{"id":9290,"date":"2019-04-24T10:54:12","date_gmt":"2019-04-24T08:54:12","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9290"},"modified":"2026-03-17T10:07:38","modified_gmt":"2026-03-17T09:07:38","slug":"o-programa-intalent-udcinditex-permite-o-retorno-a-galicia-dos-investigadores-de-excelencia-internacional-jose-iglesias-e-monica-ferrin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-programa-intalent-udcinditex-permite-o-retorno-a-galicia-dos-investigadores-de-excelencia-internacional-jose-iglesias-e-monica-ferrin\/","title":{"rendered":"O programa InTalent UDCInditex permite o retorno a Galicia dos investigadores de excelencia internacional Jos\u00e9 Iglesias e M\u00f3nica Ferr\u00edn"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 24 de abril de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador Naya, presentaron esta ma\u00f1\u00e1 en rolda de prensa, os dous novos investigadores que incorpora a Academia co programa InTalent UDC-Inditex: M\u00f3nica Ferr\u00edn Pereira e Jos\u00e9 A. Iglesias Guiti\u00e1n.<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, M\u00f3nica Ferr\u00edn manifestou a s\u00faa satisfacci\u00f3n por volver a Galicia despois de vinte anos f\u00f3ra e agradeceu efusivamente ao programa InTalent UDC-Inditex que faga posible este retorno. \u201cEstou moi agradecida a Inditex por abrir as portas da investigaci\u00f3n para vir a Espa\u00f1a. Inditex abre un pouco de luz neste panorama negro que temos moitos investigadores\u201d, declarou. Pola s\u00faa banda, Jos\u00e9 Iglesias sumouse aos agradecementos \u00e1 multinacional e \u00e1 UDC \u201cpor facer posible este acordo que nos trae de volta a casa\u201d, no seu caso foron doce os anos que estivo f\u00f3ra de Galicia.<\/p>\n<p>O reitor cualificou o d\u00eda de hoxe como \u201cmoi importante para a UDC\u201d porque, \u201cfacemos realidade a incorporaci\u00f3n de dous novos investigadores de magn\u00edfico nivel\u201d. Abalde anunciou que a UDC est\u00e1 ultimando un programa para que estes investigadores InTalent UDC-ITX poidan incorporarse ao plantel da Universidade ao remate do seu contrato de tres anos como InTalent. O reitor agradeceu calurosamente o apoio de Inditex a este programa de captaci\u00f3n de talento que se convertiu nun selo de calidade para a Universidade da Coru\u00f1a. \u201cO programa InTalent UDC-Inditex \u00e9 xa unha se\u00f1a de identidade pola que a UDC \u00e9 reco\u00f1ecida a nivel internacional\u201d, manifestou e destacou a importancia do programa para captar talento de referencia internacional pero tam\u00e9n para que investigadores de alto nivel poidan regresar \u00e1 comunidade en que se formaron, como o caso destes dous cient\u00edficos: Ferr\u00edn na USC e Iglesias na UDC; subli\u00f1ou ademais un efecto non buscado pero si destacable como \u00e9 que dos seis investigadores, tres son mulleres. \u201cNon foi un efecto buscado porque as solicitudes aval\u00edanse en base ao seu curriculum acad\u00e9mico e profesional, pero \u00e9 moi satisfactorio ter esta paridade e ademais incorporar investigadores de todas as \u00e1reas de co\u00f1ecemento\u201d, destacou.<\/p>\n<p>Nesta terceira convocatoria do InTalent UDC-Inditex present\u00e1ronse 106 solicitudes de investigadores do m\u00e1ximo prestixio de 26 nacionalidades, como puxo de relevo o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia. O programa, moi competitivo, estipula uns requisitos m\u00ednimos de alto nivel como ter dous anos de experiencia no estranxeiro e unha traxectoria investigadora importante que \u00e9 avaliada por un tribunal externo internacional. \u201cPolas solicitudes recibidas vemos que hai moitos investigadores que queren retornar\u201d, declarou Salvador Naya. O vicerreitor destacou tam\u00e9n o impacto internacional que ten este programa, que foi posto pola OCDE como exemplo de caso de \u00e9xito nas relaci\u00f3ns da universidade coa empresa, ou pola asociaci\u00f3n ECUSA, Espa\u00f1oles Cient\u00edficos en USA, moi interesados neste programa como v\u00eda de retorno ao pa\u00eds.