{"id":9195,"date":"2022-05-25T12:58:54","date_gmt":"2022-05-25T10:58:54","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9195"},"modified":"2026-03-17T09:58:58","modified_gmt":"2026-03-17T08:58:58","slug":"xuntanza-do-reitor-julio-abalde-coa-comunidade-da-facultade-de-fisioterapia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/xuntanza-do-reitor-julio-abalde-coa-comunidade-da-facultade-de-fisioterapia\/","title":{"rendered":"Xuntanza do reitor, Julio Abalde, coa comunidade da Facultade de Fisioterapia"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 25 de maio de 2022.- Julio Abalde, reitor da Universidade da Coru\u00f1a, e Carlos Aymerich, secretario Xeral, mantiveron este luns unha reuni\u00f3n coa comunidade universitaria da Facultade de Fisioterapia. Estas xuntanzas te\u00f1en como obxectivo comunicar actividades de relevancia a nivel institucional e recibir as opini\u00f3ns, suxesti\u00f3ns ou demandas de cada centro.<\/p>\n<p>O reitor comezou o encontro, aberto ao profesorado, alumnado e persoal de administraci\u00f3n e servizos, explicando como foi a xesti\u00f3n da pandemia na UDC e as perspectivas do pr\u00f3ximo curso no que espera recuperar a normalidade. \u201cSer\u00eda interesante recuperar os horarios habituais para que o alumnado poida ter vida universitaria, con interacci\u00f3n dentro dos centros\u201d, opinou Abalde. As novas ferramentas e plataformas inform\u00e1ticas empregadas neste tempo de pandemia van seguir us\u00e1ndose como complemento da docencia presencial e, animou o reitor, o profesorado ter\u00e1 que decidir agora que tipo de actividades poden facerse de forma virtual. Para o reitor, hai tarefas docentes que son facilmente adaptables a este uso en li\u00f1a, como as titor\u00edas ou as direcci\u00f3ns de traballos de fin de grao e de m\u00e1ster, por exemplo, ou, obviamente para poder seguir nas clases nos casos de corentenas do profesorado ou do alumnado. As ferramentas e novas metodolox\u00edas empregadas neste tempo de pandemia servir\u00e1n para poder afrontar mellor o futuro en situaci\u00f3ns complexas que poidan vir.<\/p>\n<p>A experiencia destes anos, valorou o reitor, foi positiva na UDC. \u201cO cumprimento dos protocolos por parte de toda a comunidade fixo da Universidade un lugar seguro; conseguimos que na UDC non houbese contaxios e seguimos mantendo a docencia de calidade\u201d, dixo felicitando aos asistentes pola s\u00faa responsabilidade na pandemia, nun centro ademais complexo ao xestionar pr\u00e1cticas cl\u00ednicas do alumnado con total seguridade.<\/p>\n<p>O segundo punto que tratou o reitor foi o tema do novo Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego (PFSUG), do que a Xunta dixo que o incremento \u00eda ser de 300 mill\u00f3ns de euros pero que en realidade este aumento \u00e9 unha previsi\u00f3n do Goberno auton\u00f3mico sobre o importe que as propias universidades te\u00f1en que captar. Con todo, a UDC fai unha valoraci\u00f3n positiva do PF, non no referente \u00e1s cont\u00edas pero si na s\u00faa estrutura que responde \u00e1s demandas da Universidade da Coru\u00f1a. Na s\u00faa intervenci\u00f3n, o reitor advertiu do pr\u00f3ximo descenso de alumnado universitario pola forte ca\u00edda demogr\u00e1fica en Galicia, cando hai uns anos 19.000 estudantes realizaban as probas de acceso \u00e1 universidade, este ano, s\u00f3 o far\u00e1n 11.000 alumnos.<\/p>\n<p>Volvendo ao tema do financiamento, Abalde explicou a existencia dun novo fondo de eficiencia vinculado ao cumprimento de sete indicadores como non incorrer en d\u00e9ficit, empregar a contabilidade anal\u00edtica ou non superar a masa salarial. Neste punto, o reitor detallou o coste do plantel de persoal que ascende a 105 mill\u00f3ns de euros anuais, dos 109 que recibe a UDC da Xunta, coa peculiaridade de que este gasto aumenta de forma vexetativa, sen incremento de efectivos, un dous por cento cada ano, polo que en poucos anos o gasto de persoal absorber\u00e1 todo o orzamento que se recibe do Goberno auton\u00f3mico.<\/p>\n<p>\u201c\u00c9 por isto que debemos seguir sendo moi rigorosos no cap\u00edtulo 1\u201d, advertiu o reitor, pero seguiremos mantendo os nosos programas de estabilizaci\u00f3n e promoci\u00f3n de PAS e PDI.<\/p>\n<p>Relacionado co plan de financiamento est\u00e1 o \u00faltimo aspecto que tratou o reitor antes de dar paso \u00e1 quenda aberta de intervenci\u00f3ns. Nestes momentos, a UDC est\u00e1 a elaborar o Plan Estrat\u00e9xico cunha vixencia temporal coincidente co plan de financiamento. Un total de cinco comisi\u00f3ns formadas por m\u00e1is dun centenar de persoas est\u00e1n a elaborar un documento da universidade que se quere ter para o ano 2026. Abalde animou a todos os presentes a colaborar e participar na definici\u00f3n da UDC do futuro. A previsi\u00f3n \u00e9 que antes do ver\u00e1n se te\u00f1an o primeiro documento que se someter\u00e1 \u00e1 exposici\u00f3n p\u00fablica e que se levar\u00e1 a Claustro para a s\u00faa aprobaci\u00f3n en setembro.