{"id":9386,"date":"2017-05-15T12:49:03","date_gmt":"2017-05-15T10:49:03","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9386"},"modified":"2026-03-17T10:36:40","modified_gmt":"2026-03-17T09:36:40","slug":"o-75-do-claustro-apoia-a-xestion-do-reitor-do-ano-2016","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-75-do-claustro-apoia-a-xestion-do-reitor-do-ano-2016\/","title":{"rendered":"O 75% do Claustro apoia a xesti\u00f3n do reitor do ano 2016"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 15 de maio de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, presentou esta ma\u00f1\u00e1 na sesi\u00f3n do Claustro a Memoria de Xesti\u00f3n de 2016 que foi aprobada polo 75% dos seus membros, con 75 votos a favor, 7 en contra e 18 abstenci\u00f3ns.<br \/>\n<strong>Intervenci\u00f3n Claustro Memoria Reitor 2016<br \/>\nJulio Abalde Alonso, Reitor<\/strong><\/p>\n<p>\u201cEstimados claustrais,<br \/>\nEsta \u00e9 a primeira ocasi\u00f3n en que este equipo de goberno, que me honro en presidir, fai unha rendici\u00f3n de contas ante o claustro da s\u00faa Xesti\u00f3n, a desenvolvida no primeiro ano da lexislatura. Fac\u00e9mola non s\u00f3 para dar cumprimento \u00e1s nosas normas estatutarias sen\u00f3n por que cremos firmemente que a transparencia e a rendici\u00f3n de contas a sociedade \u00e1 que servimos son principios b\u00e1sicos nos que se debe asentar un goberno democr\u00e1tico e moderno, e esa rendici\u00f3n de contas fac\u00e9mola no claustro universitario onde est\u00e1 representado o profesorado, o estudantado e o persoal de administraci\u00f3n e servizos, \u00e9 dicir, toda a comunidade da UDC.<br \/>\nAproveitamos esta nova etapa para presentar unha nova estrutura da Memoria do Reitor, agrup\u00e1ndose os datos estat\u00edsticos por \u00e1reas tem\u00e1ticas: \u00e1rea de estrutura institucional, \u00e1rea acad\u00e9mica, \u00e1rea de investigaci\u00f3n e transferencia, \u00e1rea de recursos humanos, area econ\u00f3mica e informaci\u00f3n dos distintos servizos. Ademais, para facilitar a s\u00faa consulta incl\u00faese un primeiro cap\u00edtulo introdutorio no que se indican os principais fitos en cada un dos apartados separado das t\u00e1boas e figuras.<br \/>\nComentarei a continuaci\u00f3n os aspectos que consideramos mais relevantes da memoria do ano 2016<br \/>\n<strong>Reforma das estructuras acad\u00e9micas da UDC<br \/>\n<\/strong>En outubro, o Consello de Goberno da Universidade da Coru\u00f1a d\u00e1 o visto bo \u00e1 Proposta de racionalizaci\u00f3n de estruturas acad\u00e9micas da UDC elaborada pola comisi\u00f3n creada polo Consello de Goberno. D\u00e1se fin as\u00ed a un longo traballo que comezou en maio do 2015.<br \/>\nPensamos que foi un proceso dialogado e consensuado con todos os estamentos e realizouse con transparencia, informaci\u00f3n e di\u00e1logo con numerosas reuni\u00f3ns, incorpor\u00e1ndose a maior\u00eda das emendas presentadas.<br \/>\nO obxectivo da reestruturaci\u00f3n \u00e9 a mellora da docencia, o impulso \u00e1 transferencia de co\u00f1ecemento e da investigaci\u00f3n e a consecuci\u00f3n dunha estrutura administrativa m\u00e1is eficiente, \u00e1xil e flexible, para facer fronte aos retos futuros en mellores condici\u00f3ns. Este Plan sup\u00f3n a primeira reforma de calado da estrutura da UDC nos seus 27 anos de existencia. O Plan prop\u00f3n criterios obxectivos para determinar a composici\u00f3n dos equipos directivos das facultades e escolas, para que sexan proporcionais ao tama\u00f1o da comunidade do centro, e a supresi\u00f3n de departamentos que pasan de 43 a 27.