{"id":9340,"date":"2018-05-16T11:58:00","date_gmt":"2018-05-16T09:58:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9340"},"modified":"2026-03-17T10:25:43","modified_gmt":"2026-03-17T09:25:43","slug":"o-clausro-aproba-sen-votos-en-contra-a-xestion-do-reitor-de-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-clausro-aproba-sen-votos-en-contra-a-xestion-do-reitor-de-2017\/","title":{"rendered":"O Clausro aproba sen votos en contra a xesti\u00f3n do reitor de 2017"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 16 de maio de 2018.- O Claustro da Universidade aprobou esta ma\u00f1\u00e1 a Memoria de xesti\u00f3n de 2017 do reitor con 53 votos a favor, 16 abstenci\u00f3ns e sen ning\u00fan voto en contra.<br \/>\nJulio Abalde presentou a s\u00faa xesti\u00f3n do ano pasado e procedeu a abrir un debate cos asistentes tras o que se votou. Abalde agradeceu a participaci\u00f3n no debate e o ton sosegado e construtivo das intervenci\u00f3ns. De seguido, o Valedor Universitario presentou, seguindo a orde do d\u00eda establecida, o seu Informe de xesti\u00f3n dos anos 2016-2017.<\/p>\n<p><strong>Discurso do Reitor, Julio Abalde, ante o Claustro<\/strong>:<\/p>\n<p>\u201cO clima de estabilidade e de normalidade en que transcorreu o ano 2017 permitiulle ao equipo de goberno que me honro en presidir dar pasos importantes no desenvolvemento do vixente Plan estrat\u00e9xico da UDC.<br \/>\nA mellora do escenario econ\u00f3mico e o cambio de tendencia dos nosos orzamentos perm\u00edtennos ir recuperando pouco a pouco o terreo perdido nos peores anos da crise.<br \/>\nCumprindo cun dos nosos compromisos pendentes, en abril p\u00faxose en marcha a nova estrutura departamental reducida aos 26 novos departamentos (antes hab\u00eda 43), en aplicaci\u00f3n dun Plan de racionalizaci\u00f3n de infraestruturas da UDC. Obxectivo: eficiencia e axilidade. O ano pechouse xa cos novos directores e directoras en exercicio, o mesmo que os decanos\/as e directores\/as de facultades e escolas onde se renovaron os equipos de goberno.<br \/>\nA nosa Universidade ten xa unha oferta consolidada de 37 graos e 51 mestrados, moitos deles de car\u00e1cter interuniversitario. Xunta e universidades galegas pactamos en 2017 un novo mapa de titulaci\u00f3ns, vixente en principio ata 2021. Ata ent\u00f3n os nosos campus da Coru\u00f1a incorporar\u00e1n cinco novos graos, os primeiros dos cales ser\u00e1n o grao en Paisaxe, primeiro de car\u00e1cter interuniversitario galego, e o grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, pioneiro no sistema universitario espa\u00f1ol. Ambos reforzar\u00e1n a oferta do vindeiro curso.<br \/>\nUnha colaboraci\u00f3n institucional responsable e eficiente est\u00e1 detr\u00e1s tam\u00e9n da execuci\u00f3n das obras da residencia universitaria Elvira Bao, en marcha desde xaneiro. Por fin a Universidade da Coru\u00f1a contar\u00e1 con unha residencia p\u00fablica (120 prazas) para o seu alumnado. Unha vella reivindicaci\u00f3n da nosa comunidade universitaria que axi\u00f1a veremos feita realidade grazas ao apoio da Deputaci\u00f3n e do Concello da Coru\u00f1a. Tam\u00e9n a Deputaci\u00f3n e o Concello colabora con n\u00f3s na reforma da pista de atletismo do complexo deportivo de Elvi\u00f1a.<br \/>\nTraballamos co criterio de estender canto m\u00e1is sexa posible as relaci\u00f3ns docentes, cient\u00edficas e t\u00e9cnicas co noso contorno socioecon\u00f3mico. En 2017 asinamos 738 convenios. M\u00e1is de medio millar foron para procurarlle pr\u00e1cticas aos nosos alumnos e alumnas, outros 140 foron de car\u00e1cter espec\u00edfico e en 44 casos trat\u00e1base de convenios marco.<br \/>\nA Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n que a UDC ten con Navantia en Ferrol \u00e9 unha boa mostra dos bos resultados que se poden tirar seguindo li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con instituci\u00f3ns tanto p\u00fablicas como privadas.<br \/>\nTres novas c\u00e1tedras institucionais permitenos manter aberta a colaboraci\u00f3n co noso contorno, facilitan as pr\u00e1cticas e a inserci\u00f3n laboral dos nosos egresados e asentan f\u00f3rmulas de cooperaci\u00f3n no terreo da I+D+I.<br \/>\nEsa mesma li\u00f1a de colaboraci\u00f3n con empresas e instituci\u00f3ns, que mantemos activa con contactos e visitas seguidas, perm\u00edtenos contar con bolsas tan importantes para a formaci\u00f3n do noso alumnado como as do programa Intalent (patrocinado por Inditex), as financiadas por Banco Santander ou as da ONCE para axudar o estudantado con discapacidade.<br \/>\nColaboraci\u00f3n institucional e sinerxias son, igualmente, conceptos fundacionais para o Centro de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas Avanzadas, o cuarto dos nosos centros tecnol\u00f3xicos. O CICA forma xa unha s\u00f3lida agrupaci\u00f3n estrat\u00e9xica co INIBIC.<br \/>\nNesta Memoria de 2017 constatamos, entre outras moitas cousas, os novos pasos dados no proceso de internacionalizaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a, as\u00ed como na procura dunha docencia de excelencia, cada d\u00eda m\u00e1is esixente, apoiada na innovaci\u00f3n, nos sistemas de garant\u00eda interna de calidade e na actualizaci\u00f3n permanente.<br \/>\nAs visitas seguidas aos centros e as reuni\u00f3ns con PDI e PAS de todos os centros da Coru\u00f1a e de Ferrol perm\u00edtenos manter canles de comunicaci\u00f3n directos con toda a comunidade universitaria e dar cumprimento ao noso compromiso de transparencia.<br \/>\nNesa direcci\u00f3n de participaci\u00f3n e transparencia van tam\u00e9n d\u00faas iniciativas importantes. A primeira a posta en marcha do portal de participaci\u00f3n da UDC, UDCDecide. Consideramos esta plataforma de participaci\u00f3n como un primer paso, que garantiza un espacio de comunicaci\u00f3n directo entre a comunidade universitaria e o equipo reitoral e equipos decanais.