{"id":9131,"date":"2024-04-19T11:54:02","date_gmt":"2024-04-19T09:54:02","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9131"},"modified":"2026-03-17T09:22:18","modified_gmt":"2026-03-17T08:22:18","slug":"dr-sebastian-troeng-vicepresidente-executivo-de-conservacion-internacional-necesitamos-urxentemente-poner-ao-mundo-na-senda-da-neutralidade-de-emisions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/dr-sebastian-troeng-vicepresidente-executivo-de-conservacion-internacional-necesitamos-urxentemente-poner-ao-mundo-na-senda-da-neutralidade-de-emisions\/","title":{"rendered":"Dr. Sebastian Tro\u00ebng, vicepresidente executivo de Conservaci\u00f3n Internacional &#8220;Necesitamos urxentemente po\u00f1er ao mundo na senda da neutralidade de emisi\u00f3ns&#8221;"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>A conferencia \u00e9 a segunda do ciclo En C\u00f3digo Aberto do curso 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><em>\u00a0<\/em><\/p>\n<ul>\n<li><em>Tro\u00ebng impartiu na Universidade da Coru\u00f1a o relatorio \u2018Clima e Natureza: riscos, oportunidades e retos para o sector privado\u2019.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 20 de abril de 2024.- A conservaci\u00f3n e os beneficios econ\u00f3micos da natureza foi o eixo sobre o que se centrou o Dr. Sebastian Tro\u00ebng, vicepresidente executivo de Conservaci\u00f3n Internacional, no seu relatorio \u2018Clima e Natureza: riscos, oportunidades e retos para o sector privado\u2019, que corresponde coa segunda do ciclo de conferencias En C\u00f3digo Aberto 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. O acto tivo lugar este xoves, 18 de abril, na Reitor\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>No evento participaron o vicerreitor de Investigaci\u00f3n e Transferencia da UDC, Jer\u00f3nimo Puertas; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abad\u00edn; a directora da C\u00e1tedra Inditex-UDC, Marta Rey Garc\u00eda; e o responsable de Investimento na Comunidade de Inditex, Carlos Pi\u00f1eiro.<\/p>\n<p>O vicerreitor de Investigaci\u00f3n e Transferencia da UDC, Jer\u00f3nimo Puertas, empezou a s\u00faa intervenci\u00f3n destacando que &#8220;a UDC considera a sustentabilidade como un dos seus polos de desenvolvemento estrat\u00e9xico, isto \u00e9 algo que queremos potenciar, e esta c\u00e1tedra contrib\u00fae a ese obxectivo dunha maneira notable. O clima impacta en moitos dos ODS. M\u00e1is al\u00f3 da chamada, \u2018acci\u00f3n polo clima\u2019, que nos alerta dos desastres clim\u00e1ticos, afecta tam\u00e9n \u00e1 seguridade alimentaria, \u00e1 seguridade h\u00eddrica, e aos ecosistemas terrestres e acu\u00e1ticos, por citar os m\u00e1is evidentes\u201d. Ademais, Puertas subli\u00f1ou que debido \u00e1 s\u00faa profesi\u00f3n \u201cestou moi vinculado coa xesti\u00f3n dos recursos h\u00eddricos. Nas \u00faltimas d\u00e9cadas experimentouse un cambio de paradigma, onde as soluci\u00f3ns \u2018grises\u2019 ev\u00edtanse e pref\u00edrense soluci\u00f3ns baseadas na natureza. Isto ten un custo econ\u00f3mico e require de importantes decisi\u00f3ns por parte das administraci\u00f3ns p\u00fablicas\u201d.<\/p>\n<p>O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abad\u00edn, indicou que \u201cas Universidades son axentes de cambio que poden e deben comprometerse coa mitigaci\u00f3n dos efectos devastadores do cambio clim\u00e1tico a trav\u00e9s da formaci\u00f3n, a investigaci\u00f3n e a transferencia de resultados. Iniciativas como o CESIS da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade demostran que a formaci\u00f3n pode influ\u00edr de maneira decisiva na mellora da nosa sociedade pois xera talento capaz de transformar as nosas organizaci\u00f3ns e a nosa contorna para facelos m\u00e1is sostibles&#8221;.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Marta Rey, directora da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, destacou que \u201cdesde o Curso de Experto en Sustentabilidade e Innovaci\u00f3n Social explicamos, baixo unha perspectiva acad\u00e9mica, como infl\u00fae a alianza p\u00fablico-privada, os criterios ESG e<\/p>\n<p>comportamentos sostibles na competitividade das organizaci\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>Tro\u00ebng comezou a s\u00faa charla abordando a relaci\u00f3n necesaria entre os sectores p\u00fablicos e privados para aumentar o impacto da conservaci\u00f3n en beneficio da natureza, as persoas e o clima. Desta forma, explicou que para &#8220;facer fronte \u00e1 crise clim\u00e1tica e \u00e1 perda de natureza que ameazan ao planeta require da participaci\u00f3n de todos. Gobernos, empresas e organizaci\u00f3ns deben unirse e acelerar a adopci\u00f3n de soluci\u00f3ns baseadas na natureza.