{"id":9356,"date":"2017-12-22T12:18:38","date_gmt":"2017-12-22T11:18:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9356"},"modified":"2026-03-17T10:27:48","modified_gmt":"2026-03-17T09:27:48","slug":"socioloxia-convocara-un-premio-para-reconecer-os-mellores-tfg","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/socioloxia-convocara-un-premio-para-reconecer-os-mellores-tfg\/","title":{"rendered":"Sociolox\u00eda convocar\u00e1 un premio para reco\u00f1ecer os mellores TFG"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 22 de decembro de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, acudiu o pasado martes \u00e1 Facultade de Sociolox\u00eda, dentro da rolda de visitas que realiza a cada un dos centros universitarios. Estes encontros, abertos a todo o profesorado, persoal de administraci\u00f3n e servizos e estudantado, te\u00f1en como finalidade responder \u00e1s inquedanzas que se presentan en cada facultade de forma directa. Xunto co reitor estivo o secretario Xeral, Carlos Aymerich, e a decana, Raquel Mart\u00ednez Buj\u00e1n.<br \/>\nO reitor comezou explicando os proxectos que se marca a UDC para este curso que son acadar a especializaci\u00f3n do campus da Coru\u00f1a e abrir a oferta de t\u00edtulos universitarios. Ao respecto dos campus de especializaci\u00f3n, Abalde aclarou que seguen os pasos dados en Ferrol coa especializaci\u00f3n como Campus Industrial e que para os campus da Coru\u00f1a estase traballando coas propostas de Sustentabilidade (ambiental e urban\u00edstica, econ\u00f3mica, vida saudable e social) e Innova (innovaci\u00f3n dixital, tecnol\u00f3xica e human\u00edstica), \u00e1reas nas que a UDC ten un gran potencial. O reitor explicou que os campus de especializaci\u00f3n permitir\u00e1n potenciar as acci\u00f3ns dos grupos de investigaci\u00f3n e dos centros tecnol\u00f3xicos para facelos m\u00e1is competitivos e, en xeral, de todo o campus. Sobre o mapa de titulaci\u00f3ns, o reitor lembrou que na UDC se presentara hai dous anos unha proposta dun novo t\u00edtulo, o Grao en Paisaxe, que foi paralizado pola Xunta \u00e1 espera de que o Sistema Universitario Galego (SUG) asinase un acordo de xesti\u00f3n do novo mapa de titulaci\u00f3ns que se rubricou o pasado ano. A Xunta considera neste documento que o SUG ten unha oferta completa en canto ao n\u00famero de t\u00edtulos de grao e mestrado polo que para poder implantar un novo t\u00edtulo haber\u00e1 que eliminar outro, ou po\u00f1er a disposici\u00f3n do novo t\u00edtulo prazas xa existentes. A estratexia da UDC, dixo o reitor, era propor t\u00edtulos vinculados \u00e1s li\u00f1as de especializaci\u00f3n dos campus e que fosen propostas actuais e novidosas para o que se fixo un estudo do sector produtivo galego e da actual oferta no SUG. \u201cDetectamos sectores que precisan formaci\u00f3n de futuro: aeron\u00e1utico, dixital, xesti\u00f3n de datos, moda e a fronteira entre as ciencias biom\u00e9dicas e a enxe\u00f1ar\u00eda, polo que propuxemos graos en catro destes sectores e un mestrado no quinto, ademais de insistir no Grao en Paisaxe que xa ped\u00edramos\u201d, declarou Abalde.<br \/>\nA este encontro na Facultade de Sociolox\u00eda acudiu tam\u00e9n a xefa do Servizo de Prevenci\u00f3n de Riscos Laborais, Helena Fern\u00e1ndez, quen informou a continuaci\u00f3n, da situaci\u00f3n con respecto \u00e1s medidas que se est\u00e1n tomando no edificio para garantir a s\u00faa salubridade, acordadas coa facultade e que avanzan segundo o previsto.