{"id":9173,"date":"2023-06-21T12:36:41","date_gmt":"2023-06-21T10:36:41","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9173"},"modified":"2026-03-17T09:52:05","modified_gmt":"2026-03-17T08:52:05","slug":"a-cientifica-intalent-udc-inditex-veronika-chobanova-colidera-un-proxecto-que-acadou-a-maior-precision-do-mundo-nunha-medida-da-asimetia-materia-antimateria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-cientifica-intalent-udc-inditex-veronika-chobanova-colidera-un-proxecto-que-acadou-a-maior-precision-do-mundo-nunha-medida-da-asimetia-materia-antimateria\/","title":{"rendered":"A cient\u00edfica InTalent UDC-Inditex Veronika Chobanova colidera un proxecto que acadou a maior precisi\u00f3n do mundo nunha medida da asimet\u00eda materia antimateria"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>A investigadora da Universidade da Coru\u00f1a Veronika Chobanova colidera con Peilian Li, do CERN, e Sevda Esen, da Universidade de Zurich un equipo internacional de 25 cient\u00edficos de dez instituci\u00f3ns distintas. Traballan nun experimento que acadou as medidas m\u00e1is precisas do mundo que poder\u00eda axudar a resolver o misterio da antimateria.<\/em><\/li>\n<li><em>\u201cFacer estas medidas co volume e complexidade dos datos do LHC ser\u00e1 un reto tecnol\u00f3xico xamais visto que require novas soluci\u00f3ns no \u00e1mbito do procesamento de datos e das redes neuronais\u201d, avanza Veronika Chobanova. \u201cE a UDC est\u00e1 moi ben posicionada nestas \u00e1reas\u201d.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 21 de xu\u00f1o de 2023.- Nos principios do universo, suponse que o Big Bang creou cantidades iguais de materia e antimateria pero o universo de hoxe en d\u00eda est\u00e1 maioritariamente composto de materia, as\u00ed que, que pasou coa antimateria?<\/p>\n<p>O Large Hadron Collider (LHC) da European Organization for Nuclear Research (CERN) ded\u00edcase a investigar este tipo de misterios cosmol\u00f3xicos, que poder\u00edan explicarse mediante a existencia de part\u00edculas m\u00e1is al\u00e1 das que xa co\u00f1ecemos. A investigadora InTalent da Universidade da Coru\u00f1a, Veronika Chobanova colidera xunto con Peilian Li, do CERN, e Sevda Esen, da Universidade de Zurich, un equipo internacional de 25 cient\u00edficos de dez instituci\u00f3ns distintas especializados nas procuras de precisi\u00f3n, concretamente analizan os datos do experimento LHCb dispo\u00f1ibles para a medida dunha fase chamada <em>\u03c6s<\/em> que poder\u00edan detectar novos campos cu\u00e1nticos e axudar a resolver o misterio da desaparici\u00f3n da antimateria.<\/p>\n<p>O LHC acelera prot\u00f3ns e provoca colisi\u00f3ns entre eles, o que permite aos f\u00edsicos analizar os resultados. En aceleradores como o LHC, hai dous m\u00e9todos de procura a ter en conta. Primeiro, producir part\u00edculas en choques de prot\u00f3ns que nunca se detectaron ata ent\u00f3n. As\u00ed, por exemplo, descubriuse o bos\u00f3n de Higgs. Segundo, detectar novos campos cu\u00e1nticos mediante medidas de precisi\u00f3n.<\/p>\n<p>As procuras de precisi\u00f3n son a especialidade do experimento LHCb, no que traballa a investigadora InTalent da Universidade da Coru\u00f1a e Inditex Veronika Chobanova, e que foi concibido principalmente para entender as diferenzas entre como se comportan materia e antimateria. As diferenzas no comportamento entre materia e antimateria, co\u00f1ecidas en f\u00edsica como \u201cviolaci\u00f3n da simetr\u00eda CP\u201d, son unha condici\u00f3n necesaria para explicar por que o mundo en que vivimos est\u00e1 feito principalmente de materia e non de antimateria.