{"id":9296,"date":"2019-03-27T11:02:48","date_gmt":"2019-03-27T10:02:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9296"},"modified":"2026-03-17T10:11:39","modified_gmt":"2026-03-17T09:11:39","slug":"terapia-ocupacional-proxecta-a-sua-internacionalizacion-segundo-destacou-a-decana-de-cc-da-saude-na-reunion-do-reitor-na-facultade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/terapia-ocupacional-proxecta-a-sua-internacionalizacion-segundo-destacou-a-decana-de-cc-da-saude-na-reunion-do-reitor-na-facultade\/","title":{"rendered":"Terapia Ocupacional proxecta a s\u00faa internacionalizaci\u00f3n, segundo destacou a decana de CC. da Sa\u00fade na reuni\u00f3n do reitor na facultade"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 27 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita Amor, e o vicerreitor de Profesorado e Planificaci\u00f3n Docente, Alberto Valderruten, mantiveron o pasado 11 de marzo un encontro coa comunidade acad\u00e9mica da Facultade de Ciencias da Sa\u00fade.<\/p>\n<p>Cunhas palabras de benvida a cargo da decana, Adriana \u00c1lvarez, o reitor expuxo o seu discurso habitual nas reuni\u00f3ns en todos os centros, coa explicaci\u00f3n dos obxectivos de inicio de mandato e os proxectos que se est\u00e1n levando a cabo en docencia, investigaci\u00f3n, transferencia e internacionalizaci\u00f3n. Actualizar a oferta docente, modificando titulaci\u00f3ns e introducindo outras novas co criterio de que cubran necesidades de formaci\u00f3n dos sectores produtivos na comunidade galega, foi o reto correspondente \u00e1 parte de docencia. Na \u00e1rea de investigaci\u00f3n, primouse a concorrencia \u00e1s convocatorias de proxectos europeos, debido ao escaso ou nulo apoio \u00e1 investigaci\u00f3n na Comunidade Aut\u00f3noma e no Estado naqueles momentos. As convocatorias da UE son complexas e complicadas polo que se reforzou o acompa\u00f1amento aos grupos de investigaci\u00f3n. Este esforzo est\u00e1 empezando a dar os seus froitos, xa que o ano pasado a UDC obtivo un r\u00e9cord de financiamento con m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de euros para investigaci\u00f3n, as\u00ed como se superou o n\u00famero de solicitudes presentadas \u00e1s convocatorias internacionais. O reitor lamentou que o esforzo da universidade non se acompa\u00f1e dun apoio institucional do goberno auton\u00f3mico en Bruxelas como si ocorre no Pa\u00eds Vasco e en Catalu\u00f1a. En canto \u00e1 transferencia, Abalde asegurou que \u201ca instituci\u00f3n ten que ser proactiva na busca de espazos de colaboraci\u00f3n coa empresa\u201d. Como resultado m\u00e1is visible desta relaci\u00f3n entre a universidade e o sector produtivo, ampliouse o n\u00famero de c\u00e1tedras con empresas de tres a once. Finalmente, no tocante \u00e1 internacionalizaci\u00f3n, tr\u00e1tase de intensificar a mobilidade do alumnado, este curso a UDC recibe m\u00e1is de 650 alumnos estranxeiros, ademais de atraer alumnado para que curse aqu\u00ed toda a s\u00faa titulaci\u00f3n de grao, mestrado ou doutoramento. Nestes \u00faltimos niveis \u00e9 m\u00e1is doado, pero no caso dos graos \u00e9 moi dif\u00edcil polo sistema de acceso \u00e1 universidade coa selectividade. Tam\u00e9n houbo un esforzo por intensificar a internacionalizaci\u00f3n na UDC, cun incremento dos itinerarios en ingl\u00e9s e un grao pluriling\u00fce: o Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, ademais da oferta de dobres t\u00edtulos internacionais, que no caso dos graos son catro: ADE, Inform\u00e1tica, Dereito e Ingl\u00e9s.