{"id":9302,"date":"2019-03-04T11:14:37","date_gmt":"2019-03-04T10:14:37","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9302"},"modified":"2026-03-17T10:13:19","modified_gmt":"2026-03-17T09:13:19","slug":"proponen-converter-as-bibliotecas-en-espazos-abertos-as-novas-necesidades-do-alumnado-na-reunion-do-reitor-na-escola-de-arquitectura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/proponen-converter-as-bibliotecas-en-espazos-abertos-as-novas-necesidades-do-alumnado-na-reunion-do-reitor-na-escola-de-arquitectura\/","title":{"rendered":"Propo\u00f1en converter as bibliotecas en espazos abertos \u00e1s novas necesidades do alumnado, na reuni\u00f3n do reitor na Escola de Arquitectura"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 4 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita Amor, reun\u00edronse o pasado 21 de febreiro coa comunidade universitaria da Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura, dentro da rolda de contactos que o equipo de goberno da UDC establece todos os cursos en todos os centros.<\/p>\n<p>O reitor comezou a reuni\u00f3n lamentando o recente pasamento do profesor desta escola Manuel Franco Taboada, as\u00ed como valorou a concesi\u00f3n do Premio Nacional de Arquitectura ao docente Manuel Gallego Jorreto. \u201c\u00c9 unha honra para o noso Claustro contar cun arquitecto con dous premios nacionais\u201d, manifestou Abalde quen de seguido comentou os proxectos que est\u00e1 a desenvolver o seu equipo, vinculados cos obxectivos marcados no inicio de mandato. Revisar e actualizar a oferta acad\u00e9mica as\u00ed como implantar novas titulaci\u00f3ns; potenciar a investigaci\u00f3n, sobre todo as convocatorias de proxectos internacionais e aumentar a internacionalizaci\u00f3n da universidade. No que respecta \u00e1 investigaci\u00f3n, froito dun maior apoio aos grupos de investigaci\u00f3n o ano pasado acadouse un r\u00e9cord de solicitudes de proxectos europeos as\u00ed como en fondos conseguidos con m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de euros. Neste\u00a0 tempo tam\u00e9n se puxo en marcha o programa de captaci\u00f3n de talento investigador InTalent da UDC e a empresa Inditex coa incorporaci\u00f3n de investigadores de nivel internacional de moi alto nivel. Sobre o incremento de alumnado estranxeiro, potenci\u00e1ronse os convenios de mobilidade bilateral e os itinerarios de docencia en ingl\u00e9s para atraer m\u00e1is alumnado for\u00e1neo conseguindo incrementar tanto o n\u00famero de alumnado de intercambio como o que v\u00e9n realizar toda a titulaci\u00f3n, a\u00ednda que no caso dos graos ten a dificultade adicional do acceso \u00e1 universidade.<\/p>\n<p>Todo isto foise organizando arredor dos campus de especializaci\u00f3n, que se estableceron de resultas de determinar as \u00e1reas en que a UDC \u00e9 m\u00e1is representativa. Os campus de especializaci\u00f3n engloban actividades desenvolvidas nestas tres \u00e1reas: docencia, investigaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n. O Campus Industrial, en Ferrol, leva xa dous anos implantado con moi bos resultados e agora est\u00e1n recentemente implantados na Coru\u00f1a o Campus Sustentabilidade e o Campus Innova. O Campus Sustentabilidade concretouse pola fortaleza da UDC en materia da sustentabilidade desde un punto de vista de medio ambiente e organizaci\u00f3n do territorio pero tam\u00e9n no referente \u00e1 calidade de vida e econom\u00eda circular. A UDC \u00e9 a \u00fanica universidade no norte de Espa\u00f1a cunha importante oferta de titulaci\u00f3ns na \u00e1rea da edificaci\u00f3n e da construci\u00f3n como Estudos de Arquitectura, Arquitectura T\u00e9cnica, Enxe\u00f1ar\u00eda Civil, Enxe\u00f1ar\u00eda de Obras P\u00fablicas, Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oc\u00e9anica e Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial.<\/p>\n<p>Polo que respecta ao Campus Innova est\u00e1 relacionado coas tecnolox\u00edas TIC, con tres li\u00f1as: InnovaTIC, InnovaTech e InnovaHumanitas.