{"id":9318,"date":"2019-02-14T11:29:23","date_gmt":"2019-02-14T10:29:23","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9318"},"modified":"2026-03-17T10:17:04","modified_gmt":"2026-03-17T09:17:04","slug":"o-reitor-inicia-na-escola-de-caminos-os-encontros-coa-comunidade-universitaria-de-cada-centro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-reitor-inicia-na-escola-de-caminos-os-encontros-coa-comunidade-universitaria-de-cada-centro\/","title":{"rendered":"O reitor inicia na Escola de Cami\u00f1os os encontros coa comunidade universitaria de cada centro"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 13 de febreiro de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, comezou o pasado luns o seu programa de visitas a cada un dos centros universitarios cun encontro coa comunidade da Escola T\u00e9cnica Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda de Cami\u00f1os, Canais e Portos, a onde acudiu coa vicerreitora de Internacionalizaci\u00f3n e Cooperaci\u00f3n, Pilar Garc\u00eda de la Torre, e o secretario Xeral, Carlos Aymerich.<\/p>\n<p>Estas xuntanzas abertas ao estudantado, profesorado e persoal de administraci\u00f3n e servizos de cada centro ve\u00f1en organiz\u00e1ndose todos os cursos e te\u00f1en como obxectivo intercambiar impresi\u00f3ns e compartir inquedanzas sobre a actualidade universitaria. Abalde perfilou o contexto da conversa cunha breve exposici\u00f3n sobre a situaci\u00f3n actual da Universidade da Coru\u00f1a que v\u00e9n de completar a s\u00faa especializaci\u00f3n coa posta en marcha do Campus Innova e o Campus Sustentabilidade ao que hai que sumar o Campus Industrial de Ferrol. A especializaci\u00f3n dos campus foi un proceso que culminou un tempo de traballo de an\u00e1lise interno das potencialidades da UDC en docencia e investigaci\u00f3n, \u00e1 que se uniu a decisi\u00f3n de impulsar a investigaci\u00f3n e a internacionalizaci\u00f3n da universidade, as\u00ed como a transferencia de co\u00f1ecemento cara \u00e1 empresa.<\/p>\n<p>Este proceso contin\u00faa coa remodelaci\u00f3n das titulaci\u00f3ns \u201cpara adiantarnos \u00e1s que ser\u00e1n as profesi\u00f3ns do futuro\u201d, definiu o reitor. Este curso implant\u00e1ronse xa o Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, o primeiro multiling\u00fce en ingl\u00e9s do Sistema Universitario Galego \u2013cun 40% das materias en ingl\u00e9s-; e o Grao en Paisaxe xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro interuniversitario do Sistema Universitario Galego. Esta nova oferta, xunto coa que se implantar\u00e1 o vindeiro curso, os graos en Ciencia e Enxe\u00f1ar\u00eda de Datos; Creaci\u00f3n Dixital, Animaci\u00f3n e Videoxogos; Xesti\u00f3n da Informaci\u00f3n e da Documentaci\u00f3n Dixital o e o grao Dual en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica, \u201ca UDC d\u00e1 mostras da s\u00faa capacidade de propostas novas e arriscadas que indican a s\u00faa potencialidade\u201d, sinalou o reitor.<\/p>\n<p>Ademais do panorama formativo, Abalde deu unhas pinceladas da situaci\u00f3n econ\u00f3mica. Este equipo de goberno estreou, cando tomou posesi\u00f3n, un plan de financiamento do que sempre se argumentou que era lesivo para a UDC polo que se iniciou un proceso para demostrar o inxusto dese plan, cunhas negociaci\u00f3ns moi laboriosas pero que conclu\u00edron coa demostraci\u00f3n dun fallo na base dos c\u00e1lculos e coa ratificaci\u00f3n nos xulgados de que a UDC est\u00e1 infrafinanciada. Con todo, reco\u00f1eceu o reitor, estando agora nunha mellor situaci\u00f3n \u201cseguimos infrafinanciados\u201d. En todo este tempo de incertidume econ\u00f3mica, a UDC defendeu d\u00faas prioridades: o mantemento do plantel de persoal e das axudas ao estudantado. \u201cFomos a primeira universidade galega en crear un fondo espec\u00edfico de axudas ao estudantado con problemas econ\u00f3micos sobrevidos\u201d, apuntou. Manter estas prioridades significou que todo o resto de partidas v\u00edronse reducidas drasticamente. Este ano, os orzamentos son da orde de 129 mill\u00f3ns de euros, dos que 96 son para o cap\u00edtulo de persoal, o que d\u00e1 conta da reducida marxe de maniobra.<\/p>\n<p><strong>Promoci\u00f3n e estabilizaci\u00f3n do profesorado<\/strong><\/p>\n<p>Xa na quenda de intervenci\u00f3ns abertas, interveu o director da escola, Ignasi Colominas, inquirindo a opini\u00f3n do reitor sobre os programas integrados entre grao e mestrado, as\u00ed como para saber as previsi\u00f3ns dos plans de promoci\u00f3n e estabilizaci\u00f3n do profesorado. Abalde defendeu, como xa fixera na s\u00faa etapa como director da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego, que no caso dos graos coas competencias profesionais nos mestrados deber\u00eda haber unha continuidade, unha integraci\u00f3n entre grao e mestrado e animou ao centro a plantexalo.