<\/p>\n<p>Xa na quenda de aportaci\u00f3ns, un dos profesores preguntou pola situaci\u00f3n do proxecto de creaci\u00f3n da Cl\u00ednica Universitaria e como se ver\u00e1 afectada pola situaci\u00f3n orzamentaria actual. O reitor asegurou que \u201ca\u00ednda que ter\u00e1 un coste para a UDC, asumimos que \u00e9 valiosa para o alumnado. Os beneficios ser\u00e1n maiores que o custe econ\u00f3mico\u201d. Neste punto a decana, Luz Gonz\u00e1lez Don\u00edz, aclarou que a creaci\u00f3n da Cl\u00ednica \u00e9 unha demanda hist\u00f3rica deste centro na que est\u00e1n traballando con algunha instituci\u00f3n sanitaria para levala a cabo. A Cl\u00ednica \u201cfacilitar\u00e1 a docencia e ter\u00e1 o nicho investigador, daremos un salto importante en investigaci\u00f3n\u201d, avanzou a decana.<\/p>\n<p>A charla tratou tam\u00e9n a situaci\u00f3n dos contratos de investigaci\u00f3n e dos distintos programas existentes, as\u00ed como das posibilidades de estabilizaci\u00f3n. O reitor explicou que hai un programa da Xunta ao que \u00e9 dif\u00edcil darlle continuidade porque a propia Comunidade aut\u00f3noma non o facilita. A Universidade v\u00e9n reclamando de forma reiterada e sen \u00e9xito que se solucione este tema e permita a estes investigadores acceder aos programas de captaci\u00f3n de ciencia excelente como os Beatriz Galindo, Ram\u00f3n y Cajal, Marie Curie ou o InTalent, propio da UDC.<\/p>\n<p>O tema da Uadi e o seu encaixe nas Uxai tam\u00e9n se tratou nesta reuni\u00f3n. A xefatura das Uadi est\u00e1 dentro da Administraci\u00f3n, coas mesmas funci\u00f3ns, este curso a situaci\u00f3n \u00e9 a mesma que antes pero ser\u00e1 a administraci\u00f3n a que dirixa o traballo administrativo, o que \u00e9 \u201cbo\u201d, opinou o reitor, pois se hai un exceso de traballo nun posto, pode axudar outro que te\u00f1a menor carga laboral. \u201cHai que fuxir das acci\u00f3ns unipersoais porque se por calquera circunstancia falta esa persoa, paraliza o proceso administrativo\u201d, declarou Abalde.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se preguntou pola nova estrutura da Unidade T\u00e9cnica de Calidade e a s\u00faa posta en funcionamento. A UTC asumir\u00e1 todas as funci\u00f3ns de apoio aos centros e aos t\u00edtulos e a previsi\u00f3n, apuntou o reitor, \u00e9 que estea en funcionamento en setembro, logo da finalizaci\u00f3n do concurso de traslados.<\/p>\n<p>A decana manifestou a s\u00faa satisfacci\u00f3n pola recuperaci\u00f3n da completa normalidade para o pr\u00f3ximo curso, logo de que este se recuperase bastante pero \u201cvemos que se perderon h\u00e1bitos de convivencia do alumnado\u201d, dixo, asegurando que \u201ctodos estamos facendo un esforzo por restaurar a vida acad\u00e9mica\u201d. Gonz\u00e1lez Don\u00edz comentou un aspecto sobre a formaci\u00f3n de posgrao que lles preocupa na Facultade e sobre o que pediu unha reflexi\u00f3n para que o Plan Estrat\u00e9xico incl\u00faa acci\u00f3ns de flexibilizaci\u00f3n para a contrataci\u00f3n de profesorado externo. O reitor apuntou que os t\u00edtulos te\u00f1en que ter unha base de profesorado estable pero despois a docencia pode complementarse con profesionais de prestixio nun formato de seminarios, xornadas, etc, como se est\u00e1 a facer xa nalg\u00fans t\u00edtulos de grao e de m\u00e1ster.<\/p>\n<p>Finalmente, no encontro falouse sobre a situaci\u00f3n do edificio, necesitado de obras de mellora. A UDC est\u00e1 acudindo a todas as convocatorias da Xunta que permitan realizar obras nos centros e este edificio \u00e9 un dos prioritarios, segundo dixo o reitor. A decana afirmou que os espazos existentes son limitados e non hai moito onde medrar pero sinalou a posible dispo\u00f1ibilidade do edificio da igrexa do campus, desacralizada, pero a propiedade da mesma \u00e9 do Sergas, as\u00ed como o peche do recinto, necesitado de reparaci\u00f3ns urxentes, pero que \u00e9 de Sanidade.<\/p>\n<p>O reitor pechou a xuntanza agradecendo aos integrantes da Facultade de Fisioterapia a resposta dada en tempos de pandemia, que fixo extensivo \u00e1 comunidade universitaria. A UDC destacou sobre o resto de universidades no acompa\u00f1amento e apoio que se lle prestou ao profesorado, alumnado e persoal de administraci\u00f3n e servizos, \u201cm\u00e9rito de todos pero se alg\u00fan servizo se involucrou m\u00e1is foron o Cufie e os Servizos Inform\u00e1ticos\u201d. Dentro do Sistema Universitario Espa\u00f1ol, a UDC est\u00e1 no nivel m\u00e1is alto en canto \u00e1 mellor resposta \u00e1 pandemia.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 25 de maio de 2022.- Julio Abalde, reitor da Universidade da Coru\u00f1a, e Carlos Aymerich, secretario Xeral, mantiveron este luns unha reuni\u00f3n coa<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9196,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9195"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9195"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9195\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10266,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9195\/revisions\/10266"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9196"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9195"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9195"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9195"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}