<br \/>\nA decana agradeceu a presenza do reitor no centro e apuntou que a Facultade de Sociolox\u00eda ten moito que dicir nos novos campus de especializaci\u00f3n. \u201cTemos catro grupos de investigaci\u00f3n moi importantes na \u00e1rea de sustentabilidade social, con investigadores moi potentes, a \u00fanica Marie Curie da UDC est\u00e1 nesta facultade e temos tam\u00e9n un investigador excelente do programa InTalent UDC-Inditex\u201d, enumerou Mart\u00ednez Buj\u00e1n. O reitor reco\u00f1eceu esta realidade e animou a todos os profesores a incorporarse de xeito inmediato aos grupos de traballo que est\u00e1n perfilando as li\u00f1as estrat\u00e9xicas das novas especialidades que se presentar\u00e1n no mes de marzo. Abalde explicou, a instancias da decana, como ser\u00e1 o novo calendario acad\u00e9mico que se ver\u00e1 modificado co cambio dos exames das probas de acceso \u00e1 Universidade de setembro a xullo a partir do ano 2019 e que provocar\u00e1 que as tres universidades inicien o curso na segunda semana de setembro, a\u00ednda que na UDC xa se vi\u00f1a comezando neste per\u00edodo polo que o cambio non alterar\u00e1 o calendario pero si facilitar\u00e1 o inicio de clases con todo o alumnado incorporado ao mesmo tempo. \u201cTemos un calendario acad\u00e9mico de quince semanas cun per\u00edodo de tres semanas sen docencia, o m\u00e1is longo das tres universidades galegas para dar m\u00e1is facilidades ao alumnado para a realizaci\u00f3n de exames\u201d, manifestou o reitor. Abalde confesou que a UDC ten \u201co calendario m\u00e1is l\u00f3xico desde o punto de vista dos estudantes e de xesti\u00f3n dos centros\u201d.<br \/>\nA normativa de dedicaci\u00f3n docente tivo un oco tam\u00e9n no debate coa comunidade de Sociolox\u00eda. O reitor explicou que est\u00e1 en estudo unha modificaci\u00f3n para mellorar a calidade docente. Un dos profesores concordou con esta proposta e manifestou o seu desexo de acadar unha normativa \u201cm\u00e1is xusta e equitativa\u201d. O reitor explicou que se est\u00e1 a analizar a normativa para facer un diagn\u00f3stico que permita a s\u00faa mellora. Abalde explicou algunhas das caracter\u00edsticas da UDC con respecto a outras universidades espa\u00f1olas como por exemplo a dedicaci\u00f3n docente nos Traballos de Fin de Grao e Fin de Mestrado que, a pesar de que non computan \u00e1 hora do financiamento que aporta a Xunta, a UDC reco\u00f1ece como dedicaci\u00f3n docente, as\u00ed como a presenza de profesorado en tribunais.<br \/>\nNeste punto, novamente interveu a decana para avaliar o labor docente que se fai na Facultade de Sociolox\u00eda cos Traballos de Fin de Grao que \u00e9 \u201cexcelente\u201d, pois o alumnado consegue subir a nota media grazas a el. \u201cCada vez m\u00e1is os TFG son estudos de investigaci\u00f3n que contin\u00faan os alumnos en cursos posteriores, o que \u00e9 importante para a investigaci\u00f3n da nosa \u00e1rea\u201d, abundou. Outro dos profesores insistiu neste tema e pediu un maior reco\u00f1ecemento p\u00fablico para os TFG deste centro. \u201cAqu\u00ed os TFG son de moi alta calidade, estou moi orgulloso dos traballos que se dirixen nesta facultade\u201d, declarou. A decana, que a penas leva un mes no cargo, aproveitou para avanzar algunhas das propostas de traballo para o seu mandato que pasan por convocar un Premio Extraordinario de TFG e a organizaci\u00f3n dunhas xornadas de investigaci\u00f3n social nas que o alumnado poida presentalos. O reitor concordou en que a estes traballos de alta calidade deber\u00eda ofrec\u00e9rselles un valor engadido con publicaci\u00f3ns, maior difusi\u00f3n p\u00fablica en simposios ou congresos especializados e comprometeu o apoio da Reitor\u00eda nestas acci\u00f3ns.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 22 de decembro de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, acudiu o pasado martes \u00e1 Facultade de Sociolox\u00eda, dentro da<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9357,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9356"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9356"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9356\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10325,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9356\/revisions\/10325"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9357"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9356"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9356"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9356"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}