{"id":9308,"date":"2019-03-01T11:20:48","date_gmt":"2019-03-01T10:20:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9308"},"modified":"2026-03-17T10:15:35","modified_gmt":"2026-03-17T09:15:35","slug":"a-decana-de-socioloxia-constata-avances-nesta-facultade-na-renunion-do-reitor-e-do-seu-equipo-neste-centro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/a-decana-de-socioloxia-constata-avances-nesta-facultade-na-renunion-do-reitor-e-do-seu-equipo-neste-centro\/","title":{"rendered":"A decana de Sociolox\u00eda constata avances nesta facultade na renuni\u00f3n do reitor e do seu equipo neste centro"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 1 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, reuniuse o pasado 18 de febreiro coa comunidade universitaria \u2013profesorado, persoal de administraci\u00f3n e servizos e estudantado- da Facultade de Sociolox\u00eda, xunto coa vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a vicerreitora de Internacionalizaci\u00f3n e Cooperaci\u00f3n, Pilar Garc\u00eda de la Torre, e o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador Naya.<\/p>\n<p>A reuni\u00f3n, habitual do reitor e do seu equipo todos os cursos en todos os centros, ten como obxectivo explicar os proxectos que se est\u00e1n desenvolvendo desde a Reitor\u00eda e escoitar as peculiaridades de cada unha das facultades. Abalde comezou lembrando as tres li\u00f1as estrat\u00e9xicas nas que se estaba traballando: docencia, investigaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n. No que respecta \u00e1 docencia, o obxectivo \u00e9 actualizar e completar a oferta docente con novos t\u00edtulos; a mellora en canto \u00e1 investigaci\u00f3n e transferencia pasa por dar un maior apoio aos grupos de investigaci\u00f3n para que concorran a convocatorias europeas e abrirse m\u00e1is \u00e1 sociedade e \u00e1 empresa. De forma transversal, tratouse a internacionalizaci\u00f3n coa incorporaci\u00f3n de m\u00e1is alumnado estranxeiro, non s\u00f3 para mobilidades dun cuadrimestre sen\u00f3n para que realicen na UDC todo o grao ou o mestrado, a\u00ednda que a incorporaci\u00f3n no grao ten especiais dificultades polo acceso \u00e1 universidade.<\/p>\n<p>Estes tres eixos integr\u00e1ronse no proxecto de especializaci\u00f3n dos campus, do que xurdiron o Campus Industrial de Ferrol e o Campus Sustentabilidade e Campus Innova, na Coru\u00f1a. Todos estes procesos est\u00e1n desenvolv\u00e9ndose e os primeiros resultados foron a implantaci\u00f3n, este curso, dos novos t\u00edtulos: Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, primeiro en Galicia multiling\u00fce en ingl\u00e9s; e o Grao en Paisaxe, coa USC, primeiro interuniversitario de Galicia. O pr\u00f3ximo curso prevese que comecen o Grao en Ciencia e Enxe\u00f1ar\u00eda de Datos, Grao en Creaci\u00f3n Dixital, Animaci\u00f3n e Videoxogos, o Grao en Informaci\u00f3n e Documentaci\u00f3n Dixital e o Grao Dual en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica, primeiro dual do Sistema Universitario Galego.<\/p>\n<p>Os campus de especializaci\u00f3n te\u00f1en d\u00faas vertentes, continuou a explicar o reitor, por un lado, coordinar toda esta nova estrutura, crear sinerx\u00edas e dar soporte a actividades relacionadas e, polo outro, conseguir financiamento estrutural para a UDC, xa que o financiamento que se consegue para investigaci\u00f3n \u00e9 financiamento finalista.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Men\u00fas saudables<\/strong><\/p>\n<p>A decana de Sociolox\u00eda, Raquel Mart\u00ednez, abriu a continuaci\u00f3n o debate pero antes quixo po\u00f1er en antecedentes ao equipo de goberno de Abalde sobre alg\u00fans dos proxectos que a facultade est\u00e1 a realizar en sinton\u00eda cos campus de especializaci\u00f3n, tanto co de Sustentabilidade como no de Innova, as\u00ed como no programa da UDC Green Campus para fomentar a calidade de vida do persoal e do alumnado, neste sentido avanzou un cambio nas m\u00e1quinas de vending que contar\u00e1n con produtos saudables, as\u00ed como a incorporaci\u00f3n na UDC dunha dietista que faga m\u00e1is sanos os men\u00fas dos comedores, cun 60% de comida saudable. A decana avanzou tam\u00e9n outras medidas de mellora da facultade como a reformulaci\u00f3n do plan de acci\u00f3n