<br \/>\nA segunda e, desde o comezo do curso 2017-2018, a nova aplicaci\u00f3n UDC-m\u00f3bil para dispositivos Apple e Android, creada polo Servizo de Inform\u00e1tica e Comunicaci\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p><strong>Memoria do reitor para o Claustro. Resumo executivo:<br \/>\nInvestigacio\u0301n e transferencia<\/strong><br \/>\nA pol\u00edtica cient\u00edfica c\u00e9ntrase en promover a excelencia cienti\u0301fica e a especializacio\u0301n investigadora como eixes ba\u0301sicos que, coa transferencia, posibiliten a mellora e o posicionamente da UDC en campos de alto valor estrat\u00e9xico.<br \/>\n<strong>Captacio\u0301n competitiva de recursos<\/strong><br \/>\nA captacio\u0301n de recursos externos para a investigacio\u0301n durante 2017 ascendeu a preto dos 8 millo\u0301ns de euros, baixando do conseguido no ano anterior pero duplicando o conseguido no ano 2015. O motivo desta tendencia escalonada ten que ver coa distribuci\u00f3n das convocatorias e a resoluci\u00f3n. E de esperar que a suba se note na resoluci\u00f3n de proxectos competitivos do 2018, que se solicitaron durante 2017, xa que nalg\u00fan caso, como as convocatorias europeas as que acuden investigadores e grupos da UDC, se triplicaron as solicitudes.<br \/>\nNo tocante a outras axudas de investigacio\u0301n, hai que salientar que a Secretari\u0301a Xeral de Universidades convocou e resolveu axudas para grupos de referencia competitiva, grupos de potencial crecemento e redes que supuso unha captacio\u0301n de 3,6 mill\u00f3ns de euros. Hai que engadir que o Centro de Investigacio\u0301n en Tecnoloxi\u0301as da Informacio\u0301n e das Comunicacio\u0301ns (CITIC) como Centro Singular de Investigacio\u0301n de Galicia e a renovaci\u00f3n da agrupaci\u00f3n estrat\u00e9xica CICA-INIBIC.<br \/>\nAdicionalmente, durante o ano consegu\u00edronse un total de 2,6 mill\u00f3ns de euros para infraestruturas de investigaci\u00f3n, como consecuencia da participaci\u00f3n na \u00faltima convocatoria competitiva do MINECO. Esta aportaci\u00f3n de infraestruturas, repartida entre centros de investigaci\u00f3n e institutos, foi cofinanciada co 80% de fondos FEDER e co 20% restante mediante aportaci\u00f3n da Secretar\u00eda Xeral de Universidades.<br \/>\nNo a\u0301mbito de axudas competitivas da Conseller\u00eda de Industria, debemos mencionar o traballo desenvolto pola Unidade Mixta de Investigacio\u0301n (UMI \u201cEstaleiro 4.0 o asteleiro do futuro\u201d) que a UDC ten coa empresa pu\u0301blica Navantia, xa que durante este 2017 conseguiu con e\u0301xito un total de 17 accio\u0301ns de investigacio\u0301n conxunta o que supo\u0301n a contratacio\u0301n de 23 novos investigadores polos distintos grupos de investigacio\u0301n.<br \/>\nCabe resaltar que a relaci\u00f3n coa empresa Navantia est\u00e1 a dar ademais outras interesantes colaboraci\u00f3ns, como son a formaci\u00f3n cotutelada de doutores coa universidade australiana RMIT de Melbourne, financiando diversos proxectos de investigaci\u00f3n pola filial de Navantia-Australia.<br \/>\n<strong>Contratos e convenios<br \/>\n<\/strong>No eido da transferencia de investigacio\u0301n e da tecnoloxi\u0301a da investigacio\u0301n ao tecido industrial, salientamos que o nu\u0301mero de contratos con empresas e administracio\u0301ns pu\u0301blicas asinados por investigadores da UDC foi de 217, cifra ma\u0301is baixa que o pasado ano, a\u00ednda que con maior custo medio por contrato. A maior parte destes contratos (139) xestion\u00e1ronse a trave\u0301s de Fundacio\u0301n da Universidade da Corun\u0303a (FUAC). A cantidade total destes contratos con empresas e administracio\u0301ns pu\u0301blicas superou os 3.1 millo\u0301ns de euros.<br \/>\n<strong>Bolsas e contratos de investigacio\u0301n<\/strong><br \/>\nNo que respecta a\u0301s bolsas e contratos de investigacio\u0301n captadas polos investigadores, os datos son similares aos dos anos pasados, malia a diminucio\u0301n das axudas FPI, que pasaron das cinco do 2016 a s\u00f3lo d\u00faas, en todo caso acordes coa falta de convocatorias novas de proxectos do MINECO resoltos este ano.<br \/>\nComo iniciativa propia da UDC, posta en marcha durante o ano anterior, tivo lugar a segunda convocatoria INTALENT, convenio asinado entre a nosa Universidade e a empresa Inditex para captacio\u0301n de investigadores. Este programa ten por finalidade contratar investigadores de prestixio internacional que poidan conseguir financiamento competitivo internacional para a UDC. Nesta segunda convocatoria entraron dous novos investigadores. Cabe mencionar que a investigadora seleccionado na primeira convocatoria, Elena Pazos, conseguiu unha das axudas competitivas do proxecto Retos.<br \/>\n<strong>Produci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><br \/>\nA produci\u00f3n cient\u00edfica recollida na Web of Science, segue nunha boa tendencia, con 916 artigos publicados en 2017, moi similar o ano anterior, cando se batera o r\u00e9cord (924) not\u00e1ndose un aumento na calidade das publicaci\u00f3ns con un incremento no n\u00famero de publicaci\u00f3ns no primeiro cuartil (Q1).<br \/>\n<strong>Patentes<\/strong><br \/>\nIncrementouse o n\u00famero de patentes solicitadas e concedidas. Conced\u00e9ronse un total de 18 patentes (o ano 2016 conced\u00e9ranse 8 patentes). En licenzas de s\u00f3ftware obs\u00e9rvase unha suba considerable do n\u00famero de rexistros, que pasou dos 4 de 2016 a 15, recuperando a tendencia doutros anos.