<\/p>\n<p>A violaci\u00f3n da simetr\u00eda CP deixou unha pegada profunda na comunidade cient\u00edfica e foi reco\u00f1ecida con dous premios Nobel de F\u00edsica, en 1980 e en 2008.<\/p>\n<p>Usando as mostras do segundo per\u00edodo de toma de datos entre 2015 e 2018, o experimento LHCb leva as medidas de violaci\u00f3n CP a un novo nivel da precisi\u00f3n con dous resultados novos. Os par\u00e1metros determinan a cantidade de violaci\u00f3n de CP en desintegraci\u00f3ns de mes\u00f3ns B. Un deles \u00e9 o mesmo par\u00e1metro medido polos experimentos de BaBar e Belle en 2001 e que resultou no premio Nobel, mentres o segundo, chamado <em>\u03c6s<\/em>, mediuse por primeira vez en Fermilab cunha precisi\u00f3n limitada.<\/p>\n<p>\u201cAs d\u00faas medidas son as m\u00e1is precisas ata o de agora, mellorando o noso co\u00f1ecemento nestes par\u00e1metros ata un 35%\u201d, asegura Veronika Chobanova, que antes de vir \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a traballaba en medidas de violaci\u00f3n CP do experimento Belle. Os resultados concordan excepcionalmente ben coa predici\u00f3n do Modelo Est\u00e1ndar, a teor\u00eda de f\u00edsica que describe as interacci\u00f3ns entre as part\u00edculas fundamentais co\u00f1ecidas. As\u00ed que de momento, seguimos sen maneira de explicar a asimetr\u00eda entre materia e antimateria con part\u00edculas m\u00e1is al\u00f3 do Modelo Est\u00e1ndar.<\/p>\n<p>Con todo, dado o impacto da precisi\u00f3n, estes resultados foron destacados pola colaboraci\u00f3n LHCb na s\u00faa p\u00e1xina web, na p\u00e1xina do CERN (<a href=\"https:\/\/home.cern\/news\/news\/physics\/lhcb-tightens-precision-key-measurements-matter-antimatter-asymmetry\">https:\/\/home.cern\/news\/news\/physics\/lhcb-tightens-precision-key-measurements-matter-antimatter-asymmetry<\/a>) e publicarase en breve na revista bimensual CERN Courier, onde se destacan os resultados de maior impacto do laboratorio.<\/p>\n<p>A contribuci\u00f3n galega neste proxecto implica tam\u00e9n a Ram\u00f3n Ruiz, estudante de doutoramento do Instituto Galego de F\u00edsica de Altas Enerx\u00edas (IGFAE) codirixido por Veronika Chobanova, quen presentou por primeira vez o resultado de <em>\u03c6s<\/em> nun congreso especializado en Lyon. As\u00ed mesmo, tam\u00e9n aos doutores Diego Mart\u00ednez Santos (IGFAE) e Miriam Lucio (Maastricht), e outro estudante que v\u00e9n de conseguir recentemente o t\u00edtulo de doutor, dirixido por Veronika Chobanova e Diego Mart\u00ednez, Marcos Romero (IGFAE).<\/p>\n<p>\u201cA trav\u00e9s de medidas m\u00e1is precisas, realiz\u00e1ronse grandes melloras no noso co\u00f1ecemento. Estes son par\u00e1metros clave que axudan na nosa procura de efectos desco\u00f1ecidos m\u00e1is al\u00f3 da nosa teor\u00eda actual\u201d, explica o voceiro de LHCb, Chris Parkes. LHCb acaba de instalar unha serie de melloras, e os datos futuros, avanzar\u00e1n a\u00ednda m\u00e1is o co\u00f1ecemento destes par\u00e1metros de asimetr\u00eda entre materia e antimateria.<\/p>\n<p>\u201cFacer estas medidas co volume e complexidade dos datos do LHC ser\u00e1 un reto tecnol\u00f3xico xamais visto que require novas soluci\u00f3ns no \u00e1mbito do procesamento de datos e das redes neuronais\u201d, engade Veronika Chobanova. \u201cE a UDC est\u00e1 moi ben posicionada nestas \u00e1reas.