<\/p>\n<p><strong>Jos\u00e9 A. Iglesias Guiti\u00e1n<\/strong> \u00e9 investigador en Ciencias da Computaci\u00f3n. A s\u00faa especializaci\u00f3n \u00e9 a computaci\u00f3n visual e a computaci\u00f3n gr\u00e1fica. Actualmente traballa no Centre de Visi\u00f2 per Computador e \u00e9 investigador asociado da Universitat Aut\u00f2noma de Barcelona, colaborando tam\u00e9n como docente. A s\u00faa actividade investigadora actual c\u00e9ntrase na exploraci\u00f3n de t\u00e9cnicas de rendering e iluminaci\u00f3n avanzadas para a visualizaci\u00f3n cient\u00edfica, e m\u00e1is recentemente para a s\u00faa aplicaci\u00f3n en simuladores virtuais. Anteriormente traballou durante case dous anos para The Walt Disney Company e Disney Research. Incorporarase \u00e1 UDC o vindeiro mes de setembro. Ao longo da s\u00faa carreira investigadora publicou 14 artigos en revistas, nove dos cales est\u00e1n publicados no top 3 na listaxe de revistas referenciadas en computaci\u00f3n gr\u00e1fica. \u00c9 co-inventor de tres patentes en USA e foi galardonado cun Disney Inventor Award en 2016.<\/p>\n<p><strong>Proxecto<\/strong><\/p>\n<p>O seu proxecto de investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase na exploraci\u00f3n de t\u00e9cnicas de rendering e iluminaci\u00f3n avanzadas para a visualizaci\u00f3n cient\u00edfica, as\u00ed como a s\u00faa recente adopci\u00f3n en simuladores virtuais e para a xeraci\u00f3n sint\u00e9tica de datos e imaxes m\u00e1is realistas. A computaci\u00f3n visual rev\u00e9lase como unha alternativa extremadamente potente para a xeraci\u00f3n sint\u00e9tica de datos e imaxes que poden incrementar as capacidades actuais da intelixencia artificial, a visi\u00f3n por computador ou sinxelamente das propias habilidades humanas \u00e1 hora de desenvolver tarefas particularmente complicadas ou tediosas (p.ex. comunicaci\u00f3n e diagn\u00f3sticos m\u00e9dicos, anotaci\u00f3n autom\u00e1tica de mill\u00f3ns de imaxes, etc.). A obtenci\u00f3n de grandes cantidades de datos, necesarios para alimentar os actuais algoritmos de intelixencia artificial, pode supo\u00f1er un dos principais obst\u00e1culos \u00e1 hora de avanzar nunha soluci\u00f3n baseada na aprendizaxe m\u00e1quina. Unha direcci\u00f3n prometedora para tratar este problema pasa por xerar as imaxes e os datos necesarios de forma dixital, \u00e9 dicir, utilizando simulaci\u00f3ns virtuais xeradas por un computador dentro dun mundo virtual que modela aqueles aspectos do mundo real a ter en conta para a soluci\u00f3n dun problema dado. A mellora das t\u00e9cnicas de computaci\u00f3n gr\u00e1fica axudar\u00e1 \u00e1 produci\u00f3n de novas imaxes sint\u00e9ticas m\u00e1is realistas, as\u00ed como aumentar as bases de datos xa existentes. Este proxecto pretende avanzar o noso co\u00f1ecemento sobre os procesos para a xeraci\u00f3n sint\u00e9tica de imaxes, as\u00ed como estudar o impacto nos futuros sistemas de visi\u00f3n e aprendizaxe m\u00e1quina. Como posibles campos de aplicaci\u00f3n para esta investigaci\u00f3n utilizaranse exemplos de imaxe m\u00e9dica ou simuladores virtuais de tr\u00e1fico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>M\u00f3nica Ferr\u00edn<\/strong> <strong>Pereira<\/strong> licenciouse en Ciencias Pol\u00edticas e da Administraci\u00f3n na Universidade de Santiago de Compostela. \u00c9 doutora en Ciencias Pol\u00edticas e Sociais polo Instituto Universitario Europeo, un centro internacional para estudos doutorais e pos-doutorais financiado pola Comisi\u00f3n Europea e os estados membro da UE. A s\u00faa tese doutoral <em>\u00bfQue \u00e9 a democracia para os cidad\u00e1ns?<\/em> (<em>What is democracy to citizens?<\/em>) obtivo o Premio Juan Linz \u00e1 mellor tese de doutormento en Ciencia Pol\u00edtica polo Centro de Estudos Pol\u00edticos e Constitucionais.<\/p>\n<p>Traballou como profesora e investigadora pos-doutoral no Collegio Carlo Alberto de Tur\u00edn e na Universidade de Zurich, onde participou en numerosos proxectos nacionais e internacionais. Foi ademais membro do comit\u00e9 de expertos da OCDE para a medici\u00f3n da confianza pol\u00edtica e social. Ten publicados numerosos cap\u00edtulos e artigos en editoriais de prestixio internacional.