<br \/>\n<strong>Centros tecnol\u00f3xicos<\/strong><br \/>\nC\u00f3mpre salientar a consideraci\u00f3n do CITIC como Centro Singular, que sup\u00f3n uns ingresos en 2017 de 430.000\u20ac. Os recursos por convocatorias competitivas de I+D+i increm\u00e9ntanse lixeiramente neste centro, pasando dos 4,1 mill\u00f3ns captados en contratos e convenios.<br \/>\nNo tocante ao Centro de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas Avanzadas (CICA), o traballo centrouse en renovar a agrupaci\u00f3n estrat\u00e9xica e po\u00f1er en marcha os laboratorios. Esta agrupaci\u00f3n estrat\u00e9xica, baixo o acro\u0301nimo CICA-INIBIC, ten como misi\u00f3n crear un contorno multidisciplinar e sin\u00e9rxico para dar resposta a retos biom\u00e9dicos, tecnol\u00f3xicos e medioambientais a trav\u00e9s da investigaci\u00f3n, da formaci\u00f3n e da transferencia de soluci\u00f3ns integrais que xeren valor cient\u00edfico e econ\u00f3mico e progreso social.<br \/>\nO CITEEC conseguiu m\u00e1is de un mill\u00f3n de euros en axudas estatais para infraestruturas e equipamento. O n\u00famero de proxectos de investigaci\u00f3n con soporte no CITEEC, pasaron de catro conseguidos en 2016 a cinco, pero a\u00ednda as\u00ed est\u00e1n lonxe dos nove do ano 2015. Comp\u00e9nsase co aumento dos convenios con empresas con soporte no CITEEC (28 convenios).<br \/>\nO n\u00famero de proxectos de investigaci\u00f3n do CIT baixou este ano dos 25 aos 11. Este descenso v\u00e9n motivado porque varios dos grupos do CIT est\u00e1n a colaborar moi activamente coa Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n con Navantia, que conta como un \u00fanico proxecto, a\u00ednda que cun orzamento total superior aos 3 mill\u00f3ns de euros.<br \/>\n<strong>C\u00e1tedras institucionais<br \/>\n<\/strong>Asin\u00e1ronse tres novas c\u00e1tedras institucionais, que ve\u00f1en incrementar a necesaria colaboraci\u00f3n coas empresas.<br \/>\nA C\u00e1tedra Cosme \u00c1lvarez del R\u00edo coa empresa Navantia.<br \/>\nA C\u00e1tedra Emalcsa, coa Empresa Municipal de Augas de Coru\u00f1a.<br \/>\nA C\u00e1tedra Everis de Transformaci\u00f3n Dixital coa empresa EVERIS.<br \/>\n<strong>Docencia e innovaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>Ademas dos graos e mestrados ofertados, que se comentaron anteriormente, no curso 2017-2018 ofert\u00e1ronse un total de 36 programas de doutoramento e defend\u00e9ronse 163 teses de doutoramento, cun balance moi equilibrado por x\u00e9neros, como xa v\u00e9n ocorrendo nos cinco \u00faltimos cursos. Esta cifra segue a estar por riba da media de teses anuais na UDC \u2013situada en torno a 120\u2212 debido \u00e1s condici\u00f3ns de extinci\u00f3n dos programas de doutoramento establecidas no Real decreto 99\/2011. Un total de 44 teses recibiron a Menci\u00f3n Internacional, para cuxa consecuci\u00f3n est\u00e1n a resultar fundamentais as axudas para estad\u00edas de estudantes de doutoramento financiadas polo programa Inditex-UDC. Na convocatoria do 2017 un total de 35 estudantes desfrutaron delas.<br \/>\n<strong>Evoluci\u00f3n da matr\u00edcula<br \/>\n<\/strong>Canto a evoluci\u00f3n da matr\u00edcula nas diferentes titulaci\u00f3ns, podemos establecer algunhas diferenzas importantes entre graos, mestrados e doutoramentos. O n\u00famero de estudantes de graos experimentou un leve descenso, ao pasar de 13.913 no 2016 a 13.772 no 2017. Non obstante, a evoluci\u00f3n da matr\u00edcula nos mestrados e nos programas de doutoramento da UDC \u00e9 moi positiva. Conf\u00edrmase a tendencia de crecemento ininterrompido dos \u00faltimos anos: pasouse dos 1.393 estudantes de mestrado matriculados en 2014 aos 1.838 en 2017, e dos 560 estudantes de doutoramento en 2014 aos 1.101 en 2017.<br \/>\nEstamos, pois, nunha fase de consolidaci\u00f3n da estrutura completa das titulaci\u00f3ns, que \u00e9 posible polo traballo dos equipos directivos das diferentes facultades e escolas implicadas, da Escola Internacional de Doutoramento, as\u00ed como da comunidade universitaria no seu conxunto.<br \/>\n<strong>Universidade S\u00e9nior<br \/>\n<\/strong>Polo que se refire \u00e1 Universidade S\u00e9nior, hai que salientar que se mant\u00e9n en continua expansi\u00f3n, tanto na Coru\u00f1a como en Ferrol. A matr\u00edcula no curso acad\u00e9mico 2017-2018 foi de 954 estudantes. C\u00f3mpre subli\u00f1ar unha importante diferenza entre o n\u00famero de alumnos e alumnas matriculadas, pois a porcentaxe de mulleres matriculadas triplica a dos homes. O plan de estudos da Universidade S\u00e9nior incrementou a oferta formativa at\u00e9 chegar \u00e1 situaci\u00f3n actual, con 20 materias no campus da Coru\u00f1a e 16 no de Ferrol, ademais de 10 obradoiros entre os dous campus.<br \/>\nAs\u00ed mesmo, seguiu a se incrementar tanto a presenza en distintos foros como os intercambios con universidades espa\u00f1olas e estranxeiras. Entre 2017 e 2019, a Universidade S\u00e9nior participar\u00e1 no Proxecto \u201cTICTac+55: Combined Learning Techniques for People 55+ regarding ICT\u201d dentro Programa Erasmus+. Froito dun convenio de colaboraci\u00f3n con outras instituci\u00f3ns europeas de educaci\u00f3n de adultos, a Universidade S\u00e9nior participou no International Meeting do proxecto ECHO na localidade de Scandiano.<br \/>\n<strong>Calidade e avaliaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>17 t\u00edtulos de grao e de mestrado universitario da UDC ou coordinados por ela renovaron a acreditaci\u00f3n. A UTC traballou na revisi\u00f3n, actualizaci\u00f3n e modificaci\u00f3n dos sistemas de garant\u00eda interna de calidade (SGIC) dos centros e da Escola Internacional de Doutoramento, en colaboraci\u00f3n con un grupo de traballo intercentros, constitu\u00eddo polos\/las responsables de calidade dos centros que te\u00f1en certificada a implantaci\u00f3n do SGIC. Tam\u00e9n a UTC proporcionou apoio e asesoramento especial aos programas de doutoramento, con motivo da aprobaci\u00f3n por parte da ACSUG da Gu\u00eda para o seguimento e acreditaci\u00f3n dous t\u00edtulos oficiais de doutoramento.