{"id":9362,"date":"2017-12-12T12:26:39","date_gmt":"2017-12-12T11:26:39","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9362"},"modified":"2026-03-17T10:29:15","modified_gmt":"2026-03-17T09:29:15","slug":"o-claustro-aproba-sen-votos-en-contra-as-linas-orzamentarias-da-udc-de-2018","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-claustro-aproba-sen-votos-en-contra-as-linas-orzamentarias-da-udc-de-2018\/","title":{"rendered":"O Claustro aproba sen votos en contra as li\u00f1as orzamentarias da UDC de 2018"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 12 de decembro de 2017.- O vicerreitor de Econom\u00eda, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo Dopico, presentou esta ma\u00f1\u00e1 en Claustro as li\u00f1as xerais orzamentarias do ano 2018, e unha estimaci\u00f3n para o 2019, que foron aprobadas sen ning\u00fan voto en contra, 57 votos a favor e 26 abstenci\u00f3ns.<br \/>\nO orzamento da Universidade da Coru\u00f1a para o pr\u00f3ximo ano sit\u00faase en 123,295 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n un incremento do 3,22% con respecto a 2017. \u201cO exercicio econ\u00f3mico do pr\u00f3ximo ano presenta un escenario no que se est\u00e1 a producir un lixeiro incremento nos ingresos pero \u2013advertiu o vicerreitor de Econom\u00eda-, a UDC contin\u00faa nun contexto econ\u00f3mico restritivo, xa que o orzamento a\u00ednda est\u00e1 por debaixo dos niveis anteriores \u00e1 crise econ\u00f3mica que se situaba en 137,8M\u20ac no ano 2009\u201d. \u201cIsto obriga a conter o nivel de gasto corrente e a non poder realizar actuaci\u00f3ns importantes de investimento en capital\u201d, declarou Calvo Dopico.<br \/>\n\u00c9 de destacar, segundo manifestou o reitor, Julio Abalde, que \u201ca UDC segue sen ter d\u00e9beda por unha xesti\u00f3n rigorosa da s\u00faa econom\u00eda incluso nos peores momentos\u201d.<br \/>\nA principal fonte de financiamento das Universidades Galegas son as achegas da Comunidade Aut\u00f3noma, o que sup\u00f3n aproximadamente o 80% dos orzamentos. As achegas restantes proceden das taxas ou prezos p\u00fablicos e ingresos patrimoniais, captaci\u00f3n de fondos de investigaci\u00f3n a trav\u00e9s de proxectos auton\u00f3micos, nacionais ou europeos; outras achegas de empresas privadas, e remanente.<br \/>\nDentro das achegas da Comunidade Aut\u00f3noma difer\u00e9nciase entre un fondo estrutural e un fondo de resultados. O custe est\u00e1ndar, -a parte m\u00e1is importante do fondo estrutural e que sup\u00f3n a achega m\u00e1is importante xa que \u00e9 a que d\u00e1 resposta \u00e1s necesidades docentes e funcionais-, experimenta un cambio notable. Este fondo evolucionaba directamente en funci\u00f3n do n\u00famero de alumnos mais agora var\u00eda en funci\u00f3n dos cr\u00e9ditos matriculados. A Universidade da Coru\u00f1a mellora a s\u00faa importancia relativa no fondo estrutural pasando dun 26,8% a un 28,02% o que representa un custo est\u00e1ndar de 70,14M\u20ac, e que sup\u00f3n un incremento de 3,76 mill\u00f3ns de euros. A ese fondo do custo est\u00e1ndar hai que engadir no caso especial da UDC unha mellora adicional no financiamento estrutural de 1,4 mill\u00f3ns de euros como compensaci\u00f3n do infrafinanciamento experimentado no anterior Plan de Financiamento entre os anos 2010 e 2015, a ra\u00edz da demanda do recurso contencioso-administrativo que interpuxo a UDC. A Universidade da Coru\u00f1a recibir\u00e1 4,2M\u20ac en total, nas anualidades de 2018, 2019 e 2020.<br \/>\nO fondo de resultados est\u00e1 formado fundamentalmente por dous subfondos: os complementos retributivos e compensaci\u00f3n de matr\u00edculas, e o panel de indicadores. O panel de indicadores, no que se reparten 63,52 mill\u00f3ns de euros, rep\u00e1rtese de xeito competitivo en funci\u00f3n duns indicadores de capacidade docente, investigadora ou de transferencia. A UDC mellora a ponderaci\u00f3n tanto no subfondo dos complementos retributivos como no panel de indicadores. Os datos indican que a Universidade, no seu conxunto, est\u00e1 a mellorar o rendemento da actividade investigadora e de transferencia.<br \/>\nO remanente da UDC estivo a experimentar estes anos unha perda motivada polo contexto orzamentario de restrici\u00f3n financeira pero coa rigorosa xesti\u00f3n da UDC, o remanente de 2018 \u00e9 de 0,589M\u20ac, o que sup\u00f3n un incremento do 20%.