<\/p>\n<p><strong>Proxecto<\/strong><\/p>\n<p>M\u00f3nica Ferr\u00edn traballa actualmente en d\u00faas li\u00f1as de investigaci\u00f3n: 1) o estudo das actitudes dos Europeos cara \u00e1 democracia; e 2) a desigualdade de x\u00e9nero na esfera p\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>As actitudes dos Europeos cara \u00e1 democracia<\/strong>: Un dos principais retos das democracias europeas na actualidade \u00e9 o descontento cidad\u00e1 coa democracia; descontento que se incrementou despois da grande crise econ\u00f3mica que afectou \u00e1 maior\u00eda dos pa\u00edses en Europa. O obxecto desta investigaci\u00f3n \u00e9 estudar os cambios nas actitudes dos europeos cara \u00e1 democracia despois da \u201cgrande crise\u201d e as causas da insatisfacci\u00f3n cidad\u00e1: estamos ante unha crise da democracia? Para responder a esta pregunta, M\u00f3nica Ferr\u00edn traballa no dese\u00f1o dunha enquisa sobre as actitudes cara \u00e1 democracia que levar\u00e1 a cabo a Enquisa Social Europea (<a href=\"http:\/\/www.europeansocialsurvey.org\">www.europeansocialsurvey.org<\/a>) no 2020\/2021, e na que participar\u00e1n cidad\u00e1ns da maior\u00eda dos pa\u00edses europeos.<\/p>\n<p><strong>A desigualdade de x\u00e9nero na esfera p\u00fablica<\/strong>: Non todos os cidad\u00e1ns participan en igual medida na esfera pol\u00edtica. Isto implica unha serie de problemas normativos, xa que unha desigual participaci\u00f3n pol\u00edtica leva aparellada unha desigual representaci\u00f3n pol\u00edtica. O caso das mulleres \u00e9 especialmente flagrante, xa que son m\u00e1is da metade da poboaci\u00f3n. A\u00ednda hoxe en d\u00eda e a pesar dos moitos esforzos no conseguir a igualdade de x\u00e9nero, as mulleres participan menos na pol\u00edtica que os homes na maior\u00eda dos pa\u00edses. O obxectivo deste proxecto \u00e9 estudar as raz\u00f3ns polas que as mulleres participan menos na pol\u00edtica e, por extensi\u00f3n, na esfera p\u00fablica.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>InTalent UDC-Inditex<\/strong> \u00e9 un proxecto de colaboraci\u00f3n entre a Universidade da Coru\u00f1a e a empresa Inditex para a retenci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e captaci\u00f3n de talento investigador co obxectivo de xerar tecido cient\u00edfico e investigador de excelencia no seo da Universidade coru\u00f1esa. \u00c9 un programa singular e \u00fanico en Espa\u00f1a. O reitor da UDC, Julio Abalde, e o presidente de Inditex, Pablo Isla, asinaron o convenio de creaci\u00f3n deste programa en outubro de 2016, no que a multinacional se comprometeu a financiar esta iniciativa con 1.450.000 euros. Este programa permitiu xa a incorporaci\u00f3n de catro investigadores de referencia internacional que desenvolven a s\u00faa actividade investigadora na UDC, ao que agora se suman Jos\u00e9 A. Iglesias e M\u00f3nica Ferr\u00edn.<\/p>\n<p><strong>Elena Pazos<\/strong>, co proxecto: \u201cDesenvolvemento de ferramentas qu\u00edmicas con aplicaci\u00f3ns en biomedicina\u201d.<\/p>\n<p><strong>Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s<\/strong>: \u201cBeneficios e impactos sociais das pol\u00edticas de conservaci\u00f3n ambiental na Europa post-crise: o caso galego\u201d.<\/p>\n<p><strong>Ana Rey<\/strong>: \u201cUso de biomateriais polim\u00e9ricos como sistemas de liberaci\u00f3n controlada de vectores non virais en rexeneraci\u00f3n de cart\u00edlago\u201d.<\/p>\n<p><strong>Jorge Ledo<\/strong>: \u201cTeor\u00eda comunicativa e transformaci\u00f3n hist\u00f3rica entre o outono da Idade Media e o comezo da modernidade\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 24 de abril de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9291,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9290"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9290"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9290\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10287,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9290\/revisions\/10287"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9291"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9290"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9290"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9290"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}