\u201d Tal vez as futuras medidas apunten a novos fen\u00f3menos f\u00edsicos que poder\u00edan revelar un dos segredos mellor gardados do universo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Veronika Chobanova<\/strong><\/p>\n<p>Veronika Chobanova \u00e9 experta en f\u00edsica de part\u00edculas. Obtivo a s\u00faa licenciatura na Universidade T\u00e9cnica de Munich. Realizou o seu doutoramento no Instituto Max Planck de F\u00edsica e obtivo o seu t\u00edtulo na Universidade Ludwig Maximilian de Munich en 2015. Para a s\u00faa tese, mediu propiedades fundamentais de part\u00edculas utilizando datos do experimento do colisionador Belle en Xap\u00f3n, obtendo os mellores resultados do mundo. Incorporouse \u00e1 Universidade de Santiago de Compostela e ao Instituto Galego de F\u00edsica de altas Enerx\u00edas en 2015 como investigadora postdoutoral. Desde ent\u00f3n, \u00e9 membro do experimento LHCb no Gran Colisionador de Hadrones (CERN). LHCb \u00e9 unha colaboraci\u00f3n de 1.500 membros na que Veronika ten ocupado importantes postos de responsabilidade para liderar equipos internacionais de investigadores. En xaneiro de 2023, tendo obtido una axuda Ram\u00f3n y Cajal do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n incorporouse \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a a trav\u00e9s do programa Intalent UDC- Inditex.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>InTalent UDC- Inditex<\/strong><\/p>\n<p>Intalent UDC- Inditex \u00e9 un programa de colaboraci\u00f3n entre a Universidade da Coru\u00f1a e Inditex co obxectivo de fomentar a retenci\u00f3n e retorno de investigadores vinculados ou recentemente desvinculados da UDC e a captaci\u00f3n de investigadores nacionais ou estranxeiros de elevado prestixio. Inditex v\u00e9n apoiando nos \u00faltimos anos \u00e1s instituci\u00f3ns de educaci\u00f3n superior, sendo o seu compromiso coa UDC un dos seus sinais de identidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Foto 1: Peilian Li, \u00e1 esquerda, e Veronika Chobanova, \u00e1 dereita, no CERN.<\/em><\/p>\n<p><em>Foto 2: As medidas do LHCb de \u03c6s (en verde) son as m\u00e1is precisas do mundo.<\/em><\/p>\n<p><em><img decoding=\"async\" style=\"width: 485px;\" title=\"Foto_2_medidas_LHCb\" src=\"\/export\/sites\/udc\/comunicacion\/_galeria_imgs\/Foto_2_medidas_LHCb.jpg_2063069294.jpg\" alt=\"Foto_2_medidas_LHCb\" height=\"325\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-9174\" src=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb.webp\" alt=\"Medidas LHCb\" width=\"1080\" height=\"725\" srcset=\"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb.webp 1080w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-300x201.webp 300w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-1024x687.webp 1024w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-768x516.webp 768w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-600x403.webp 600w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-650x436.webp 650w, https:\/\/www.intalent.udc.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/foto-2-medidas-lhcb-624x419.webp 624w\" sizes=\"(max-width: 1080px) 100vw, 1080px\" \/><\/em><\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A investigadora da Universidade da Coru\u00f1a Veronika Chobanova colidera con Peilian Li, do CERN, e Sevda Esen, da Universidade de Zurich un equipo internacional de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9178,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9173"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9173"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9173\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10256,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9173\/revisions\/10256"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9178"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9173"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9173"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9173"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}