{"id":9183,"date":"2013-05-05T12:44:27","date_gmt":"2013-05-05T10:44:27","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9183"},"modified":"2026-03-17T09:53:08","modified_gmt":"2026-03-17T08:53:08","slug":"o-claustro-da-udc-aproba-a-xestion-do-reitor-julio-abalde-no-ano-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-claustro-da-udc-aproba-a-xestion-do-reitor-julio-abalde-no-ano-2022\/","title":{"rendered":"O Claustro da UDC aproba a xesti\u00f3n do reitor, Julio Abalde, no ano 2022"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 5 de maio de 2023.- O Claustro da Universidade da Coru\u00f1a aprobou esta ma\u00f1\u00e1 a xesti\u00f3n do reitor, Julio Abalde, do ano 2022 con 68 votos a favor, 12 abstenci\u00f3ns e dous votos en contra.<\/p>\n<p>Esta foi a oitava Memoria de Xesti\u00f3n presentada polo reitor Abalde, quen aproveitou, ao remate da sesi\u00f3n, para agradecer aos claustrais \u201ca complicidade nestes oito anos en que sempre houbo colaboraci\u00f3n e traballo conxunto para mellorar a Universidade da Coru\u00f1a\u201d.<\/p>\n<p>O reitor deu conta pormenorizada das actividades realizadas polo equipo de goberno da UDC no ano pasado cun longo discurso que resumimos con esta introduci\u00f3n:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cO ano 2022 permitiu, \u00e1 fin, recuperar a desexada normalidade da vida universitaria, e mesmo comezou ofrec\u00e9ndonos a oportunidade de celebrarmos a concesi\u00f3n da honra \u201cFerrol\u00e1n do ano\u201d do Concello de Ferrol ao Campus Industrial da UDC. Este reco\u00f1ecemento \u00e9 unha confirmaci\u00f3n a un labor de varios anos pola revitalizaci\u00f3n dun campus que agora mesmo se est\u00e1 a converter nun referente.<\/p>\n<p>Foi un fito para o campus a creaci\u00f3n da Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol que acolle toda a docencia impartida nas antigas Escola Universitaria Polit\u00e9cnica e na Escola Polit\u00e9cnica Superior. Estamos convencidos, \u00e1 vista dos resultados, de que a EPEF est\u00e1 chamada a se converter no centro de referencia de enxe\u00f1ar\u00eda de Galicia e que se ver\u00e1 potenciado co futuro Edificio de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n na Industria (EI3) iniciado no pasado ano cun acordo coa Conseller\u00eda de Cultura, Educaci\u00f3n, Formaci\u00f3n Profesional e Universidades, polo que a Xunta de Galicia financia con preto dun mill\u00f3n de euros a elaboraci\u00f3n do proxecto do edificio.<\/p>\n<p>Malia as expectativas da sa\u00edda da pandemia, os seus efectos a\u00ednda se deixaron sentir e obrig\u00e1ronnos a cancelar por segundo ano consecutivo a celebraci\u00f3n do D\u00eda da Universidade. Esta festividade \u00e9 unha homenaxe ao alumnado e foi un pesar non poder celebrar co noso estudantado e coas s\u00faas familias este reco\u00f1ecemento ao seu esforzo nunhas condici\u00f3ns in\u00e9ditas.<\/p>\n<p>Sen d\u00fabida, a recuperaci\u00f3n da normalidade en todos os \u00e1mbitos das nosas vidas animaba o comezo de ano, cando o mundo se viu sacudido polo inicio da invasi\u00f3n rusa a Ucra\u00edna, en febreiro de 2022. Como o resto da sociedade, quedamos profundamente afectados e inmediatamente nos puxemos en disposici\u00f3n de axudar e paliar, na medida das nosas posibilidades, os tr\u00e1xicos efectos desta guerra. As\u00ed preparamos un plan de axudas para que o alumnado universitario procedente de Ucra\u00edna puidese continuar os seus estudos na nosa universidade.<\/p>\n<p>Ao se prolongar o conflito agudiz\u00e1ronse os seus m\u00faltiples efectos, v\u00edmonos na obriga de afrontar con medidas extraordinarias a carest\u00eda dos prezos, fundamentalmente no que atinxe \u00e1 subministraci\u00f3n de enerx\u00eda e, nalg\u00fans casos, de distintos materiais, sufrindo a ralentizaci\u00f3n dalg\u00fans proxectos.