{"id":9161,"date":"2024-02-20T12:20:30","date_gmt":"2024-02-20T11:20:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9161"},"modified":"2026-03-17T09:49:53","modified_gmt":"2026-03-17T08:49:53","slug":"investigadores-do-centro-interdisciplinar-e-quimica-e-bioloxia-da-udc-utilizan-materiais-que-respiran-co2-para-arrefriar-as-neveiras-e-quentar-os-fogares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/investigadores-do-centro-interdisciplinar-e-quimica-e-bioloxia-da-udc-utilizan-materiais-que-respiran-co2-para-arrefriar-as-neveiras-e-quentar-os-fogares\/","title":{"rendered":"Investigadores do Centro Interdisciplinar e Qu\u00edmica e Biolox\u00eda da UDC utilizan materiais que respiran CO2 para arrefriar as neveiras e quentar os fogares"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O equipo de UDCSolidos, do Centro Interdisciplinar e Qu\u00edmica e Biolox\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a (CICA) busca substitu\u00edr os actuais compo\u00f1entes de calefacci\u00f3n e refrixeraci\u00f3n, dani\u00f1os para o medioambiente, por outros m\u00e1is sostibles e eficientes.<\/em><\/li>\n<li><em>O grupo acaba de recibir unha axuda Ignicia, un programa impulsado pola Axencia Galega de Investigaci\u00f3n (Again) para trasladar a ciencia b\u00e1sica \u00e1 industria.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 20 de febreiro de 2024.- Investigadores da \u00e1rea de Nanociencia e Tecnolox\u00eda do CICA levan anos estudando as propiedades de certos materiais que poidan facer fronte ao actual reto de refrixerar e caldear fogares e grandes superficies sendo menos contaminantes. No seu \u00faltimo estudo, publicado na revista Advanced Materials, detallan unha nova propiedade dos compostos reticulares organo-met\u00e1licos (MOFs en ingl\u00e9s): a s\u00faa capacidade respiro-cal\u00f3rica permite a estes materiais regular a temperatura aplicando unha presi\u00f3n sobre a s\u00faa estrutura. O seguinte paso, comentan no grupo de UDCSolidos, \u00e9 trasladar este co\u00f1ecemento b\u00e1sico \u00e1 industria.<\/p>\n<p>A eficiencia enerx\u00e9tica acadou unha grande relevancia nos \u00faltimos anos como unha das li\u00f1as de actuaci\u00f3n para mitigar o noso impacto no planeta. Para a Uni\u00f3n Europa, esta eficiencia debe buscarse en todos os \u00e1mbitos, tanto no uso individual que facemos da enerx\u00eda nos nosos fogares como no eido p\u00fablico. Actualmente, os sistemas que se empregan para arrefriar ou quentar os nosos fogares e outros grandes espazos pechados utilizan hidrofluorocarbonos, denominados comunmente como gases fluorados. S\u00e1bese que moitos destes gases, que se implementaron na industria nos anos 80 para evitar a deterioraci\u00f3n da capa de ozono, te\u00f1en un potencial de quecemento global da orde de mil veces superior ao potencial do CO\u2082, o cal quere dicir que unha tonelada destes gases equivale a 1.000 toneladas de di\u00f3xido de carbono.<\/p>\n<p>Debido a este potencial de quecemento global, \u00e9 un imperativo para a Uni\u00f3n Europea substitu\u00edr estes gases fluorados por outros compostos. Por iso, desde 2014 existe unha normativa a partir da cal se pretende eliminar o seu uso ata nun 80 % para ao ano 2050. Ademais, a Directiva Europea de Eficiencia Enerx\u00e9tica de 2023 busca impulsar a substituci\u00f3n das caldeiras de combusti\u00f3n por bombas de calor, que tam\u00e9n utilizan gases refrixerantes. Con este obxectivo en mente, os investigadores do grupo UDCSolidos levan anos buscando novos materiais que resulten menos contaminantes, viables desde un punto de vista econ\u00f3mico e capaces de satisfacer as nosas necesidades.<\/p>\n<p>Juan Manuel Berm\u00fadez Garc\u00eda, investigador Ram\u00f3n y Cajal do Grupo con apoio do programa UDC-Inditex InTalent, explica: \u201cAtop\u00e1monos nun contexto, acelerado ademais pola guerra en Ucra\u00edna, no cal queremos deixar de depender do gas natural. Debemos deixar de facelo a partir do ano 2026, e empezar a promover o uso das bombas de calor. O problema? Que hoxe en d\u00eda s\u00f3 un 2 % de todas as casas e todos os edificios que se atopan dentro de pa\u00edses pertencentes \u00e1 Uni\u00f3n Europea utilizan estes sistemas\u201d. A\u00ednda por riba, esta transici\u00f3n resulta m\u00e1is complicada se se ten en conta que estas bombas de calor utilizan os xa mencionados gases fluorados.<\/p>\n<p>Recentemente, estes investigadores publicaron un estudo no que parecen dar cunha resposta, e neste caso a soluci\u00f3n d\u00e9bese a unha caracter\u00edstica sorprendente: a propiedade respiro-cal\u00f3rica dun composto h\u00edbrido (met\u00e1lico e org\u00e1nico), o MOF-508b. Segundo Berm\u00fadez Garc\u00eda, estes materiais funcionar\u00edan dun modo similar ao dos nosos pulm\u00f3ns, inch\u00e1ndose cando reciben CO\u2082 e desinch\u00e1ndose ao expulsalo. No medio deste proceso producir\u00edase un cambio na estrutura do material ademais de procesos de absorci\u00f3n de CO2, tendo como consecuencia un cambio t\u00e9rmico.