<br \/>\nComo se indicou no anterior apartado o proceso finalizou o pasado venres 28 de abril no que se elixiron os representantes dos Centros e Departamentos no Consello de Goberno.<br \/>\nEste proceso de reestruturaci\u00f3n foi posible pola actitude construtiva e propositiva do profesorado, o persoal de administraci\u00f3n e servizos e o estudantado que posibilitaron a culminaci\u00f3n dun proceso de reestruturaci\u00f3n deste calado, que nunca \u00e9 doado, o agradecemento a toda a comunidade da UDC.<br \/>\n<strong>Acad\u00e9mica:<br \/>\n<\/strong><u>T\u00edtulos:<br \/>\n<\/u>No curso 2016-2017 prod\u00facese como dato m\u00e1is salientable a extinci\u00f3n definitiva das titulaci\u00f3ns correspondentes \u00e1 ordenaci\u00f3n acad\u00e9mica anterior. Unicamente o estudantado das titulaci\u00f3ns en Enxe\u00f1eiro de Inform\u00e1tica, Arquitecto, Enxe\u00f1eiro de Cami\u00f1os, Canais e Portos, Enxe\u00f1eiro Naval e Oce\u00e1nico e Enxe\u00f1eiro Industrial dispor\u00e1 at\u00e9 o vindeiro curso acad\u00e9mico para superar o Proxecto Fin de Carreira da s\u00faa titulaci\u00f3n. A oferta acad\u00e9mica consol\u00eddase en 38 graos. Varias destas titulaci\u00f3ns son \u00fanicas no Sistema Universitario Galego. Consolidouse tam\u00e9n a oferta de programas de simultaneidade.<br \/>\nPolo que se refire aos mestrados universitarios, a Universidade da Coru\u00f1a disp\u00f3n neste momento dunha oferta estable e equilibrada entre as distintas ramas de co\u00f1ecemento. A oferta de nova matr\u00edcula para este curso foi de 48 mestrados. Hai que salientar que sete dos mestrados te\u00f1en a consideraci\u00f3n de mestrados internacionais, dous deles conxuntos con universidades estranxeiras.<br \/>\nNo curso 2016-2017 implant\u00e1ronse catro novos mestrados:<br \/>\nMestrado en Bioinform\u00e1tica para Ciencias da Sa\u00fade,<br \/>\nMestrado en Eficiencia e Aproveitamento Enerx\u00e9tico,<br \/>\nMestrado en Planificaci\u00f3n e Xesti\u00f3n de Destinos e Novos Produtos Tur\u00edsticos,<br \/>\nMestrado en Pol\u00edticas Sociais e Intervenci\u00f3n Sociocomunitaria.<br \/>\nCanto ao Doutoramento, implantouse no curso 2016-2017 un novo programa: Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento. Ofert\u00e1ronse un total de 36 programas de doutoramento. O n\u00famero de teses de doutoramento defendidas no 2016 foi de 273. Esta cifra, que case triplica ao n\u00famero habitual de defensas dun curso acad\u00e9mico, d\u00e9bese \u00e1s condici\u00f3ns de extinci\u00f3n dos programas de doutoramento establecidas no Real decreto 99\/2011. Un total de 65 teses recibiron a Menci\u00f3n Internacional, para cuxa consecuci\u00f3n est\u00e1n a resultar fundamentais as axudas do programa INDITEX-UDC. Na convocatoria do 2016 un total de 29 estudantes gozaron da devandita bolsa.