<br \/>\nAs\u00ed mesmo, no 2017, se publicou a VI convocatoria do programa Docentia, na que se avaliaron 193 profesores. C\u00f3mpre facer unha valoraci\u00f3n positiva dos resultados das valoraci\u00f3ns finais alcanzadas, pois un 30.88% obtivo unha valoraci\u00f3n de excelente; un 66.18%, de notable; un 2.21%, de aceptable, e un 0.74%, de insuficiente.<br \/>\n<strong>Formaci\u00f3n e innovaci\u00f3n docente<br \/>\n<\/strong>No 2017 publicouse unha nova convocatoria de Innovaci\u00f3n docente en Aprendizaxe-Servizo na que se certificaron 16 proxectos.<br \/>\nComo resultado da aposta importante que se est\u00e1 a facer pola innovaci\u00f3n docente, publicouse a I Convocatoria de Grupos de Innovaci\u00f3n Educativa (GIE), que deu como resultado a creaci\u00f3n de 79 GIEs, que agrupan a 550 docentes. Tam\u00e9n o CUFIE organizou o curso de ver\u00e1n Docentes conectad@s, que permitiu intercambiar co\u00f1ecementos e experiencias entre docentes de distintos niveis educativos e destacadas personalidades do \u00e1mbito da innovaci\u00f3n educativa. Iguamente, realiz\u00e1ronse as II Xornadas de Innovaci\u00f3n Docente para compartir as experiencias m\u00e1is innovadoras que se est\u00e1n a po\u00f1er en pr\u00e1ctica na aulas da nosa universidade. Finalmente, canto \u00e1s infraestruturas, hai que sinalar que este ano se estreou unha aula de formaci\u00f3n con 25 equipos novos no Edificio Xoana Capdevielle.<br \/>\n<strong>Internacionalizaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>A trav\u00e9s da Oficina de Relaci\u00f3ns Internacionais, pux\u00e9ronse en marcha medidas para potenciar a mobilidade con fins de estudos, como o achegamento de informaci\u00f3n de primeria man ao estudantado (mediante formatos tradicionais e canles dixitais) ou o aumento do n\u00famero de meses financiados para mobilidades anuais. Aplicouse un aumento similar no apartado de pr\u00e1cticas para estudantes, chegando a financiarse intercambios de pr\u00e1cticas de ate 10 meses. As actuaci\u00f3ns para aumentar as mobilidades do persoal supuxeron o incremento das cantidades concedidas inicialmente polo SEPIE, o que se est\u00e1 a traducir nun aumento destas mobilidades.<br \/>\nEstas actuaci\u00f3ns apoi\u00e1ronse con medidas como a primeira convocatoria para a mellora das competencias ling\u00fc\u00edsticas do estudantado, as\u00ed como a primeira convocatoria de mentorizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica que cumpr\u00eda un dobre prop\u00f3sito: a integraci\u00f3n do estudantado estranxeiro e a internacionalizaci\u00f3n na casa do propio.<br \/>\nPara fomentar a internacionalizaci\u00f3n dos nosos campus estamos a apoiar as titulaci\u00f3ns duplas ou conxuntas, a participaci\u00f3n en proxectos KA2, KA3 ou \u201ccapacity building\u201d con socios de f\u00f3ra da UE, o recrutamento de estudantes internacionais a trav\u00e9s de actividades de proxecci\u00f3n exterior (asistencia a ferias, organizaci\u00f3n da ISS, traballo con axentes) e a mellora da informaci\u00f3n sobre admisi\u00f3n.<br \/>\nIgualmente traballouse na mellora do plan de apoio \u00e1 docencia en ingl\u00e9s, introducindo por vez primeira a convocatoria para a mellora das competencias ling\u00fc\u00edsticas do PDI como medida de fortalecemento idiom\u00e1tico previo \u00e1 realizaci\u00f3n do curso EMI. Neste sentido, instaurouse o programa de profesores visitantes procedentes de pa\u00edses de fala inglesa para o profesorado que estivese a impartir docencia en lingua inglesa. O impacto destas medidas refl\u00edctese nun incremento nos cr\u00e9ditos impartidos en ingl\u00e9s no que se conta coa incorporaci\u00f3n de asignaturas en novas titulaci\u00f3ns.<br \/>\n<strong>Persoal docente e investigador (PDI)<br \/>\n<\/strong>As pol\u00edticas de acceso e promoci\u00f3n do persoal docente e investigador entraron en 2017 nunha fase de relativa normalizaci\u00f3n, malia seguiren condicionadas por un marco normativo e econ\u00f3mico restritivo. A\u00ednda que a taxa de reposici\u00f3n mant\u00ed\u00f1ase no 100%, a Lei de Acompa\u00f1amento dos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2017 permitiu engadir as prazas en excedencia sen reserva de posto de traballo que se producen cando cada promoci\u00f3n \u00e9 efectiva, polo que a oferta de emprego p\u00fablico do persoal docente e investigador da UDC se ampliou a 43 prazas. Este incremento permitiu recuperar o atraso acumulado coas necesidades de estabilizaci\u00f3n das figuras de profesorado con compromiso de estabilidade e, ademais, abordar as necesidades de promoci\u00f3n dun cadro de persoal que supera os 200 profesores acreditados.<br \/>\nA oferta de emprego p\u00fablico foi, polo tanto, suficiente para estabilizar o profesorado con compromiso de estabilidade que finalizou o seu contrato en 2016 e 2017 e para a promoci\u00f3n de todo o profesorado con prazas de catedr\u00e1tico\/a de universidade aprobadas polo Consello de Goberno en 2012. A OPE permitiu, ademais, a convocatoria de 9 prazas co fin de que o profesorado contratado doutor acreditado para acceder ao corpo de titulares de universidade solicite a creaci\u00f3n dunha praza na s\u00faa \u00e1rea de co\u00f1ecemento e, por primeira vez desde o ano 2012, a convocatoria de 7 prazas de catedr\u00e1tico\/a de universidade para o profesorado acreditado. A estas convocatorias, reguladas polos criterios negociados e acordados cos \u00f3rganos de representaci\u00f3n do PDI, present\u00e1ronse arredor dun cento de docentes.