{"id":9276,"date":"2019-09-04T10:33:07","date_gmt":"2019-09-04T08:33:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9276"},"modified":"2026-03-17T10:03:33","modified_gmt":"2026-03-17T09:03:33","slug":"a-investigadora-da-udc-elena-pazos-becada-pola-ue-cunha-axuda-starting-grant-centra-o-seu-proxecto-en-novos-materiais-moleculares-intelixentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-investigadora-da-udc-elena-pazos-becada-pola-ue-cunha-axuda-starting-grant-centra-o-seu-proxecto-en-novos-materiais-moleculares-intelixentes\/","title":{"rendered":"A investigadora da UDC Elena Pazos becada pola UE cunha axuda Starting Grant centra o seu proxecto en novos materiais moleculares intelixentes"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 4 de setembro de 2019.- A investigadora da Universidade da Coru\u00f1a Elena Pazos, que se incorporou \u00e1 Academia en 2017 co programa de captaci\u00f3n de talento Intalent de UDC e a empresa Inditex, acaba de obter unha axuda de 1,5 mill\u00f3ns de euros da Uni\u00f3n Europea para desenvolver un proxecto de investigaci\u00f3n para crear novos materiais moleculares intelixentes que respondan aos cambios do contorno e cambien a s\u00faa funci\u00f3n, segundo explicou esta ma\u00f1\u00e1 nunha rolda de prensa na Reitor\u00eda na que compareceu xunto co reitor da UDC, Julio Abalde, e o Adxunto a Investigaci\u00f3n da Vicerreitor\u00eda de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Horacio Naveira.<\/p>\n<p>Elena Pazos conformar\u00e1 un equipo de investigaci\u00f3n para o que contratar\u00e1 seis novos investigadores para realizar este proxecto europeo nos pr\u00f3ximos cinco anos no Centro de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas Aplicadas (CICA) onde ten o seu laboratorio. \u201cDesenvolveremos ciencia b\u00e1sica e co\u00f1ecemento para crear novos materiais\u201d, explicou, \u201ca moi longo prazo este co\u00f1ecemento ter\u00e1 aplicaci\u00f3ns en electr\u00f3nica e biomedicina\u201d.<\/p>\n<p>O reitor destacou na s\u00faa intervenci\u00f3n a val\u00eda desta investigadora e dos seus proxectos de investigaci\u00f3n. \u201cFacer ciencia de calidade \u00e9 un obxectivo estrat\u00e9xico da Universidade da Coru\u00f1a\u201d, resaltou destacando ademais os bos resultados obtidos polos investigadores do programa de captaci\u00f3n de talento InTalent UDC-Inditex, que ademais desta axuda europea conseguiron tam\u00e9n dous proxectos nacionais Ram\u00f3n y Cajal. Neste punto, Elena Pazos agradeceu expresamente \u00e1 empresa Inditex e \u00e1 propia Universidade a creaci\u00f3n deste programa porque \u201cme deu a oportunidade de iniciar as mi\u00f1as propias li\u00f1as de investigaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>O Consello Europeo de Investigaci\u00f3n (ERC) fixo p\u00fablico onte a concesi\u00f3n das axudas Starting Grant, un programa dotado con 621 mill\u00f3ns de euros. Cada ano a Uni\u00f3n Europea selecciona aos mellores talentos da ciencia base\u00e1ndose no curriculum vitae dos investigadores e no seu futuro prometedor como cient\u00edficos. Nesta edici\u00f3n, en Espa\u00f1a obtiveron axudas 20 investigadores dun total de 408 cient\u00edficos becados en 51 pa\u00edses diferentes. Galicia conseguiu d\u00faas axudas, a da Universidade da Coru\u00f1a e a do Instituto de Ciencias do Patrimonio.<\/p>\n<p>Historicamente, \u00e9sta \u00e9 a terceira Starting Grant que acadan os investigadores da Universidade da Coru\u00f1a co soporte da Vicerreitor\u00eda de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia e, sobre todo, da OTRI.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Horacio Naveira fixo unha encendida defensa da ciencia b\u00e1sica sen a cal, asegurou, \u201cnon hai futuro\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Elena Pazos Chantrero (Mar\u00edn) <\/strong>doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 2012 baixo a supervisi\u00f3n dos profesores Jos\u00e9 Lu\u00eds Mascare\u00f1as e M. Eugenio V\u00e1zquez, traballando na s\u00edntese de sensores fluorescentes para a detecci\u00f3n dalgunhas prote\u00ednas implicadas en cancro. Durante a s\u00faa etapa doutoral foi estudante visitante no Trinity College Dublin (Irlanda) e na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (Estados Unidos). Ao finalizar o seu doutoramento, recibiu unha beca postdoutoral da Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 que lle permitiu unirse ao grupo do profesor Samuel I. Stupp na Universidade de Northwestern nos Estados Unidos, onde levou a cabo investigaci\u00f3ns no campo da qu\u00edmica supramolecular e da bionanotecnolox\u00eda. Tras a s\u00faa etapa postdoutoral, traballou na <em>spin-off<\/em> Medcom Advance como investigadora durante un ano, e en decembro de 2015 incorporouse no grupo do profesor Ram\u00f3n \u00c1lvarez Puebla no Centro Tecnol\u00f3xico da Qu\u00edmica de Catalu\u00f1a como investigadora TECNIOspring e Marie Curie. Ao longo da s\u00faa carreira investigadora publicou quince artigos cient\u00edficos, a maior\u00eda deles en revistas con alto impacto no \u00e1mbito da qu\u00edmica, e alg\u00fans dos resultados da s\u00faa investigaci\u00f3n foron protexidos con d\u00faas patentes. En 2017 incorporouse \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a, na primeira convocatoria do programa de captaci\u00f3n de talento InTalent UDC-Inditex.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 4 de setembro de 2019.- A investigadora da Universidade da Coru\u00f1a Elena Pazos, que se incorporou \u00e1 Academia en 2017 co programa de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9277,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9276"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9276"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9276\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10278,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9276\/revisions\/10278"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9277"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9276"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9276"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}