<br \/>\n<u>Evoluci\u00f3n da matr\u00edcula:<br \/>\n<\/u>O n\u00famero de estudantes de graos diminu\u00edu lixeiramente, pois pasou de 14.037 no 2015 a 13.913 no 2016. Isto p\u00f3dese explicar pola complexa situaci\u00f3n socioecon\u00f3mica actual, que co endurecemento das condici\u00f3ns de acceso as bolsas e coa ca\u00edda demogr\u00e1fica provoca un descenso xeralizado do n\u00famero de estudantes universitarios.<br \/>\nA evoluci\u00f3n da matr\u00edcula nos mestrados e nos programas de doutoramento da UDC \u00e9 moi positiva. Conf\u00edrmase a tendencia de crecemento dos \u00faltimos anos. Pasouse de 1.393 estudantes de mestrado en 2014, a 1.610 en 2015 e a 1.729 en 2016. Nos programas de doutoramento, a matr\u00edcula en 2014 foi de 560 estudantes, de 865 en 2015, e ascendeu a 985 alumnos en 2016.<br \/>\nEstamos, pois, nunha fase de consolidaci\u00f3n da estrutura completa das titulaci\u00f3ns. Esta nova estrutura fai necesaria a avaliaci\u00f3n continua do impacto das novas actividades. Como consecuencia, desta avaliaci\u00f3n realiz\u00e1ronse reformas das normativas acad\u00e9micas para acom\u00f3dalas \u00e1 nova situaci\u00f3n. Estas novas adaptaci\u00f3ns s\u00f3 foron posibles pola colaboraci\u00f3n e polo traballo dos equipos directivos das diferentes facultades e escolas implicadas, da Escola Internacional de Doutoramento, as\u00ed como de toda a comunidade universitaria da UDC.<br \/>\n<u>Universidade Senior:<br \/>\n<\/u>Por outro lado, a Universidade S\u00e9nior mantense en continua expansi\u00f3n, tanto na Coru\u00f1a como en Ferrol. O n\u00famero de alumnado no curso 2016-2017 foi de 875 estudantes, dos que 604 cursan os seus estudos no campus da Coru\u00f1a e 271 no campus de Ferrol, dos que o 76% son mulleres. As\u00ed mesmo seguiuse a incrementar tanto a presenza en distintos foros como os intercambios con universidades espa\u00f1olas e estranxeiras. Desde 2016 a Universidade S\u00e9nior \u00e9 membro de AIUTA, Asociaci\u00f3n Internacional de Terceira Idade. Neste mesmo ano tam\u00e9n recibiu o Reco\u00f1ecemento das Actividades de Dimensi\u00f3n Europea como Boas Pr\u00e1cticas, por parte da Asociaci\u00f3n Estatal de Programas Universitarios para Maiores (AEPUM).<br \/>\n<u>Calidade e avaliaci\u00f3n:<br \/>\n<\/u>Neste curso, 22 t\u00edtulos de grao e de mestrado universitario da UDC ou coordinados por ela renovaron a acreditaci\u00f3n. Ademais, continuouse co proceso de certificaci\u00f3n da implantaci\u00f3n dos Sistemas de Garant\u00eda Interna de Calidade dos distintos centros e a Facultade de Filolox\u00eda superou a certificaci\u00f3n da implantaci\u00f3n do SGIC con resultado positivo, polo que xa son 10 os centros da UDC que te\u00f1en o seu sistema certificado.<br \/>\n<u>Formaci\u00f3n e innovaci\u00f3n docente:<br \/>\n<\/u>A posta en marcha do proceso de institucionalizaci\u00f3n da Aprendizaxe Servizo supuxo un importante incremento dos proxectos realizados pola comunidade docente e das entidades conveniadas coa UDC. Apostouse tam\u00e9n pola formaci\u00f3n en modalidade virtual e semipresencial, ofert\u00e1ndose un total de 11 cursos en ambas as d\u00faas modalidades. Mantense o curso \u201cEstratexias para incrementar a visibilidade e os resultados da investigaci\u00f3n\u201d, dirixido a investigadores da nosa universidade e dese\u00f1ado pola Unidade de Teleformaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n coa Biblioteca Universitaria, ofreceuse unha segunda edici\u00f3n neste curso acad\u00e9mico ampliando a oferta ao alumnado de doutoramento. Quero felicitar tanto ao CUFIE como \u00e1 Biblioteca pola organizaci\u00f3n deste curso.