<\/p>\n<p>Ao longo do ano 2022 estivemos traballando no dese\u00f1o do Plan estrat\u00e9xico 2022-2026 para o que contamos coa participaci\u00f3n de m\u00e1is de 120 persoas da comunidade universitaria na elaboraci\u00f3n colexiada deste documento, que foi aprobado polo Claustro universitario a comezos de novembro. Ser\u00e1 unha folla de ruta moi estimable para posicionar mellor a Universidade da Coru\u00f1a no seu contorno de influencia, no marco do SUG e do SUE e no contexto internacional.<\/p>\n<p>Contamos cun novo Plan galego de financiamento para o SUG 2022-2026, asinado en febreiro, que mellora na s\u00faa parte estrutural respecto dos anteriores. Traballamos arreo para ver reco\u00f1ecida esta demanda neste novo marco que resulta, por outra banda, m\u00e1is esixente que outros, ao penalizar economicamente o incumprimento dalg\u00fans criterios.<\/p>\n<p>Un exercicio m\u00e1is, a Universidade da Coru\u00f1a presentou unhas contas saneadas, cun orzamento incrementado este ano nun 7,98 %. Mantivemos o noso compromiso coa igualdade de oportunidades para o alumnado, ao apostar por acci\u00f3ns xa consolidadas na UDC no que atinxe a bolsas, premios, programas, residencias etc., cunha dotaci\u00f3n total de 2,5 mill\u00f3ns de euros. Incrementamos as nosas relaci\u00f3ns cos principais sectores produtivos do pa\u00eds e intensificamos as sinerx\u00edas institucionais sumando convenios de colaboraci\u00f3n en moi diferentes materias. Cabe destacar o convenio de mecenado asinado co conselleiro delegado de Inditex, alumni da UDC, \u00d3scar Garc\u00eda Maceiras, por un importe de 1,5 mill\u00f3ns de euros para atraer persoal investigador excelente co programa propio InTalent e tam\u00e9n a creaci\u00f3n do Centro Mixto de Investigaci\u00f3n (CEMI) UDC-Navantia \u201cO estaleiro do futuro\u201d.<\/p>\n<p>No que respecta \u00e1 captaci\u00f3n de talento, o ano 2022 marcou un fito coa incorporaci\u00f3n de seis novos investigadores e investigadoras Ram\u00f3n y Cajal, que levou a que houbese activos 16 investigadores grazas a este programa. Sen d\u00fabida, neste \u00e9xito algo ter\u00eda que ver o selo \u201cHR Excellence in Research\u201d de Human Resources Strategy for Researchers, HRS4R, que acredita as boas pr\u00e1cticas realizadas na contrataci\u00f3n de persoal investigador, que a UDC conseguiu renovar este ano pasado.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 un logro considerable para esta universidade a constituci\u00f3n do consorcio estrat\u00e9xico internacional universitario EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment), que nos sit\u00faa nun nivel superior de calidade europea.<\/p>\n<p>Esta alianza de universidades europeas est\u00e1 formada por universidades de Francia, Irlanda, Grecia, Alema\u00f1a, Noruega, Eslovaquia, Chipre e Espa\u00f1a, coa UDC.<\/p>\n<p>O ano 2022 est\u00e1 marcado tam\u00e9n por un fito, externo \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a en certa maneira, pero que vai ter un impacto m\u00e1is que significativo no noso futuro como instituci\u00f3n. A principios de decembro, o Consello de Ministros elix\u00eda a cidade da Coru\u00f1a como sede da Axencia Espa\u00f1ola de Supervisi\u00f3n de Intelixencia Artificial (AESIA). O Goberno salientou o \u201cimportante ecosistema universitario da Coru\u00f1a, tanto na formaci\u00f3n como na investigaci\u00f3n relacionado coa Intelixencia Artificial, as\u00ed como o excelente ecosistema empresarial con ata dous hub de innovaci\u00f3n dixital que xeran un 10 % do emprego galego\u201d.