<\/p>\n<p>Todas estas li\u00f1as de actuaci\u00f3n, explicou o reitor, son dif\u00edciles de xestionar coa actual estrutura universitaria polo que se organizou en base aos campus de especializaci\u00f3n, que son elementos de coordinaci\u00f3n, de co\u00f1ecemento entre as distintas estruturas, vinculados a unhas \u00e1reas de especializaci\u00f3n concretas. F\u00edxose unha valoraci\u00f3n das \u00e1reas en que a UDC ten fortaleza en temas de docencia, investigaci\u00f3n e transferencia e determin\u00e1ronse as especialidades de Campus Industrial de Ferrol, e na Coru\u00f1a, Campus Sustentabilidade e Campus Innova. Sustentabilidade entendida como un concepto transversal, ademais de implicar a todos os centros relacionados coa construci\u00f3n e a edificaci\u00f3n, po\u00f1er de relevo a econom\u00eda circular, a sustentabilidade social e a calidade de vida. Innova centrado na innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica coas tres li\u00f1as: Innova TIC, Innova Tech e Innova Humanitas. A estes campus est\u00e1n adscritos os novos t\u00edtulos: Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda e Grao en Paisaxe, interuniversitario coa USC, xa implantados este curso e, o pr\u00f3ximo, Grao en Xesti\u00f3n da Informaci\u00f3n e a Documentaci\u00f3n Dixital, Grao Dual en Enxe\u00f1ar\u00eda Electr\u00f3nica (primeiro dual do Sistema Universitario Galego); Grao en Ciencia e Enxe\u00f1ar\u00eda de Datos e Grao en Creaci\u00f3n Dixital, Animaci\u00f3n e Videoxogos; mentres que para o seguinte haber\u00e1 o Grao en Nanociencia e Nanotecnolox\u00eda. Todo isto, apuntou Abalde, nunha situaci\u00f3n econ\u00f3mica complicada e complexa, na que priorizamos o mantemento do plantel de persoal, tanto de PDI como de PAS e as axudas ao estudantado. O reitor puxo cifras sobre a mesa, se no ano 2010 o gasto en persoal era de 77M\u20ac dun orzamento de 139M\u20ac; no 2019, este mesmo persoal custa 96M\u20ac, dun orzamento de 129M\u20ac.<\/p>\n<p>Logo da exposici\u00f3n do reitor, a decana explicou alg\u00fans dos proxectos da facultade, como a intenci\u00f3n de facer un dobre t\u00edtulo cunha universidade inglesa que a\u00ednda non se puido materializar e que tam\u00e9n est\u00e1n a ter contactos con Holanda e Latinoam\u00e9rica, concretamente, o vindeiro mes manter\u00e1n unha reuni\u00f3n con reitores da Rep\u00fablica Dominicana interesados en colaborar co Grao en Terapia Ocupacional. Un dos profesores manifestou a s\u00faa queixa polo mal funcionamento do ascensor no edificio de Terapia Ocupacional, un problema que o reitor asegurou co\u00f1ecer e que estaban mirando de solucionar. Os programa de incorporaci\u00f3n do PDI tam\u00e9n foron obxecto de debate por parte dos asistentes que comentaron as distintas figuras de acceso ao corpo docente. Abalde afirmou que o \u00fanico criterio para a incorporaci\u00f3n de profesorado \u00e9 a carga docente e xunto co vicerreitor de Profesorado explicaron as v\u00edas de acceso e os baremos requiridos. O reitor lamentou neste sentido a actuaci\u00f3n da Xunta, \u00e1 que lle pide un programa de entrada para investigadores, non s\u00f3 de programas de captaci\u00f3n de talento propios da UDC como o InTalent, sen\u00f3n tam\u00e9n Ram\u00f3n y Cajal ou Marie Curie, entre outros.<\/p>\n<p>Valderruten ampliou a informaci\u00f3n das convocatorias de profesorado da Oferta de Emprego P\u00fablico deste ano que cubrir\u00e1n a principal bolsa de acreditados e que para o pr\u00f3ximo ano se espera que siga con este ritmo de novas prazas. A decana pediu tam\u00e9n sinalizaci\u00f3n p\u00fablica do edificio do Grao en Terapia Ocupacional que o reitor manifestou que est\u00e1 en marcha. A reuni\u00f3n finalizou co tema da nova normativa das pr\u00e1cticas que a vicerreitora de Estudantes adiou como m\u00ednimo ao pr\u00f3ximo curso pois o goberno estatal ten que facer un regulamento que desenvolva esa normativa.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 27 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita Amor,<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9297,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9296"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9296"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9296\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10294,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9296\/revisions\/10294"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9297"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9296"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9296"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9296"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}