<br \/>\nXunto co marco lexislativo estatal e auton\u00f3mico, que condiciona o desenvolvemento de pol\u00edticas de estabilizaci\u00f3n, promoci\u00f3n e contrataci\u00f3n de profesorado, os aspectos econ\u00f3micos relativos ao mantemento da masa salarial engaden unha dificultade adicional \u00e1 pol\u00edtica de profesorado.<br \/>\nO incremento anual de trienios e quinquenios, derivado do crecemento vexetativo do cadro de persoal, e dos sexenios de investigaci\u00f3n e complementos auton\u00f3micos, sup\u00f3n que o orzamento do cap\u00edtulo I se sit\u00fae no l\u00edmite dos custos de persoal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para financiar os importes correspondentes a estes conceptos, as\u00ed como as cont\u00edas das prazas para manter as figuras recollidas no II Convenio colectivo laboral con compromiso de estabilizaci\u00f3n e das prazas para facer fronte a necesidades urxentes e inaprazables, son moi limitados e proceden basicamente de xubilaci\u00f3ns.<br \/>\nEstas limitaci\u00f3ns condicionan a contrataci\u00f3n de novo persoal, co conseguinte escenario de falta de renovaci\u00f3n e de inestabilidade para os proxectos educativos, de investigaci\u00f3n ou de transferencia \u00e1 sociedade dos seus resultados, que tanto preocupan a toda a comunidade universitaria. Os esforzos dos \u00f3rganos de goberno da UDC centr\u00e1ronse en minimizar os efectos deste contexto restritivo, mantendo estable o n\u00famero de efectivos, d\u00e1ndolle prioridade a estabilizaci\u00f3n de profesores e investigadores que se estiveron formando con \u00e9xito na nosa universidade e maximizando as posibilidades de promoci\u00f3n despois do bloqueo imposto entre os anos 2012 e 2016.<br \/>\nAdemais dos acordos acadados para a aprobaci\u00f3n e execuci\u00f3n da oferta p\u00fablica de emprego, destacan as seguintes medidas:<br \/>\n&#8211; Mantense o programa para reducir o n\u00famero de profesores\/as contratados\/as Interinos\/as de substituci\u00f3n, que non fosen previamente axudantes doutores\/as, e asociados\/as que conten cunha acreditaci\u00f3n, coa s\u00faa transformaci\u00f3n mediante concursos en profesores\/as axudantes doutores\/as. En 2017 convoc\u00e1ronse 20 prazas neste programa.<br \/>\n&#8211; Aprobouse un novo marco normativo para o nomeamento de profesores em\u00e9ritos e honorarios. En 2017 nome\u00e1ronse cinco novos em\u00e9ritos e unha profesora em\u00e9rita, e 4 profesores e unha profesora honorarios.<br \/>\n<strong>Persoal de administraci\u00f3n e servizos (PAS)<br \/>\n<\/strong>No exercicio de 2017 realiz\u00e1ronse as seguintes actuaci\u00f3ns:<br \/>\n\u2022 Convocatoria mediante Resoluci\u00f3n do 3 de abril de 2017 (DOG n\u00fam. 73, do 17 de abril) do proceso de provisi\u00f3n de postos de traballo do persoal funcionario de administraci\u00f3n e servizos da Universidade da Coru\u00f1a.<br \/>\n\u2022 Finalizaci\u00f3n do proceso de promoci\u00f3n interna correspondente \u00e1 Oferta de Emprego P\u00fablico do ano 2016, convocado por Resoluci\u00f3n do 31 de agosto de 2016 (DOG n\u00fam. 182, 23-09-2016) para o ingreso nas distintas escalas de persoal funcionario da Universidade da Coru\u00f1a. Public\u00e1ronse un total de 151 nomeamentos.<br \/>\n\u2022 Publicaci\u00f3n no DOG n\u00famero 198, do 18 de outubro de 2017, da Resoluci\u00f3n do 5 de outubro de 2017 coa oferta de emprego p\u00fablico do persoal de administraci\u00f3n e servizos para 2017. Nesta oferta figuraban un total de 21 prazas para convocar pola quenda de acceso libre e 50 prazas para convocar pola quenda de promoci\u00f3n interna.<br \/>\n<strong>Estudantes<br \/>\n<\/strong>Este ano realiz\u00e1ronse distintas acci\u00f3ns para a mellora da empregabilidade e do emprendemento, as\u00ed como para impulsar a realizaci\u00f3n de pr\u00e1cticas profesionais e actividades de formaci\u00f3n transversal. A este respecto, c\u00f3mpre salientar a reforma do programa de Mellora da Empregabilidade na s\u00faa segunda edici\u00f3n coa participaron 299 estudantes.<br \/>\nP\u00faxose en marcha un programa de orientaci\u00f3n de estudantes de doutoramento para responder as s\u00faas necesidades espec\u00edficas de formaci\u00f3n\/informaci\u00f3n sobre empregabilidade.<br \/>\nPola s\u00faa parte, a Unidade de Emprego, que ofrece asesoramento xeral e tam\u00e9n especializado para crear Iniciativas de Emprego de Base Tecnol\u00f3xica, comezou a xestionar as bolsas Fundaci\u00f3n ONCE-CRUE de pr\u00e1cticas para alumnado con discapacidade.<br \/>\nRespecto da divulgaci\u00f3n de la UDC para futuros estudantes, o SAPE organiza en el programa \u201cVisita o teu campus\u201d, para alumnado de ESO, de bacharelato e de FP e charlas informativas en centros. F\u00edxose un esforzo para pasar de 41 a 72 centros visitados. Igualmente c\u00f3mpre mencionar a colaboraci\u00f3n co Concello da Coru\u00f1a na xornada anual \u201cTi elixes!\u201d, que se organiza no CUR, con m\u00e1is de 5.000 estudantes .<br \/>\n<strong>Bolsas<br \/>\n<\/strong>Mantense o n\u00famero de bolsas de colaboraci\u00f3n para formaci\u00f3n complementaria, bolsas UDC-Santander para estudos de mestrado e axudas para o transporte urbano. Ademais, para compensar as dificultades econ\u00f3micas que lles impidan continuar os estudos a alg\u00fans estudantes, a Universidade da Coru\u00f1a concedeu 39 bolsas e duplicou o orzamento para estas axudas. Tam\u00e9n co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades, conced\u00e9ronse no curso 2016-2017, un total de 222 axudas para aloxamento.