<\/p>\n<p>Agora estamos, dixo o reitor, \u201cno momento de maduraci\u00f3n de todos os procesos\u201d. As novas propostas de titulaci\u00f3ns est\u00e1n vinculadas \u00e1s especializaci\u00f3ns propostas. O Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, primeiro do Sistema Universitario Galego multiling\u00fce en ingl\u00e9s, e o Grao Dual en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica, primeiro dual do SUG, no Campus Industrial; o Grao en Paisaxe, primeiro interuniversitario de Galicia cos dous primeiros cursos no Campus de Lugo e os dous \u00faltimos na Escola de Arquitectura, vencellado ao Campus Sustentabilidade; e o Grao en Ciencia e Enxe\u00f1ar\u00eda de Datos, o Grao en Creaci\u00f3n Dixital, Animaci\u00f3n e Videoxogos e o Grao en Xesti\u00f3n da Informaci\u00f3n e da Documentaci\u00f3n Dixital, ligados ao Campus Innova. Son graos transversais, definiu Abalde, propostas dunha comisi\u00f3n intercentros. \u201cSeguimos sendo unha universidade xeralista pero con determinadas \u00e1reas que poden ser puntas de lanza\u201d, engadiu.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Pr\u00e1cticas laborais<\/strong><\/p>\n<p>Finalizada a s\u00faa exposici\u00f3n, comezou o coloquio, moderado polo director da Escola, Fernando Agrasar, coa intervenci\u00f3n dun alumno que considera que o salario de 800 euros ao mes das bolsas para rec\u00e9n titulados que ofrecen Feuga e Fuac son \u201cmoi baixas\u201d. O reitor considera que m\u00e1is que a cont\u00eda do primeiro acceso ao mercado laboral interesa a calidade da formaci\u00f3n que reciben os titulados. Para Abalde as pr\u00e1cticas en empresas est\u00e1n dando \u201cmoi bos resultados de inserci\u00f3n laboral\u201d toda vez que antes de Bolo\u00f1a non exist\u00eda esta posibilidade. Reflexionou as\u00ed mesmo sobre as consecuencias que pode traer a nova normativa que imp\u00f3n a cotizaci\u00f3n dos bolseiros \u00e1 Seguridade Social que teme poida inhibir \u00e1s empresas. Como insistise o alumno neste tema, o director da ETSAC apuntou que todas as pr\u00e1cticas extracurriculares que oferta a Escola son remuneradas, ademais de insistir na vixilancia que te\u00f1en sobre as mesmas.<\/p>\n<p>Un dos docentes plantexou a posibilidade de copiar o modelo do Centro de Linguas para os cursos de formaci\u00f3n e capacitaci\u00f3n que ofrecen na ETSAC ao seu alumnado de forma gratu\u00edta. O reitor aceptou a proposta. \u201cSe plantexades un proxecto, estudari\u00e1molo\u201d, dixo, pero especificou que o modelo do Centro de Linguas require unha planificaci\u00f3n previa, e unha estrutura autofinanciable polo que non poder\u00edan ser cursos gratu\u00edtos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Cidade das TIC<\/strong><\/p>\n<p>Na conversa inquiriron ao reitor polo edificio para as universidades que se est\u00e1 a constru\u00edr na Cidade da Cultura e polo proxecto denominado Cidade das TIC. Abalde explicou que o edificio da Cidade da Cultura \u00e9 un proxecto da Xunta para albergar varias entidades de coordinaci\u00f3n universitaria como o Consorcio Interuniversitario, a CIUG, Acsug ou Bugalicia.<\/p>\n<p>Sobre a Cidade das TIC, o reitor explicou que \u00e9 un proxecto da UDC en colaboraci\u00f3n coa Cl\u00faster TIC de Galicia que demanda unha maior interacci\u00f3n cos grupos de investigaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a. Xa se est\u00e1 a facer no centro de investigaci\u00f3n da UDC, CITIC, \u201cpero \u00e9 insuficiente polo que o Cl\u00faster nos plantexou esta demanda e elaboramos un proxecto\u201d. O reitor avanzou a participaci\u00f3n da ETSAC no desenvolvemento do proxecto, se chega realizarse, pois o que se plantexa \u00e9 basicamente \u201cun barrio industrial tecnol\u00f3xico\u201d. \u201cEste \u00e9 un proxecto de importancia non s\u00f3 para a cidade da Coru\u00f1a sen\u00f3n para toda Galicia\u201d, subli\u00f1ou o reitor. Neste sector, abundou, traballan m\u00e1is de 22.000 persoas e factura m\u00e1is de dous mil mill\u00f3ns de euros anuais. O 45% do persoal e m\u00e1is da metade da facturaci\u00f3n est\u00e1n na Coru\u00f1a. \u201cQue este sector valore estar cerca da UDC \u00e9 unha oportunidade para n\u00f3s e seguiremos insistindo con este proxecto\u201d, apostou.<\/p>\n<p>Un dos docentes comentou que o baremo para a contrataci\u00f3n dos profesores \u201c\u00e9 moi r\u00edxido\u201d e non valora suficiente a experiencia laboral. Abalde manifestou a s\u00faa comprensi\u00f3n pero tam\u00e9n arg\u00fc\u00edu que os avaliados requiren uns baremos establecidos previamente para evitar discrecionalidades. Tam\u00e9n se manifestaron na reuni\u00f3n as rixideces \u00e1 hora de constitu\u00edr tribunais cunha necesidade de mobilidade entre \u00e1reas. Abalde coincidiu en defender a transversalidade \u201cporque non existen \u00e1reas de co\u00f1ecemento nas titulaci\u00f3ns, s\u00f3 existen \u00e1 hora do reparto de materias\u201d. \u201cNon podo estar m\u00e1is de acordo contigo\u201d, reiterou, \u201ctemos que ir pola colaboraci\u00f3n entre \u00e1reas porque as novas titulaci\u00f3ns son transversais\u201d.