{"id":9125,"date":"2024-05-30T11:40:59","date_gmt":"2024-05-30T09:40:59","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9125"},"modified":"2026-03-17T09:18:39","modified_gmt":"2026-03-17T08:18:39","slug":"daniel-fernandez-gomez-vicecoordinador-xeral-de-cruz-de-vermella-espanola-todos-as-personas-podemos-facer-algo-na-nosa-contorna-para-facer-fronte-a-soidade-non-desexada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/daniel-fernandez-gomez-vicecoordinador-xeral-de-cruz-de-vermella-espanola-todos-as-personas-podemos-facer-algo-na-nosa-contorna-para-facer-fronte-a-soidade-non-desexada\/","title":{"rendered":"Daniel Fern\u00e1ndez G\u00f3mez, vicecoordinador xeral de Cruz de Vermella Espa\u00f1ola. &#8220;Todos as personas podemos facer algo na nosa contorna para facer fronte \u00e1 soidade non desexada&#8221;"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>A conferencia \u00e9 a terceira do ciclo En C\u00f3digo Aberto do curso 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade.<\/em><\/li>\n<li><em>Fern\u00e1ndez impartiu na Universidade da Coru\u00f1a o relatorio \u2018Soidade non desexada: impacto social e soluci\u00f3ns\u2019. <\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 30 de maio de 2024.-<\/strong> O impacto social sobre a soidade non desexada foi o eixo sobre o que se centrou Daniel Fern\u00e1ndez G\u00f3mez, Vicecoordinador Xeral na Cruz Vermella Espa\u00f1ola, no seu relatorio Soidade non desexada: impacto social e soluci\u00f3ns\u2019, que corresponde coa terceira sesi\u00f3n, e \u00faltima, do ciclo de conferencias En C\u00f3digo Aberto 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. O acto tivo lugar este m\u00e9rcores 29 de maio na Reitor\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na conferencia participaron o reitor da UDC, Ricardo Cao; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abad\u00edn; a directora da C\u00e1tedra Inditex-UDC, Marta Rey Garc\u00eda; e o responsable de Investimento na Comunidade de Inditex, Carlos Pi\u00f1eiro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ricardo Cao, destacou o compromiso da UDC con esta problem\u00e1tica a trav\u00e9s de diversas iniciativas e programas, como a Universidade Senior, ou o traballo da Oficina de Cooperaci\u00f3n e Voluntariado da UDC a trav\u00e9s de programas como \u2018Acompa\u00f1arte\u2019, en colaboraci\u00f3n con C\u00e1ritas Diocesana, de acompa\u00f1amento a persoas maiores que viven soas na Coru\u00f1a; con Asdegal (Asociaci\u00f3n Solidaria de Galicia), tam\u00e9n centrada no acompa\u00f1amento de maiores, ou con Acci\u00f3n Familiar Ferrol, con dous proxectos na Residencia de Caranza. Todos estes proxectos, sinalou o reitor, &#8220;contrib\u00faen ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en particular o ODS 3, que busca garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, Cao fixo un &#8220;chamamento \u00e1 reflexi\u00f3n e a dar pasos para po\u00f1er mecanismos que permitan evitar a soidade non desexada, un problema crecente na nosa sociedade.\u00a0 Desde a Universidade da Coru\u00f1a seguiremos traballando con dedicaci\u00f3n e esforzo para combatela e para crear conxuntamente unha sociedade m\u00e1is solidaria e inclusiva&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abad\u00edn, destacou o compromiso s\u00f3lido da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade coa colaboraci\u00f3n Universidade-Empresa, a formaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n a trav\u00e9s do Curso de Especializaci\u00f3n en Sustentabilidade e Innovaci\u00f3n Social e do seu ciclo de conferencias En C\u00f3digo Aberto, que lograron congregar a 22 alumnos e a m\u00e1is de 500 asistentes presenciais e en li\u00f1a \u00e1s conferencias ao longo deste \u00faltimo ano. As\u00ed mesmo, agradeceu a colaboraci\u00f3n de Cruz Vermella Espa\u00f1ola nesta clausura do CESIS a trav\u00e9s da conferencia impartida por Daniel Fern\u00e1ndez. \u201cIniciativas como estas demostran a vocaci\u00f3n da C\u00e1tedra de chegar \u00e1 sociedade en xeral e dinamizar o debate construtivo e plural ao redor de cuesti\u00f3ns de m\u00e1xima actualidade&#8221;, indicou Abril Abad\u00edn.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Marta Rey, directora da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, lembrou que desde o seu nacemento esta c\u00e1tedra universitaria exponse como unha ferramenta de investimento na comunidade, promovendo proxectos de aprendizaxe-servizo que axuden a dar soluci\u00f3ns sostibles a retos complexos que fan necesario unha abordaxe sist\u00e9mico e a xeraci\u00f3n de s\u00f3lidas alianzas entre m\u00faltiples actores.