<br \/>\nCo \u00e1nimo de divulgar as experiencias innovadoras que os docentes levan a cabo diariamente nas s\u00faas aulas, o CUFIE organizou en outubro de 2016 as I Xornadas de Innovaci\u00f3n Docente da UDC, que contou con m\u00e1is dun centenar de participantes.<br \/>\n<strong>Internacionalizaci\u00f3n<br \/>\n<\/strong>A Internacionalizaci\u00f3n \u00e9 outro dos eixos estrat\u00e9xicos da UDC e para o seu desenvolvemento l\u00e9vanse a cabo unha serie de acci\u00f3ns como son a promoci\u00f3n da UDC no eido internacional, coa asistencia a eventos que dan a co\u00f1ecer a nosa universidade no estranxeiro, e a firma de convenios para aumentar o n\u00famero de estudantes e profesores entrantes e sa\u00edntes da nosa universidade.<br \/>\nNo curso 2015\/16 a mobilidade de estudantes volve a incrementarse despois do lixeiro descenso rexistrado no curso 14\/15, debido aos recortes nos importes das bolsas, e ao incremento dos requisitos ling\u00fc\u00edsticos.<br \/>\n<u>lnternational Summer School:<br \/>\n<\/u>No ano 2016 celebrouse a 3\u00aa edici\u00f3n da lnternational Summer School, cunha oferta de 18 cursos de tres semanas de duraci\u00f3n, impartidos en ingl\u00e9s por profesorado de universidades estranxeiras e dirixidos a estudantes da UDC e estranxeiros.<br \/>\nSegue a consolidarse ao longo do ano 2016 o programa de docencia en ingl\u00e9s en titulaci\u00f3ns da UDC. Os resultados destes programas est\u00e1n sendo xa comprobados na realidade: compre destacar o aumento de estudantes internacionais nas titulaci\u00f3ns en que se imparten aulas en ingl\u00e9s e o incremento das posibilidades de establecer t\u00edtulos dobres ou conxuntos.<br \/>\n<strong>Investigaci\u00f3n e transferencia<br \/>\n<\/strong>A investigaci\u00f3n e a transferencia dos resultados son apostas estrat\u00e9xicas do plan estrat\u00e9xico 2013-2020. Na UDC vimos apostando pola mellora continua dos indicadores en investigaci\u00f3n e transferencia.<br \/>\nA captaci\u00f3n de recursos externos para a investigaci\u00f3n durante o ano 2016 foi de m\u00e1is de 13 mill\u00f3ns de euros, aumentando 1,4 veces os fondos conseguidos no ano anterior, este aumento foi maior en proxectos e axudas competitivas, onde pasou de 4 mill\u00f3ns de euros do 2015 ata os 8,5 mill\u00f3ns do 2016. O motivo deste incremento, neste tipo de captaci\u00f3n de recursos externos, debeuse en gran medida a resoluci\u00f3n de proxectos estatais neste per\u00edodo.<br \/>\nNa captaci\u00f3n de fondos competitivos cabe destacar a convocatoria de infraestruturas cient\u00edficas do MINECO do 2016, na que a UDC obtivo un total de 13 acci\u00f3ns cunha cont\u00eda total de 3,36 mill\u00f3ns de euros.<br \/>\nNo tocante a outras axudas de investigaci\u00f3n resaltar que foron concedidos 5 grupos de potencial crecemento, 5 novos grupos de referencia<br \/>\nAdemais, cabe resaltar o reco\u00f1ecemento do Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas da Informaci\u00f3n e das Comunicaci\u00f3ns (CITIC) como centro Singular de Investigaci\u00f3n de Galicia para os pr\u00f3ximos 4 anos.