avances na tecnolox\u00eda fotovoltaica org\u00e1nica impresa para fomentar a s\u00faa industrializaci\u00f3n e adopci\u00f3n na sociedade civil.<\/p>\n<p>Rodr\u00edguez mostra especial interese no desenvolvemento de m\u00e9todos de experimentaci\u00f3n de alto rendemento guiados por m\u00e9todos estat\u00edsticos, intelixencia artificial e robots. Entre os seus obxectivos, est\u00e1 mellorar a sustentabilidade da tecnolox\u00eda fotovoltaica org\u00e1nica co uso de disolventes non haloxenados e obtidos de fontes renovables, a reduci\u00f3n de custos con novos materiais sinteticamente sinxelos, e a impresi\u00f3n industrial mediante m\u00e9todos roll-to-roll. Estes avances combinaranse con t\u00e9cnicas espectrosc\u00f3picas in situ e in operando en bancos de estabilidade dese\u00f1ados a tal efecto. As s\u00faas investigaci\u00f3ns prev\u00e9n ter impacto en nichos \u00fanicos da tecnolox\u00eda fotovoltaica org\u00e1nica, como o seu uso en interiores, en agrivoltaica ou en aplicaci\u00f3ns submari\u00f1as.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>InTalent<\/strong><\/p>\n<p>InTalent \u00e9 un programa de colaboraci\u00f3n entre a Universidade da Coru\u00f1a e a empresa Inditex para a captaci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento investigador, co obxectivo de xerar tecido cient\u00edfico e investigador de excelencia no seo da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Creado en 2016, conta co financiamento de Inditex a trav\u00e9s dun convenio de colaboraci\u00f3n asinado o 20 de abril de 2022 para a posta en marcha da segunda edici\u00f3n do programa, na que Inditex aporta un mecenado de 1,5 mill\u00f3ns de euros \u00e1 UDC no per\u00edodo de vixencia do acordo, ata o ano 2026.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Foto 1: O\u00a0cient\u00edfico de materiais Xabier Rodr\u00edguez Mart\u00ednez unirase \u00e1 UDC dentro do programa InTalent.<\/em><\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O programa InTalent est\u00e1 promovido pola Universidade da Coru\u00f1a (UDC) co financiamento da empresa Inditex.\u00a0 Esta iniciativa permite o retorno a Galicia do investigador Xabier<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9120,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9119"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9119"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9119\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10240,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9119\/revisions\/10240"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9120"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9119"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9119"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9119"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}