{"id":9262,"date":"2022-04-20T10:04:14","date_gmt":"2022-04-20T08:04:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9262"},"modified":"2026-03-17T09:59:58","modified_gmt":"2026-03-17T08:59:58","slug":"inditex-financiara-a-incorporacion-a-universidade-da-coruna-de-quince-investigadores-excelentes-coa-renovacion-do-programa-intalent","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/inditex-financiara-a-incorporacion-a-universidade-da-coruna-de-quince-investigadores-excelentes-coa-renovacion-do-programa-intalent\/","title":{"rendered":"IndiTex financiar\u00e1 a incorporaci\u00f3n \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a de quince investigadores excelentes coa renovaci\u00f3n do programa InTalent"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O reitor da UDC, Julio Abalde, e o conselleiro Delegado de Inditex, \u00d3scar Garc\u00eda Maceiras, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 o convenio para a segunda edici\u00f3n do programa de captaci\u00f3n de talento investigador.<\/em><\/li>\n<li><em>A multinacional aportar\u00e1 un mecenado de 1,5 mill\u00f3ns de euros \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a.<\/em><\/li>\n<li><em>A primeira edici\u00f3n deste programa internacional permitiu a contrataci\u00f3n de seis investigadores excelentes.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 20 de abril de 2022.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o Conselleiro Delegado de Inditex, \u00d3scar Garc\u00eda Maceiras, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 na Reitor\u00eda da UDC, o convenio para a creaci\u00f3n e implantaci\u00f3n da segunda edici\u00f3n do programa de captaci\u00f3n de talento investigador InTalent, polo que Inditex aportar\u00e1 un mecenado de 1,5 mill\u00f3ns de euros \u00e1 UDC para a incorporaci\u00f3n de 15 investigadores excelentes no per\u00edodo de vixencia do acordo ata o ano 2026.<\/p>\n<p>O reitor da UDC agradeceu a \u00d3scar Garc\u00eda Maceiras \u201co apoio de Inditex para que sexa posible este programa de captaci\u00f3n de talento\u201d. Un programa, engadiu, que est\u00e1 a ser copiado por outras administraci\u00f3ns e universidades. Abalde destacou ademais que InTalent \u201cnos est\u00e1 permitindo ademais establecer mecanismos para que ese talento captado poida ser retido na Universidade da Coru\u00f1a\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o conselleiro Delegado de Inditex agradeceu aos investigadores captados na primeira edici\u00f3n do InTalent \u201co seu esforzo e compromiso demostrado no desenvolvemento das s\u00faas investigaci\u00f3ns; esta \u00e9 a mellor proba do acertado do convenio iniciado hai uns anos\u201d. \u201cPara n\u00f3s, os atributos destes investigadores, excelencia, compromiso e talento, forman parte do ADN de Inditex\u201d. Garc\u00eda Maceiras subli\u00f1ou tam\u00e9n a s\u00faa satisfacci\u00f3n persoal pola firma deste convenio porque \u201ceu estudei na Universidade da Coru\u00f1a e sempre a considerei a mi\u00f1a casa\u201d.<\/p>\n<p>O programa InTalent est\u00e1 dirixido a investigadores de calquera nacionalidade que queiran desenvolver a s\u00faa actividade investigadora na Universidade da Coru\u00f1a e que te\u00f1an concedida unha axuda Ram\u00f3n y Cajal do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n. O acordo firmado esta ma\u00f1\u00e1, nun acto p\u00fablico no que estaba o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador Naya, ten como finalidade incrementar a calidade investigadora da UDC, as\u00ed como convertela nun polo de atracci\u00f3n para investigadores excelentes a nivel nacional e internacional, ademais de incrementar o financiamento para a investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Seis investigadores captados na primeira edici\u00f3n InTalent<\/strong><\/p>\n<p>A primeira edici\u00f3n do programa de captaci\u00f3n de talento investigador, InTalent, xurdiu do convenio asinado en outubro de 2016, mediante o cal Inditex aportou 1,45 mill\u00f3ns de euros para captar investigadores de referencia internacional.<\/p>\n<p>O programa InTalent permitiu a incorporaci\u00f3n \u00e1 UDC de seis investigadores de alto nivel, seleccionados entre m\u00e1is de 300 solicitudes procedentes de todo o mundo; 194 foron de Espa\u00f1a, 35 do resto de Europa, 31 de Am\u00e9rica, 30 de Asia e 26 de \u00c1frica. Elena Pazos Chantrero, Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s V\u00e1zquez, Ana Rey Rico, Jorge Ledo, M\u00f3nica Ferr\u00edn Pereira e Jos\u00e9 A. Iglesias Guiti\u00e1n foron os investigadores captados na primeira edici\u00f3n do programa InTalent.<\/p>\n<p>Elena Pazos Chantrero conseguiu, posteriormente, unha das axudas de ciencia excelente m\u00e1is prestixiosa a nivel europeo, a <em>Starting Grant <\/em>do <em>European Research Council<\/em>, dotada con 1,5 mill\u00f3ns de euros para desenvolver o seu proxecto de investigaci\u00f3n. Os demais investigadores seleccionados conseguiron a axuda de investigaci\u00f3n m\u00e1is prestixiosa a nivel nacional, a Ram\u00f3n y Cajal, do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n. Os \u00e9xitos acadados polos seis investigadores InTalent reportaron \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a en financiamento directo e por indicadores de rendemento preto de sete mill\u00f3ns de euros, o que implica un retorno de cinco euros por cada euro investido no programa.<\/p>\n<p>Este programa tivo ademais un efecto interno provocando un revulsivo na captaci\u00f3n de talento e na investigaci\u00f3n da UDC que fixo que se duplicase o n\u00famero de solicitudes dos investigadores \u00e1s convocatorias de ciencia excelente. A UDC, como acci\u00f3n complementaria de InTalent, creou un programa espec\u00edfico propio \u201cBerce\u201d de apoio aos investigadores Ram\u00f3n y Cajal que elixan a UDC como universidade para desenvolver o seu proxecto de investigaci\u00f3n. No ano 2015, a UDC contaba cun s\u00f3 investigador Ram\u00f3n y Cajal; este ano ten 16 contratos activos. Ademais, a UDC para reter aos investigadores de perfil excelente captados puxo en marcha un programa espec\u00edfico de estabilizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Mecenado de Inditex \u00e1 UDC<\/strong><\/p>\n<p>O mecenado da empresa Inditex \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a est\u00e9ndese a outras iniciativas acad\u00e9micas, como o programa inMOTION de axudas para estad\u00edas predoutorais Inditex-UDC, a C\u00e1tedra Inditex-UDC de Sustentabilidade e a C\u00e1tedra Inditex de Lingua e Cultura Espa\u00f1olas na Universidade de Daca (esta \u00faltima en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Santiago de Compostela).<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O reitor da UDC, Julio Abalde, e o conselleiro Delegado de Inditex, \u00d3scar Garc\u00eda Maceiras, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 o convenio para a segunda edici\u00f3n do<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9263,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9262"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9262"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9262\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10269,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9262\/revisions\/10269"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9263"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9262"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9262"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9262"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}