{"id":9336,"date":"2018-06-20T11:46:52","date_gmt":"2018-06-20T09:46:52","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9336"},"modified":"2026-03-17T10:22:17","modified_gmt":"2026-03-17T09:22:17","slug":"o-programa-intalent-permite-o-retorno-a-espana-de-dous-investigadores-excelentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-programa-intalent-permite-o-retorno-a-espana-de-dous-investigadores-excelentes\/","title":{"rendered":"O programa InTalent permite o retorno a Espa\u00f1a de dous investigadores excelentes"},"content":{"rendered":"<div class=\"ap-section\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 20 de xu\u00f1o de 2018.- A Universidade da Coru\u00f1a conta con dous novos investigadores internacionais de excelencia grazas ao programa de captaci\u00f3n de val\u00eda InTalent, que promove a Universidade da Coru\u00f1a co financiamento de Inditex.<\/p>\n<p>Ana Rey Rico, da \u00e1rea de Biomedicina, e Jorge Ledo, da \u00e1rea de Humanidades, incorp\u00f3ranse ao plantel investigador coru\u00f1\u00e9s con este programa que lles permitir\u00e1 desenvolver o seu proxecto investigador durante os pr\u00f3ximos anos. A Reitor\u00eda acolleu esta ma\u00f1\u00e1 o acto de presentaci\u00f3n dos novos investigadores InTalent, no que Jorge Ledo agradeceu \u00e1 UDC e \u00e1 empresa Inditex \u201ca oportunidade de volver a Espa\u00f1a despois de dez anos f\u00f3ra\u201d. Jorge Ledo, licenciado en Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica pola Universidade da Coru\u00f1a, completou a s\u00faa formaci\u00f3n en universidades de Barcelona, Madrid e Reino Unido e foi docente nas universidades de Michigan, Estados Unidos, e Basilea, Su\u00edza; polo que \u201cvolver \u00e1 UDC \u00e9 volver a casa\u201d, declarou. Ledo engadiu que este programa lle permitir\u00e1 tam\u00e9n orientar aos estudantes da UDC na s\u00faa formaci\u00f3n no exterior, as\u00ed como atraer investigaci\u00f3n e talento intelectual de f\u00f3ra \u00e1 propia Universidade.<\/p>\n<p>Ana Rey reiterou o seu agradecemento ao programa InTalent porque \u201c\u00e9 unha oportunidade excepcional de iniciar a mi\u00f1a carreira investigadora en Espa\u00f1a\u201d. Ana Rey \u00e9 licenciada en Biolox\u00eda pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Farmacia pola mesma universidade. Tras rematar o seu doutoramento continuou como investigadora postdoutoral en terapia x\u00e9nica no Centro de Ortopedia Experimental en Homburg\/Saarland, en Alema\u00f1a.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, manifestou a s\u00faa satisfacci\u00f3n por que este programa facilite o retorno a Galicia de dous investigadores de excelencia. InTalent permitir\u00e1 que desenvolvan \u201ca s\u00faa brillante carreira investigadora dentro da Universidade da Coru\u00f1a\u201d e lembrou que con estas incorporaci\u00f3ns ref\u00f3rzase a estratexia cient\u00edfica e de profesorado da UDC xa que permitir\u00e1, ademais, que ao remate do seu contrato como investigadores se incorporen ao plantel de profesorado. \u201cUn dos maiores problemas da universidade espa\u00f1ola \u00e9 o envellecemento da s\u00faa plantilla e a dificultade de reter e captar talento\u201d, lembrou.<\/p>\n<p>Finalmente, o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador Naya, explicou que Ana Rey e Jorge Ledo son as incorporaci\u00f3ns da segunda convocatoria do programa InTalent, na que se presentaron 64 solicitudes de todo o mundo. \u201c\u00c9 un programa moi competitivo, con brillantes curr\u00edculos e o dif\u00edcil \u00e9 elixir s\u00f3 dous\u201d, dixo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>InTalent<\/strong> \u00e9 un programa para captar e reter a excelencia investigadora en Galicia. Creado pola Universidade da Coru\u00f1a en 2016, conta co financiamento de Inditex por un importe total de 1.450.000 euros para contratar a seis investigadores, que se incorporar\u00e1n de dous en dous nos anos 2017, 2018 e 2019. O contrato ter\u00e1 unha duraci\u00f3n de dous anos, coa posibilidade de pr\u00f3rroga dun ano m\u00e1is. O importe de cada contrato ser\u00e1 de 45.000 euros anuais, m\u00e1is unha axuda de 10.000 euros para os gastos de posta en marcha do seu proxecto cient\u00edfico. Ademais, a Universidade abonar\u00e1 con 1.000 euros os gastos de desprazamento.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 20 de xu\u00f1o de 2018.- A Universidade da Coru\u00f1a conta con dous novos investigadores internacionais de excelencia grazas ao programa de captaci\u00f3n de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9336"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9336"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9336\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10312,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9336\/revisions\/10312"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9336"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9336"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9336"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}