<\/p>\n<p>A situaci\u00f3n do plantel de profesorado \u00e9 unha preocupaci\u00f3n, reco\u00f1eceu o reitor, para a maior\u00eda das universidades derivada da imposici\u00f3n hai uns anos da taxa de reposici\u00f3n no 10%. Isto supuxo \u201cun empobrecemento das plantillas ao non entrar profesorado novo, e un profesor non se improvisa\u201d. A UDC, dentro do panorama galego, \u00e9 a universidade co seu plantel m\u00e1is xoven froito dunha \u201catinada pol\u00edtica de profesorado\u201d que priorizou a estabilizaci\u00f3n dos axudantes doutores e, nos \u00faltimos dous anos tam\u00e9n se ofertaron prazas de promoci\u00f3n. A previsi\u00f3n \u00e9 que este ano se convoquen prazas para os acreditados ata 2016 e tam\u00e9n para todos os axudantes que acaben en 2019. O reitor explicou a responsabilidade da creaci\u00f3n das prazas. \u201cNo momento en que se crea unha praza de axudante doutor, cr\u00e9ase unha traxectoria acad\u00e9mica e temos que ser rigorosos para garantirlle a esa persoa unha carreira profesional na universidade\u201d, declarou. Adiantou tam\u00e9n que se crear\u00e1 un programa para incorporar profesorado que non tendo contrato estable estea acreditado a titular, as\u00ed como outra v\u00eda de acceso para os investigadores Marie Curie, ERC, InTalent, etc.<\/p>\n<p><strong>Cidade das TIC<\/strong><\/p>\n<p>Un dos alumnos presentes preguntou ao reitor sobre o proxecto denominado Cidade das TIC e como \u00eda afectar \u00e1 Escola, tam\u00e9n manifestou as s\u00faas inquedanzas sobre o financiamento deste proxecto que non deber\u00eda traer, defendeu, \u201cd\u00e9beda para a UDC\u201d. O reitor asegurou que a Cidade das TIC \u201cnon lle pode custar un euro \u00e1 UDC\u201d. Abalde explicou que este proxecto da UDC e do Cluster TIC de Galicia vai supo\u00f1er que a universidade estar\u00e1 preto de empresas cunha capacidade transversal e que pode ser de grande interese para a Escola de Cami\u00f1os, por exemplo, en cuesti\u00f3ns de lox\u00edstica. \u201cNo proxecto que presentamos queremos que ese espazo com\u00fan de empresas e universidade sexa un exemplo de tecnolox\u00eda e innovaci\u00f3n TIC, pero tam\u00e9n queremos ser un exemplo de sustentabilidade e aproveitamento enerx\u00e9tico e nestes aspectos, este centro ten moito que aportar\u201d, asegurou.<\/p>\n<p>Un dos profesores interveu para lamentar que o profesorado deste centro non estea no \u201cn\u00facleo duro\u201d dos grupos de coordinaci\u00f3n dos campus de especializaci\u00f3n Innova e Sustentabilidade que est\u00e1n definindo novas titulaci\u00f3ns. Abalde manifestou a s\u00faa satisfacci\u00f3n con este comentario porque \u201ceste centro ten potencialidades de grao e mestrado distintas das que xa se est\u00e1n impartindo na escola\u201d e asegurou que nas novas propostas van poder participar todos os que estean interesados.<\/p>\n<p>Para finalizar, un dos alumnos desvelou a s\u00faa preocupaci\u00f3n ante as cifras de matr\u00edcula nas titulaci\u00f3ns da \u00e1rea construtiva e aportou os datos do n\u00famero de alumnos dos graos deste campo. O reitor coincidiu con esta preocupaci\u00f3n. \u201cSufrimos as consecuencias da crise no sector da construci\u00f3n nas titulaci\u00f3ns vinculadas\u201d, dixo, engadindo que desde a Reitor\u00eda promoven campa\u00f1as de difusi\u00f3n de todas as titulaci\u00f3ns pero deben ser os centros os que lideren as iniciativas concretas. Neste sentido puxo como exemplo o traballo que est\u00e1n a facer desde o Campus Industrial de Ferrol coa promoci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n das enxe\u00f1ar\u00edas que est\u00e1n recuperando alumnado.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 13 de febreiro de 2019.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, comezou o pasado luns o seu programa de visitas a<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9319,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9318"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9318"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9318\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10304,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9318\/revisions\/10304"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9319"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9318"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9318"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9318"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}