<br \/>\n<strong>Publicaci\u00f3ns<br \/>\n<\/strong>O Servizo de Publicaci\u00f3ns continuou a xestionar a edici\u00f3n, difusi\u00f3n e comercializaci\u00f3n de libros e revistas e enriqueceu o seu cat\u00e1logo editorial con 16 novos volumes. As\u00ed mesmo, presentou tres novos n\u00fameros de publicaci\u00f3ns peri\u00f3dicas, co que chegou a 16. C\u00f3mpre salientar que se actualizou a aplicaci\u00f3n OJS \u00e1 versi\u00f3n 2.8, e que est\u00e1n en OJS 13 das 16 revistas, e 12 delas reciben DOI.<br \/>\n<strong>Deportes<br \/>\n<\/strong>A IX edici\u00f3n dos Premios UDC Deportes recaeu en Alberto Seoane Alcaraz, en reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa longa traxectoria deportiva. Foi campi\u00f3n do mundo por equipos (2014 e 2017), ouro no Open de Eslovaquia (2015) e dobre diploma nos Xogos Ol\u00edmpicos de R\u00edo de Janeiro (2016). \u00c9 d\u00e9cimo no r\u00e1nking mundial de tenis de mesa para discapacitados.<br \/>\nNas ligas universitarias internas participaron 104 equipos en modalidades como o f\u00fatbol 7, baloncesto e f\u00fatbol sala. Os deportistas da UDC con medalla nos Campionatos de Espa\u00f1a Universitario foron Sara Garc\u00eda Su\u00e1rez, medalle de prata en taekwondo na categor\u00eda de 57 Kg; Sof\u00eda P\u00e9rez Riesco, medalla de prata en taekwondo na categor\u00eda de 73 Kg; Paula Iglesia Garnello, medalla de prata en atletismo en 400 ml. Miguel Riopedre consigui\u00f3 unha medalla de bronce no campionato de Europa de Judo na categor\u00eda de 60 Kg.<br \/>\n<strong>Divulgaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>A Unidade de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica e Cultural, en colaboracio\u0301n coa Deputacio\u0301n da Corun\u0303a, convocou a II edicio\u0301n de Expociencia-UDC para promover a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. O 30 de novembro celebrouse a II Xornada de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica &#8220;Isabel Zendal&#8221;. Celebrouse O D\u00eda de Muller e a Nena na Ciencia cun ciclo de charlas curtas impartidas por profesores e alumnas da UDC, que falaron da vida e logros cient\u00edficos de diversas pioneiras en diferentes campos da ciencia.<br \/>\n<strong>Cultura<br \/>\n<\/strong>Celebrouse a vix\u00e9simo cuarta edici\u00f3n do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coru\u00f1a (FITEUC), que organizou a instituci\u00f3n.<br \/>\nEn novembro inaugurouse en Normal a exposici\u00f3n As Noites interiores de Jes\u00fas Madri\u00f1\u00e1n, que reuniu por primeira vez, e nun mesmo espazo, as series fotogr\u00e1ficas m\u00e1is recientes do artista galego.<br \/>\n<strong>Cursos e congresos<br \/>\n<\/strong>Subvencionou un total de 43 de actividades, entre cursos, xornadas, seminarios, encontros e ciclos de conferencias. O 31 de Maio aprobouse o Regulamento dos Cursos de Extensi\u00f3n Universitaria, onde se regulan as actividades non regradas organizadas pola UDC.<br \/>\n<strong>Actividades complementarias<br \/>\n<\/strong>A UDC organiza campamentos de Semana Santa e de ver\u00e1n para fillos de membros da comunidade universitaria, mais abertos tam\u00e9n a persoas alleas.<br \/>\nNo campamento Mauro Silva, que se organizou por d\u00e9cimosetimo ano consecutivo nas vacaci\u00f3ns de Semana Santa, participaron 112 nenos e nenas de entre catro e doce anos. Tomaron parte en actividades deportivas, h\u00e1bitos de estudo e ingl\u00e9s. En ver\u00e1n convoc\u00e1ronse campamentos para nenos e nenas de primaria nos campus da Coru\u00f1a e de Ferrol, cun total de 360 rapaces e rapazas.<br \/>\n<strong>Orzamento e liquidaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>O 22 de decembro de 2016 o Consello Social aprobou os orzamentos da Universidade da Coru\u00f1a para o ano 2017. O Plan operativo anual e o orzamento do exercicio desenvolven as Li\u00f1as xerais do orzamento de 2017, aprobadas polo Claustro o 14 de decembro de 2016. O orzamento foi de 119,45 mill\u00f3ns de euros. Esta cantidade sup\u00f3n un aumento de 3,13 mill\u00f3ns de euros, o que equivale a un incremento dun 2,69% respecto do 2016.<br \/>\nOs ingresos en 2017 pola matr\u00edcula xa deixaron de verse afectados pola adaptaci\u00f3n das titulaci\u00f3ns ao EEES, a\u00ednda que c\u00f3mpre ter en conta a previsi\u00f3n demogr\u00e1fica \u00e1 baixa na estimaci\u00f3n deste concepto.<\/p>\n<p>Cabe destacar que se consignou cr\u00e9dito para acometer a recuperaci\u00f3n do complemento espec\u00edfico ou hom\u00f3logo imputable \u00e1 paga extra. En consecuencia, o gasto corrente previsto de cap\u00edtulo I aumentou un 2,16%. O total ascendeu a 90,29 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n case un 75,59% do gasto total.<br \/>\nPreveuse unha reduci\u00f3n dos gastos correntes (-5,09%) motivado pola aplicaci\u00f3n de medidas de racionalizaci\u00f3n do gasto e polo comezo de aplicaci\u00f3n de programas de eficiencia enerx\u00e9tica. O total ascende a 14,49 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n un peso do 12,13%.<br \/>\nNo apartado de investimentos reais rexistrouse un incremento (20,78%) derivado da necesidade do financiamento de medidas ou investimentos conducentes ao aforro enerx\u00e9tico ou equipamento de obras e infraestruturas.<br \/>\nOs ingresos por taxas, prezos p\u00fablicos e outros ingresos incrementan un 6,57% ate chegar aos 16,35 mill\u00f3ns de euros. O incremento veu derivado principalmente do incremento en ingresos diversos e doutros ingresos procedentes de prestaci\u00f3n de servizos (alugueres, custos indirectos e facturaci\u00f3n por prestaci\u00f3n de servizos de investigaci\u00f3n).