<\/p>\n<p>Como se sabe, a candidatura da AESIA superou un proceso galego de selecci\u00f3n en que a UDC foi determinante ao promover e defender a sede coru\u00f1esa.<\/p>\n<p>O proxecto da Cidade das TIC, neste ano 2022, pasou a ser unha realidade co inicio das obras do Galaxy Lab, o laboratorio de drons do Instituto Tecnol\u00f3xico de Galicia (ITG) e do Centro de Servizos Avanzados (CSA), que inauguraremos neste 2023.<\/p>\n<p>A volta \u00e1 normalidade, tal e como se detalla nas distintas \u00e1reas recollidas neste informe, encheu os campus de actividades e iniciativas nos m\u00e1is variados formatos, como os proxectos expositivos do noso Espazo de Intervenci\u00f3n Cultural NORMAL. A mostra \u201cA Galicia dese\u00f1ada\u201d marcou un r\u00e9cord de asistencia e repercusi\u00f3n ao ser a primeira exposici\u00f3n da historia do dese\u00f1o galego.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito da responsabilidade social, a UDC veu reco\u00f1ecida a s\u00faa aposta polos valores da inclusi\u00f3n educativa ao ser galardoado o titulo propio Programa Espazo Compartido co VIII Premio Fundaci\u00f3n Diversidade, na modalidade de instituci\u00f3n p\u00fablica. Felicito, ademais, o noso profesorado que este ano pasado viu reco\u00f1ecido o seu labor investigador con premios e distinci\u00f3ns nacionais e internacionais ou coa incorporaci\u00f3n en distintas academias. O m\u00e9rito \u00e9 sen d\u00fabida persoal pero o reco\u00f1ecemento exerce a s\u00faa influencia en toda a Universidade da Coru\u00f1a\u201d.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Informe da Valedora Universitaria<\/strong><\/p>\n<p>Ademais do informe de xesti\u00f3n do reitor do pasado ano, a Valedora Universitaria, Ana Tarr\u00edo, deu conta da s\u00faa actividade no curso 2021\/2022. Nese per\u00edodo houbo en total 159 casos, que se dividen en 99 consultas e 60 queixas.<\/p>\n<p>Das 99 consultas presentadas polos tres colectivos da UDC, a maior\u00eda corresponde ao estudantado (85%), ao cal seguen o PDI (8%) e as persoas alleas \u00e1 universidade (7%). O n\u00famero de consultas descendeu con respecto ao curso en catro casos. O n\u00famero maior de consultas realizouse na tem\u00e1tica de exames e criterios de avaliaci\u00f3n, seguidas das consultas relacionadas coa actividade docente.<\/p>\n<p>No curso acad\u00e9mico 2021\/22 contabiliz\u00e1ronse 60 casos correspondentes a queixas e reclamaci\u00f3ns, cun descenso con respecto ao curso anterior en nove. A maior\u00eda dos casos corresponden ao estudantado (62%), seguido de profesorado (18%); persoal de administraci\u00f3n e servizos (12%); e persoas alleas \u00e1 universidade (12%). O maior n\u00famero de casos abranguen as tem\u00e1ticas de organizaci\u00f3n e actividade docente; de acceso, taxas e xesti\u00f3n acad\u00e9mica e de infraestrutura e funcionamento dos servizos.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 5 de maio de 2023.- O Claustro da Universidade da Coru\u00f1a aprobou esta ma\u00f1\u00e1 a xesti\u00f3n do reitor, Julio Abalde, do ano 2022<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9184,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9183"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9183"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9183\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10259,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9183\/revisions\/10259"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9184"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9183"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9183"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9183"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}