<br \/>\nNo cap\u00edtulo de gastos, os gastos de persoal increm\u00e9ntanse nun 2,11% o que sup\u00f3n un 74,78% do orzamento, alcanzando unha cont\u00eda de 92,201M\u20ac. Os investimentos reais dimin\u00faen un 9,78%, se ben poden incrementarse notablemente este ano procedente de achegas do fondo de Investigaci\u00f3n, desenvolvemento e innovaci\u00f3n da Comunidade Aut\u00f3noma en forma de programas da mellora da calidade e da promoci\u00f3n e apoio \u00e1 investigaci\u00f3n e transferencia. Con respecto aos gastos correntes e as transferencias correntes hai un incremento en ambos casos notable.<br \/>\nReal\u00edzase unha proxecci\u00f3n orzamentaria para o ano 2019 de 126,613 mill\u00f3ns de euros, o que supor\u00eda un incremento dun 2,69%, mais esta variaci\u00f3n depender\u00e1 doutros indicadores como a evoluci\u00f3n do PIB da comunidade aut\u00f3noma, a evoluci\u00f3n dos cr\u00e9ditos matriculados no Sistema Universitario Galego ou a evoluci\u00f3n do m\u00f3dulo econ\u00f3mico que determina en gran parte o volume de transferencias correntes que realiza a Xunta de Galicia para o financiamento das necesidades docentes ou funcionais.<br \/>\nFinalmente, a gran novidade para o ano 2018 ser\u00e1 o lanzamento dos Campus de Especializaci\u00f3n para a Coru\u00f1a, o Campus Innova e o Campus da Sustentabilidade. Pret\u00e9ndese avanzar na definici\u00f3n das grandes \u00e1reas e li\u00f1as de especializaci\u00f3n para a Universidade sobre as cales se concreten tanto as li\u00f1as de investigaci\u00f3n ou de transferencia como as \u00e1reas de interese formativo ou acad\u00e9mico. Por medio destes Campus int\u00e9ntase dar unha mellor oferta acad\u00e9mica e mellorar a transferencia de co\u00f1ecemento \u00e1 sociedade.<br \/>\nO orzamento da UDC presentarase de forma detallada na vindeira sesi\u00f3n de Consello de Goberno, o m\u00e9rcores, 20 de decembro, e ter\u00e1 que ser aprobado polo Consello Social para que entre en vigor.<br \/>\nNa sesi\u00f3n de Claustro de hoxe, o reitor informou do estado do novo mapa de titulaci\u00f3ns e do proceso de especializaci\u00f3n dos campus da Coru\u00f1a, logo de que o de Ferrol se especializase como Campus Industrial. Abalde agradeceu expresamente o excelente traballo do director do Campus Industrial de Ferrol, Gin\u00e9s Nicol\u00e1s, e de todo o equipo polos bos resultados que est\u00e1n acadando.<br \/>\nO reitor informou tam\u00e9n da pol\u00edtica de estabilizaci\u00f3n e promoci\u00f3n do profesorado que que permitir\u00e1 empezar o novo ano sen ning\u00fan proceso de estabilizaci\u00f3n pendente, logo de rematar en 2017 con todos os compromisos de estabilizaci\u00f3n e promoci\u00f3n pendentes desde que entrou en vigor en 2012 a taxa de reposici\u00f3n. As\u00ed mesmo deu conta de d\u00faas novas incorporaci\u00f3ns de investigadores do programa de captaci\u00f3n de talento UDC-Inditex, o Programa InTalent, resultado da segunda convocatoria na que se presentaron 64 solicitudes de todo o mundo e que permitir\u00e1 que en xaneiro se incorporen d\u00faas novas fichaxes investigadoras \u00e1 UDC. Acaba de concederse tam\u00e9n, dixo Abalde, a renovaci\u00f3n da agrupaci\u00f3n estrat\u00e9xica dos centros de investigaci\u00f3n CICA e INIBIC, do que forman parte a UDC e o SERGAS; e un fondo de 190.000 euros do Mineco para que a OTRI poida axudar aos investigadores da UDC a participar nas convocatorias de proxectos europeos e de redes internacionais.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 12 de decembro de 2017.- O vicerreitor de Econom\u00eda, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo Dopico, presentou esta ma\u00f1\u00e1 en Claustro as li\u00f1as xerais<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9363,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9362"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9362"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9362\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10328,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9362\/revisions\/10328"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9363"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9362"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9362"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9362"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}