<br \/>\nCanto \u00e1s transferencias correntes, incrementaronse fundamentalmente pola recuperaci\u00f3n do complemento espec\u00edfico ou equivalente aplicado \u00e1 paga extra.<br \/>\nEn resumo, hai unha mellora no financiamento por resultados tanto en termos absolutos como en termos relativos.<br \/>\nCanto \u00e1 liquidaci\u00f3n do exercicio de 2016, as estimaci\u00f3ns de ingresos foron bastante precisas xa que os ingresos reais por taxas, prezos p\u00fablicos ou outros ingresos (15,18M\u20ac) case alcanzan a cifra estimada ao comezo do ano (15,34M\u20ac). De igual xeito, houbo un incremento das transferencias correntes notable (87,36M\u20ac fronte a 85,26M\u20ac) mentres que os ingresos patrimoniais tam\u00e9n se mantiveron moi preto da expectativa.<br \/>\nA pesar de que o resultado orzamentario de 2016 ofrece un d\u00e9ficit de 1,64M\u20ac, hai unha mellora notable con respecto a 2015, posto que nese ano o d\u00e9ficit ascendeu a 4,78M\u20ac. Isto sup\u00f3n pasar dun d\u00e9ficit, medido como saldo orzamentario sobre o orzamento, do 4,1% en 2015 a un d\u00e9ficit do 1,4% en 2016. Deste xeito, de acordo coa liquidaci\u00f3n efectuada no ano 2016, o remanente non afectado de tesourer\u00eda que ascend\u00eda a 2,45 mill\u00f3ns de euros en 2015 pasou a ser de 3,09 mill\u00f3ns.<br \/>\nCabe sinalar que se deu unha mellora no saldo medio a pagar a provedores, xa que no ano 2014 era do 5,56% con respecto ao orzamento, en 2015 baixou lixeiramente ata o 4,6%, mentres que no ano 2016 sit\u00faase no 2,1%.<br \/>\n<strong>Infraestruturas<br \/>\n<\/strong>As actuaci\u00f3ns m\u00e1is importantes centr\u00e1ronse en obras que supuxeron un investimento notable para realizar proxectos de reforma ou rehabilitaci\u00f3n como a praza da Maestranza, a residencia universitaria ou o estadio de deportes.<br \/>\nAs obras na praza da Maestranza, executadas para renovar m\u00e1is da metade da lousa, prolong\u00e1ronse durante dous meses. Mentres, en setembro comezou a reforma da entrada do Estadio e novas pistas deportivas. Os problemas meteorol\u00f3xicos provocaron unha demora e quedaron pendentes de remate para 2018.<br \/>\nCanto \u00e1 residencia universitaria da Coru\u00f1a, avanzouse ate un nivel de execuci\u00f3n do 70%. Esp\u00e9rase que finalice a obra no primeiro semestre do ano 2018. Unha vez que se rematen as obras vaise preparar co Concello unha parada de autob\u00fas urbano, instalar wifi e equipar habitaci\u00f3ns e servizos de comedor e lavander\u00eda.<br \/>\nPor outro lado, contin\u00faase coa pol\u00edtica de manter a compra de enerx\u00eda el\u00e9ctrica en tres centros e a posibilidade de adherirse \u00e1 rede Redexga para conseguir mellores tarifas de consumo de electricidade e de gas. Tam\u00e9n se conseguiron certificaci\u00f3ns enerx\u00e9ticas en 11 edificios do Campus de Ferrol.<br \/>\n<strong>Medio Ambiente<br \/>\n<\/strong>Cinco centros dos campus da Coru\u00f1a e de Ferrol contan xa con Bandeira Verde e est\u00e1 en marcha o programa noutros catro centros m\u00e1is.<br \/>\nImos dando pasos significativos en materia de sustentabilidade ambiental. E estes pasos refl\u00edctense no posicionamento da nosa Universidade no r\u00e1nking GreenMetric das universidades do mundo. A UDC est\u00e1 no posto 86 entre o 619 campus concorrentes na edici\u00f3n de 2017.<br \/>\n<strong>Responsabilidade Social: Atenci\u00f3n \u00e1 diversidade<br \/>\n<\/strong>&#8211; Rede SAPDU: A UDC forma parte desta rede de servizos de atenci\u00f3n \u00e1 diversidade dende o ano 2014 de todas as universidades espa\u00f1olas. En 2017 pasamos a coordinar o grupo de traballo de Comunicaci\u00f3n e TIC, no que participan outras 5 universidades.<br \/>\n&#8211; Espazo Compartido: Present\u00e1monos \u00e1 convocatoria da Fundaci\u00f3n ONCE para programas universitarios de emprego dirixidos a x\u00f3venes con discapacidade intelectual. Nesta convocatoria sa\u00edron elexidas 15 universidades. O programa da UDC obtivo a primeira posici\u00f3n.<br \/>\n&#8211; Bolsas para estudantes con necesidades especiais: Anualmente a Universidade da Coru\u00f1a convoca 20 axudas, en r\u00e9xime de concorrencia competitiva, para alumnado con necesidades educativas especiais. No curso 2016-2017 convoc\u00e1ronse por primeira vez as bolsas ONCE-CRUE para pr\u00e1cticas extracurriculares de alumnado con discapacidade. Na UDC benefici\u00e1ronse desta bolsa 6 estudantes.<br \/>\n&#8211; Programa Mentoring Inclusivo: Ao abeiro do convenio asinado coa Fundaci\u00f3n Bancaria \u201cLa Caixa\u201d, comezou a desenvolverse na UDC o programa Mentoring Inclusivo, dese\u00f1ado especificamente para mellorar a inserci\u00f3n laboral dos egresados con discapacidade.<br \/>\n&#8211; Rede UDC-U (UDC Universal): Plan de Acci\u00f3n Titorial para alumnado con diversidade funcional: Dentro do Plan de Acci\u00f3n Titorial, cada centro establece un titor\/a espec\u00edfico para o alumnado con diversidade funcional ou necesidades educativas espec\u00edficas.<br \/>\n&#8211; Programa de pr\u00e1cticas relacionadas coa diversidad: Unha das iniciativas m\u00e1is importantes da unidade \u00e9 establecer un programa de pr\u00e1cticas que conecte a alumnado de distintas titulaci\u00f3ns en temas relacionados coa diversidade.<br \/>\n<strong>Oficina para a Igualdade de X\u00e9nero<br \/>\n<\/strong>\u2022 Entre outras iniciativas, a Oficina para a Igualdade de X\u00e9nero organizou os cursos Docencia e responsabilidade social universitaria e Pol\u00edticias e Pol\u00edticas de igualdade e violencia de x\u00e9nero, dentro do Plan de Apopio ao Ensino.<br \/>\n\u2022 Actos Conmemorativos: O 11 de febreiro: D\u00eda Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Unha cient\u00edfica vista o noso cole. Nos colexios p\u00fablico de Ferrol durante o mes de febereiro. Colaboraci\u00f3n co Concello de Ferrol e a asociaci\u00f3n AMIT_GAL.