<\/p>\n<p>Outro dos alumnos lamentou a falta de espazo para facer traballos en grupo. \u201cTraballamos con maquetas voluminosas e temos dificultades de espazo para reunirnos\u201d, queixouse. A vicerreitora de Estudantes avanzou que se est\u00e1 a preparar un espazo para os traballos en grupo do alumnado no Pavill\u00f3n de Estudantes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Bibliotecas<\/strong><\/p>\n<p>Un dos bibliotecarios presentes apuntou que as estat\u00edsticas de pr\u00e9stamos de libros f\u00edsicos levan cinco anos caendo en cifras moi importantes. Engadiu que as bibliotecas universitarias est\u00e1n a vivir uns cambios radicais de funci\u00f3ns e de actuaci\u00f3ns, convert\u00e9ndose en oficinas de apoio e soporte \u00e1 investigaci\u00f3n, as\u00ed como en centros de traballo en grupo para o alumnado, centros de difusi\u00f3n do co\u00f1ecemento con charlas de interese para a comunidade acad\u00e9mica, etc. Na UDC, declarou, \u201cagora \u00e9 o momento de iniciar esa conversaci\u00f3n sobre o futuro das bibliotecas cos novos perf\u00eds necesarios\u201d. O reitor manifestou a s\u00faa total adhesi\u00f3n a esta iniciativa, na que xa quixo traballar na s\u00faa etapa como vicerreitor de T\u00edtulos. Abalde explicou ademais que a UDC \u00e9 das poucas universidades que ten unha biblioteca en cada centro o que pode favorecer este proxecto. O reitor considera ademais que o persoal da biblioteca da UDC, moi ben formado, poder\u00eda ser un servizo de apoio para profesorado e alumnado en temas de tratamento da informaci\u00f3n; e valorou as s\u00faas iniciativas, referencia internacional, como o repositorio onde est\u00e1n os TFG, TFM e teses de doutoramento. O reitor considerou moi interesante a proposta presentada.<\/p>\n<p>Un dos docentes queixouse de que a participaci\u00f3n do alumnado nas enquisas de valoraci\u00f3n do profesorado, Docentia, \u00e9 moi baixa. \u201cAs enquisas son fundamentais, eu quero saber que opinan os meus alumnos\u201d, declarou. O reitor reco\u00f1eceu que a participaci\u00f3n \u00e9 escasa, a\u00ednda que vai por centros, alg\u00fans acadan un significativo 30% de participaci\u00f3n e outros s\u00f3 un 2%. Abalde animou a todo o profesorado e ao centro en xeral a estimular a participaci\u00f3n do estudantado. Na reuni\u00f3n, o alumnado demandou varias obras de mellora do edificio da escola e do seu contorno, como o repintado dun paso de pe\u00f3ns, competencia municipal; e varias medidas de aproveitamento enerx\u00e9tico. O reitor explicou que a actuaci\u00f3n sobre a edificaci\u00f3n, de gran envergadura, est\u00e1 realiz\u00e1ndose en varias fases, a primeira xa se realizou, a segunda est\u00e1 en proxecto e a\u00ednda quedar\u00eda algunha m\u00e1is que se est\u00e1 negociando. Engadiu o reitor que o orzamento anual para obras de toda a universidade \u00e9 de s\u00f3 un mill\u00f3n de euros. Lembrou tam\u00e9n as prioridades orzamentarias do seu equipo de goberno que son manter o plantel de persoal e manter as axudas ao estudantado, que superan os dous mill\u00f3ns de euros ao ano. A UDC gasta cada ano 300.000 euros en axudas ao bonob\u00fas, por exemplo. \u201c\u00c9 a nosa decisi\u00f3n polo que a reformas de obras ter\u00e1n que esperar\u201d, rematou.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 4 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9303,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9302"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9302"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9302\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10297,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9302\/revisions\/10297"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9303"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9302"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9302"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9302"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}