<\/p>\n<p>Este mecanismo fundamental de \u201crespiraci\u00f3n\u201d as\u00ed como o composto MOF-508b xa se co\u00f1ec\u00edan. Con todo, as propiedades respiro-cal\u00f3ricas de cambio de temperatura describ\u00edronse por primeira vez neste laboratorio do CICA.<\/p>\n<p>Precisamente neste mesmo laboratorio descubr\u00edronse hai sete anos as Perovski\u00f1as, termino galego acu\u00f1ado para definir unha familia de materiais s\u00f3lidos que presentaban propiedades barocal\u00f3ricas, \u00e9 dicir, efectos de refrixeraci\u00f3n mediante cambios estruturais por presi\u00f3n, pero sen absorci\u00f3n de gases: \u201cAta ent\u00f3n, os materiais barocal\u00f3ricos que se investigaban s\u00f3 eran capaces de alterar a temperatura se eran sometidos a presi\u00f3ns da orde de 1.000 bar. Para que nos fagamos unha idea, na natureza s\u00f3 atopamos esa presi\u00f3n no punto m\u00e1is profundo do planeta, a fosa das marianas. Imaxina a presi\u00f3n que sup\u00f3n ter unha columna de 11 quil\u00f3metros de auga sobre a t\u00faa cabeza\u2026 non era viable para implementalo nun sistema de refrixeraci\u00f3n como unha neveira, onde o material debe ser capaz de funcionar cunha presi\u00f3n duns 30 bar\u201d, resume o doutor Berm\u00fadez Garc\u00eda. Con todo, o equipo de UDCSolidos logrou sintetizar a perovski\u00f1a e producir con ela cambios na temperatura aplicando tan s\u00f3 70 bar de presi\u00f3n. Os resultados eran moi prometedores, pero a\u00ednda exist\u00eda un obst\u00e1culo: \u201cOs sistemas baseados nestes materiais non eran capaces de arrefriar o suficiente, tan s\u00f3 un par de graos\u201d, lembra o investigador.<\/p>\n<p>Agora, o seu achado sobre as propiedades respiro-cal\u00f3ricas do MOF-508b parece sortear esta dificultade t\u00e9cnica, xa que este material require unha presi\u00f3n moito menor, de tan s\u00f3 16 bar, e \u00e9 capaz de arrefriar ata -10\u00baC. Ademais, este material tam\u00e9n pode quentarse ata alcanzar os 56\u00baC, polo que servir\u00eda tanto para sistemas de refrixeraci\u00f3n como de calefacci\u00f3n.<\/p>\n<p>Como sempre, en ciencia os grandes descubrimentos fanse en equipo. Neste caso, o grupo UDCSolidos, liderado por Mar\u00eda Antonia Se\u00f1ar\u00eds-Rodr\u00edguez, contou coa estreita colaboraci\u00f3n doutros investigadores da propia Universidade da Coru\u00f1a, como \u00e9 o caso do grupo de investigaci\u00f3n de Propiedades T\u00e9rmicas e Reol\u00f3xicas de Ram\u00f3n Artiaga e Jorge L\u00f3pez Beceiro, co grupo de Enxe\u00f1ar\u00eda Enerx\u00e9tica de \u00c1lvaro Baali\u00f1a, e coa investigadora Sonia Zaragoza, enxe\u00f1eira industrial con ampla experiencia en empresas do sector da refrixeraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Segundo Berm\u00fadez Garc\u00eda, \u201cagora o noso seguinte paso \u00e9 implementar todo este co\u00f1ecemento e levalo \u00e1 industria. Para iso necesitamos, entre outras cousas, ampliar a produci\u00f3n dos nosos materiais a mediana escala, identificar o mercado m\u00e1is axeitado para os nosos refrixerantes, e constru\u00edr un prototipo que poida operar en condici\u00f3ns reais\u201d.<\/p>\n<p>O grupo recibiu unha axuda da\u00a0 Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN) dentro do programa \u201cIgnicia, prueba de concepto\u201d.\u00a0 Ignicia promove o desenvolvemento de aplicaci\u00f3ns comerciais a partir de investigaci\u00f3ns que leven a cabo en centros de Galicia: \u201cNesta ocasi\u00f3n conced\u00e9ronnos 433.000 euros dentro dun proxecto de dous anos, e grazas a esta convocatoria poderemos madurar o desenvolvemento tecnol\u00f3xico, po\u00f1er en marcha un plan de negocio, e mostrar a nosa tecnolox\u00eda en feiras especializadas do sector ou encontros con empresas. No futuro, a nosa idea \u00e9 poder chegar a acordos de licenza con empresas multinacionais ou mesmo establecer n\u00f3s mesmos unha empresa baseada nesta tecnolox\u00eda\u201d, engade o investigador.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Foto:\u00a0Juan Manuel Berm\u00fadez Garc\u00eda, investigador Ram\u00f3n y Cajal co\u00a0apoio do programa UDC-Inditex InTalent\u00a0do\u00a0equipo de UDCSolidos, do Centro Interdisciplinar e Qu\u00edmica e Biolox\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a (CICA)\u00a0\u00a0<\/em><\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O equipo de UDCSolidos, do Centro Interdisciplinar e Qu\u00edmica e Biolox\u00eda da Universidade da Coru\u00f1a (CICA) busca substitu\u00edr os actuais compo\u00f1entes de calefacci\u00f3n e refrixeraci\u00f3n,<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9162,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9161"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9161"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9161\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10250,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9161\/revisions\/10250"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9162"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9161"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9161"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9161"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}