<br \/>\n\u2022 8 de marzo. Acto institucional na ETS de Arquitectura.<br \/>\n\u2022 25 de novembro. Xornadas de prevenci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n da violencia sexual na mocidade. Postos informativos.<br \/>\n\u2022 Exposici\u00f3ns: Edici\u00f3n da exposici\u00f3n \u201cMulleres nas bibliotecas da UDC&#8221;. Mulleres nos Premios Nobel e &#8220;Mar\u00eda del Milagro Rey Hombre, arquitecta, 1930-2014\u201d.<br \/>\n\u2022 Organizaci\u00f3n de xornadas: V Xornada Universitaria Galega en X\u00e9nero, en Vigo, en colaboraci\u00f3n coas unidades de igualdade da USC e Uvigo. Xornada de prevenci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n da violencia sexual na mocidade.<br \/>\n\u2022 Concursos: V Edici\u00f3n do Concurso de traballos acad\u00e9micos con perspectiva de x\u00e9nero Angeles Alvari\u00f1o e V Edici\u00f3n do Concurso de fotograf\u00eda Rosalind Franklin.<br \/>\n<strong>Centro de Estudos de X\u00e9nero e Feministas<br \/>\n<\/strong>Este centro organizou a V edici\u00f3n do Curso de Historia da Teor\u00eda Feminista, articulado arredor da reconstruci\u00f3n retrospectiva e cronol\u00f3xica do feminismo como tradici\u00f3n intelectual e movemento social. Tam\u00e9n o III Feminario do Centro de Estudos de X\u00e9nero e Feministas. Neste caso o programa aunou a presencia de representantes de instituci\u00f3ns promotoras da igualdade de x\u00e9nero e os feminismos e o alumnado universitario que no presente cursos ou en cursos pasados presentou TFGs e TFMs que se caracterizaban pola presencia da perspectiva de x\u00e9nero.<br \/>\nO Centro de Estudos de X\u00e9nero organiza o curso de ver\u00e1n \u201cA igualdade de x\u00e9nero na axenda para o desenvolvemento\u201d. Pola s\u00faa parte, a revista Atl\u00e1nticas publicou un monogr\u00e1fico sobre \u201cCooeducaci\u00f3n: Feminismo en acci\u00f3n\u201d dirixido polas profesoras da Universidade da Coru\u00f1a Ana Iglesias Galdo e Ana S\u00e1nchez Bello.<br \/>\n<strong>UDC Saudable<br \/>\n<\/strong>Desenvolv\u00e9ronse campa\u00f1as informativas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e de recollida de tel\u00e9fonos m\u00f3biles en distintos centros dos campus da Coru\u00f1a e Ferrol. En outubro organizouse a III Semana UDC Saudable 2017, con obradoiros e charlas sobre aspectos da ciencia e da sa\u00fade.<br \/>\nRematou a fase piloto do proxecto de investigaci\u00f3n \u201cH\u00e1bitos, rutinas e estilos de vida saudables na UDC: Diagn\u00f3stico da situaci\u00f3n e detecci\u00f3n de necesidades\u201d, coa participaci\u00f3n de 20 expertos\/as avaliadores.<br \/>\n<strong>Secretar\u00eda Xeral<\/strong><br \/>\nConsolidaci\u00f3n dos cambios introducidos nos entes instrumentais, en especial a FUAC. A fundaci\u00f3n da universidade xa est\u00e1 a xestionar encargos da Universidade para a xesti\u00f3n dos t\u00edtulos propios, a xesti\u00f3n dos cursos do centro de linguas a alumnados estranxeiro, as pr\u00e1cticas ou a xesti\u00f3n dos contratos de transferencia.<br \/>\nNo \u00e1mbito da normalizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica, o servizo proseguiu co seu labor de promoci\u00f3n do uso do galego na UDC, organizando un curso para o PDI e financiando, a trav\u00e9s do convenio coa Secretar\u00eda Xeral de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica, as xornadas de ver\u00e1n en colaboraci\u00f3n co Concello de Carballo e os cursos de galego para estudantes estranxeiros.<br \/>\nAo longo de 2017 implant\u00e1ronse os sistemas de rexistro electr\u00f3nico, en colaboraci\u00f3n co Servizo de Inform\u00e1tica e Comunicaci\u00f3ns.<br \/>\n<strong>Cooperaci\u00f3n e voluntariado<br \/>\n<\/strong>A Oficina de Cooperaci\u00f3n e Voluntariado (OCV) constr\u00fae cidadan\u00eda cr\u00edtica mediante un amplo programa de acci\u00f3ns formativas e de sensibilizaci\u00f3n. Traballa a prol dos dereitos humanos e a xustiza social con proxectos propios de voluntariado e a promoci\u00f3n da Aprendizaxe-Servizo entre a comunidade universitaria. Facilita o co\u00f1ecemento doutras realidades a trav\u00e9s de bolsas no eido da cooperaci\u00f3n ao desenvolvemento. Lidera o traballo de elaboraci\u00f3n dunha estratexia com\u00fan da UDC para a execuci\u00f3n da Axenda 2030 e a consecuci\u00f3n dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.<br \/>\nEn canto \u00e1 formaci\u00f3n, c\u00f3mpre unha menci\u00f3n singular para as diferentes xornadas de sensibilizaci\u00f3n e formativas en materia de inmigraci\u00f3n, persoas refuxiadas, persoas sen fogar ou educaci\u00f3n para o desenvolvemento, etc, que se desenvolven ao longo do ano e nas que participaron 476 persoas, ademais dos cursos propios de formaci\u00f3n para o voluntariado de nova incorporaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 16 de maio de 2018.- O Claustro da Universidade aprobou esta ma\u00f1\u00e1 a Memoria de xesti\u00f3n de 2017 do reitor con 53 votos<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9341,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9340"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9340"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9340\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10319,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9340\/revisions\/10319"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9341"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9340"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9340"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9340"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}