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Daniel Fern\u00e1ndez comezou a s\u00faa charla abordando a problem\u00e1tica da soidade non desexada na sociedade espa\u00f1ola e as tendencias actuais neste \u00e1mbito. Desta forma, explicou que &#8220;en Cruz Vermella sabemos que a soidade non desexada \u00e9 unha soidade que doe, que pode ter importantes consecuencias para as persoas que a sofren, con impactos a nivel f\u00edsico, psicol\u00f3xico e social; e tam\u00e9n con impactos na sociedade, porque estamos a ver que a experiencia da soidade non desexada conleva enormes custos sociais e econ\u00f3micos que deben ser tidos en conta \u00e1 hora de dese\u00f1ar pol\u00edticas p\u00fablicas desde todos os \u00e1mbitos&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O vicecoordinador xeral de Cruz Vermella Espa\u00f1ola asegurou que \u201ccon todo, a boa noticia \u00e9 que a soidade non desexada ten soluci\u00f3n e todas as persoas podemos facer algo na nosa contorna para cambiar esta situaci\u00f3n. A nivel individual, cada vez \u00e9 m\u00e1is importante que aprendamos a fortalecer as nosas conexi\u00f3ns e relaci\u00f3ns sociais e que non te\u00f1amos medo a buscar axuda e falar diso, se nos sentimos s\u00f3s. Ademais, tam\u00e9n necesitamos que a sociedade e a contorna sexan sensibles a esta realidade e promovan a creaci\u00f3n de espazos e redes comunitarias que xeren comunidades cada vez m\u00e1is inclusivas e resilientes e, para iso, \u00e9 imprescindible a colaboraci\u00f3n de toda a cidadan\u00eda, as\u00ed como das empresas, as administraci\u00f3ns e todo o tecido social\u201d, destacou Daniel Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, Fern\u00e1ndez explicou como \u201cdesde Cruz Vermella Espa\u00f1ola mantemos un compromiso humanitario desde hai d\u00e9cadas na loita contra a soidade non desexada e desenvolvemos respostas a trav\u00e9s da acci\u00f3n do voluntariado, que \u00e9 unha fonte fundamental de apoio, escoita e acompa\u00f1amento para reducir a soidade e propiciar nexos coa s\u00faa comunidade\u201d.<\/p>\n<p>Creaci\u00f3n de valor compartido desde a Universidade<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Daniel Fern\u00e1ndez<\/strong><\/p>\n<p>Con m\u00e1is de trinta anos de experiencia en Cruz Vermella Espa\u00f1ola, Daniel Fern\u00e1ndez exerceu a s\u00faa actividade profesional en funci\u00f3ns directivas en Cruz Vermella Mocidade (secci\u00f3n xuvenil de Cruz Vermella Espa\u00f1ola) e t\u00e9cnicas nos \u00e1mbitos de medio ambiente, voluntariado, formaci\u00f3n e intervenci\u00f3n social. En 2019 embarcouse nunha nova funci\u00f3n para coordinar un equipo de traballo encargado de xestionar a plataforma IMAP (Integral do Marco de Atenci\u00f3n \u00e1s Persoas), aplicaci\u00f3n tecnol\u00f3xica na que se xestiona toda a intervenci\u00f3n que desenvolve Cruz Vermella Espa\u00f1ola coas persoas usuarias desde os diferentes proxectos e servizos, as\u00ed como do voluntariado da Organizaci\u00f3n. O proxecto IMAP leva en execuci\u00f3n desde o ano 2020 e s\u00e9guense integrando no mesmo todas aquelas tecnolox\u00edas cuxo obxectivo \u00e9 a atenci\u00f3n a colectivos vulnerables.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez cursou estudos de Ciencias Biol\u00f3xicas na Universidade de Santiago de Compostela, pero os seus m\u00e1is de dez anos de voluntariado lev\u00e1ronno a orientar a s\u00faa traxectoria profesional ao social. Desde outubro de 2023 \u00e9 o vicecoordinador xeral de Cruz Vermella Espa\u00f1ola.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>En C\u00f3digo Aberto, unha iniciativa da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade<\/strong><\/p>\n<p>O Ciclo de Conferencias En C\u00f3digo Aberto est\u00e1 promovido pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. A relaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a con Inditex propiciou fai m\u00e1is dunha d\u00e9cada a creaci\u00f3n da c\u00e1tedra, froito do acordo de colaboraci\u00f3n asinado por ambas as entidades para o fomento da responsabilidade social universitaria en 2010. A coordinaci\u00f3n desta iniciativa est\u00e1 a cargo do Consello Social da UDC, en calidade de \u00f3rgano de participaci\u00f3n da sociedade na universidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta c\u00e1tedra universidade-empresa, pioneira entre as universidades espa\u00f1olas, constitu\u00edu o primeiro paso cara \u00e1 creaci\u00f3n dun programa de colaboraci\u00f3n entre Inditex e a UDC moito m\u00e1is amplo, do que a d\u00eda de hoxe forman parte o Programa InTalent, de captaci\u00f3n internacional de investigadores excelentes, creado en 2016, e o Programa de Axudas para Estancias Predoctorais Inditex-UDC, creado en 2013.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conferencia \u00e9 a terceira do ciclo En C\u00f3digo Aberto do curso 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. Fern\u00e1ndez impartiu na Universidade da Coru\u00f1a<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9126,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9125"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9125"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9125\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10197,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9125\/revisions\/10197"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9126"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9125"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9125"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9125"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}