titorial coa implicaci\u00f3n do alumnado, as\u00ed como do Traballo Fin de Grao no que introduciron un Premio Extraordinario. Mart\u00ednez adiantou un plan de fomento das pr\u00e1cticas en empresas estranxeiras para o que est\u00e1n xa establecendo os contactos oportunos. O reitor felicitou ao equipo decanal e a toda a facultade por estas iniciativas. Pola s\u00faa banda, a vicerreitora de Internacionalizaci\u00f3n apuntou que existen varios programas para potenciar as pr\u00e1cticas en empresas estranxeiras que poden ser de interese neste proceso de internacionalizaci\u00f3n de Sociolox\u00eda, tanto para as pr\u00e1cticas curriculares como para as extracurriculares, mesmo explicou a posibilidade que hai de traer ao profesional da empresa for\u00e1nea para que imparta na UDC unhas clases, o que constit\u00fae unha visi\u00f3n do sector empresarial moi interesante.<\/p>\n<p>Unha das profesoras presentes gabou o traballo que se est\u00e1 a realizar desde a OTRI porque \u201cos investigadores notamos m\u00e1is apoio\u201d, felicitaci\u00f3n \u00e1 que se sumou o reitor engadindo que froito do seu bo labor, conxubntamente co dos investigadores, o ano 2018 foi un ano de r\u00e9cord en n\u00famero de solicitudes de proxectos europeos e en captaci\u00f3n de recursos europeos de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O vicerreitor de Investigaci\u00f3n anunciou que a UDC asinar\u00e1 en breve unha nova C\u00e1tedra cunha empresa do contorno que se centrar\u00e1 en temas de consumo responsable e vida saudable. A decana asegurou que a creaci\u00f3n desta C\u00e1tedra supor\u00eda \u201cunha moi boa nova para esta facultade\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>InTalent<\/strong><\/p>\n<p>Entre os asistentes estaba presente o investigador InTalent Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s, un dos primeiros investigadores en acollerse ao programa de captaci\u00f3n de talento posto en marcha pola Universidade da Coru\u00f1a e a empresa Inditex. O vicerreitor de Investigaci\u00f3n aproveitou para informar aos asistentes da s\u00faa presenza e de Cort\u00e9s nun encontro acad\u00e9mico en Lisboa no que se presentou o programa InTalent causando moi boa impresi\u00f3n.<\/p>\n<p>Outro dos temas que se trataron foi o do plantel de profesorado. Esta facultade, coas \u00faltimas incorporaci\u00f3ns, ten un claustro rexuvenecido que ten unha cara que preocupa no departamento, segundo explicou unha docente. Nos \u00faltimos anos xubilouse na \u00e1rea de Sociolox\u00eda un terzo do seu PDI, dixo, reemprazado por profesorado que fixo que onde hab\u00eda catedr\u00e1ticos agora haxa interinos de substituci\u00f3n. Esta profesora demandou a incorporaci\u00f3n doutras figuras de m\u00e1is nivel pero o reitor explicou que as centrais sindicais non contemplan ese sistema de acceso.<\/p>\n<p>Abalde abundou na decisi\u00f3n que, como equipo de goberno, te\u00f1en en canto \u00e1 pol\u00edtica docente, que \u00e9 sacar prazas de interino de substituci\u00f3n a tempo completo para logo estabilizar. A taxa de reposici\u00f3n limita a acci\u00f3n, pero a UDC ten a prioridade de manter o seu planel de persoal, primeiro coa estabilizaci\u00f3n docente e despois coa promoci\u00f3n. A decana apuntou a posibilidade de revisi\u00f3n do baremo da parte de investigaci\u00f3n para a selecci\u00f3n de profesorado pero tal e como est\u00e1 a normativa vixente \u00e9 de dif\u00edcil encaixe.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 1 de marzo de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, reuniuse o pasado 18 de febreiro coa comunidade universitaria \u2013profesorado,<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9313,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9308"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9308"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9308\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10300,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9308\/revisions\/10300"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9313"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9308"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9308"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9308"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}