&#8221;<\/p>\n<p>O vicepresidente executivo de Conservaci\u00f3n Internacional asegurou que, para iso, \u00e9 imprescindible que avancemos cara \u00e1 neutralidade enerx\u00e9tica, \u201ccon r\u00e9cords de temperatura global bat\u00e9ndose cada mes e cada vez m\u00e1is especies ao bordo da extinci\u00f3n, necesitamos urxentemente po\u00f1er ao mundo na senda da neutralidade de emisi\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, o Dr. Sebastian Tro\u00ebng destacou os principais retos que afronta a humanidade e como desde Conservaci\u00f3n Internacional tentan dar posibles soluci\u00f3ns, \u201cConservaci\u00f3n Internacional \u00e9 unha organizaci\u00f3n centrada en dar soluci\u00f3n aos maiores retos do noso tempo: a crise clim\u00e1tica e a perda da natureza. Reunimos a actores influentes, inclu\u00eddos gobernos e empresas, para aumentar a ambici\u00f3n e acelerar a difusi\u00f3n de soluci\u00f3ns baseadas na natureza&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Sebastian Tro\u00ebng<\/strong><\/p>\n<p>Como vicepresidente executivo de Conservaci\u00f3n Internacional, o Dr. Sebastian Tro\u00ebng dirixe o equipo de Alianzas para a Conservaci\u00f3n. Este traballo incl\u00fae unha carteira anual de 65 mill\u00f3ns de d\u00f3lares e, entre as s\u00faas funci\u00f3ns, est\u00e1 a de asesorar regularmente a xefes de Estado, ministros, directores e l\u00edderes comunitarios sobre sustentabilidade e conservaci\u00f3n. Leva 30 anos traballando en temas de conservaci\u00f3n e desenvolvemento en Costa Rica, Panam\u00e1, Colombia, Sri Lanka, Indonesia, Fiyi, Australia, Grecia, Reino Unido e Estados Unidos. Ademais, ten un doutoramento en Ecolox\u00eda Animal pola Universidade de Lund (Suecia) e un m\u00e1ster en Protecci\u00f3n do Medio Mari\u00f1o pola Universidade de Gales (Reino Unido).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>En C\u00f3digo Aberto, unha iniciativa da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade<\/strong><\/p>\n<p>O Ciclo de Conferencias En C\u00f3digo Aberto est\u00e1 promovido pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. A relaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a con Inditex propiciou hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada a creaci\u00f3n da c\u00e1tedra, froito do acordo de colaboraci\u00f3n asinado por ambas as entidades para o fomento da responsabilidade social universitaria en 2010.<\/p>\n<p>A coordinaci\u00f3n desta iniciativa est\u00e1 a cargo do Consello Social da UDC, en calidade<\/p>\n<p>de \u00f3rgano de participaci\u00f3n da sociedade na universidade.<\/p>\n<p>Esta c\u00e1tedra universidade-empresa, pioneira entre as universidades espa\u00f1olas, constitu\u00edu o primeiro paso cara \u00e1 creaci\u00f3n dun programa de colaboraci\u00f3n entre Inditex e a UDC moito m\u00e1is amplo, do que a d\u00eda de hoxe forman parte o Programa InTalent, de captaci\u00f3n internacional de investigadores excelentes, creado en 2016, e o Programa de Axudas para Estancias Predoctorais Inditex-UDC, creado en 2013.<\/p>\n<p><em>Foto 1: de esquerda a dereita, Marta Rey, directora da C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade; Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC; Dr. Sebastian Tro\u00ebng, vicepresidente executivo de Conservaci\u00f3n Internacional; Jer\u00f3nimo Puertas, vicerreitor de Investigaci\u00f3n e Transferencia da UDC; e Carlos Pi\u00f1eiro, responsable de Investimento na Comunidade de Inditex.<\/em><\/p>\n<p><em>Foto 2: relatorio do Dr. Sebastian Tro\u00ebng na Reitor\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a no marco do ciclo de conferencias En C\u00f3digo Aberto 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade.<\/em><\/p>\n<p><em>\u00a0<img decoding=\"async\" style=\"width: 655px;\" title=\"Foto 2 RRSS\" src=\"\/export\/sites\/udc\/comunicacion\/_galeria_imgs\/Foto-2-RRSS.jpg_2063069294.jpg\" alt=\"Foto 2 RRSS\" height=\"491\" \/><\/em><\/p>\n<\/div>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-9132\" src=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS.webp\" alt=\"Conservaci\u00f3n Internacional\" width=\"1008\" height=\"756\" srcset=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS.webp 1008w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS-300x225.webp 300w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS-768x576.webp 768w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS-600x450.webp 600w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS-650x488.webp 650w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Foto-2-RRSS-624x468.webp 624w\" sizes=\"(max-width: 1008px) 100vw, 1008px\" \/><br \/>\n<strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conferencia \u00e9 a segunda do ciclo En C\u00f3digo Aberto do curso 2023\/2024, organizado pola C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. \u00a0 Tro\u00ebng impartiu na Universidade da<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9136,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9131"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9131"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9131\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10202,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9131\/revisions\/10202"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9136"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9131"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9131"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9131"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}