<br \/>\nCabe destacar no \u00e1mbito de axudas competitivas a Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n (UMI \u201cEstaleiro 4.0 ou estaleiro do futuro\u201d) que a UDC ten coa empresa NAVANTIA e que neste ano 2016 desenvolveuse con plena satisfacci\u00f3n.<br \/>\n<u>Contratos e convenios<br \/>\n<\/u>No eido da transferencia cabe destacar o n\u00famero de contratos con empresas e administraci\u00f3ns p\u00fablicas asinados, que foron 243, o que sup\u00f3n a cifra m\u00e1is alta dos \u00faltimos anos. A maior parte destes contratos (135) foron xestionados a trav\u00e9s de Fundaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a (FUAC) que ao final do ano 2016 cambiou a s\u00faa composici\u00f3n societaria para o mellor desenvolvemento das s\u00faas actividades. A cantidade total destes contratos con empresas e administraci\u00f3ns p\u00fablicas superou os 4,5 mill\u00f3ns de euros.<br \/>\nCon respecto \u00e1 captaci\u00f3n de axudas europeas d\u00e9bese destacar a conseguida polo investigador Carlos G\u00f3mez Rodr\u00edguez, que tivo a segunda das axudas \u201cStarting Grants\u201d coas que conta a UDC e que est\u00e1n ligadas ao programa \u201cEuropean Research Council (ERC)\u201d. A axuda conseguida \u00e9 de 1,5 mill\u00f3ns de euros coa fin de investigar temas relacionados coa linguaxe sint\u00e1ctica para emprego en redes sociais e en traduci\u00f3n simult\u00e1nea.<br \/>\nComo iniciativa propia da UDC cabe destacar a posta en marcha durante o ano 2016 do convenio asinado entre a nosa universidade e a empresa INDITEX para a captaci\u00f3n de investigadores, denominado<strong> InTalent UDC-INDITEX<\/strong>. Este programa ten por finalidade a contrataci\u00f3n de investigadores de prestixio internacional, que poidan conseguir financiamento competitivo internacional para a UDC.<br \/>\nA produci\u00f3n cient\u00edfica da UDC medrou de xeito importante neste ano 2016, chegando ao m\u00e1ximo hist\u00f3rico de artigos cun total de 827. Este crecemento \u00e9 xa sostido nos \u00faltimos cinco anos. Neste aspecto quero deixar constancia do magn\u00edfico traballo de seguimento e visibilizaci\u00f3n do profesorado da UDC nas bases de datos bibliogr\u00e1ficas, realizado polo persoal do servizo de bibliotecas, tanto a central como a dos distintos centros da UDC.<br \/>\n<strong>Persoal Docente e Investigador (PDI):<br \/>\n<\/strong>As pol\u00edticas de acceso e promoci\u00f3n do persoal docente e investigador no ano 2016 seguiron condicionadas por un marco normativo e econ\u00f3mico restritivo. A\u00ednda que a taxa de reposici\u00f3n situ\u00e1base por primeira vez no 100%, o n\u00famero reducido de xubilaci\u00f3ns efectivas do ano anterior fai que a oferta de emprego p\u00fablico do persoal docente e investigador da UDC se limite no ano 2016 a 13 prazas, un volume insuficiente para cubrir tanto as necesidades de estabilizaci\u00f3n das figuras de profesorado con compromiso de estabilidade como as necesidades de promoci\u00f3n dunha plantilla que acumula cerca de 200 profesores acreditados sen poder promocionar.<br \/>\nNo 2016 dest\u00ednanse 8 prazas \u00e1 estabilizaci\u00f3n dos\/as profesores\/as Axudantes Doutores\/as que finalizaron o seu contrato no ano 2015 (7 prazas de Profesor\/a Contratado\/a Doutor\/a e 1 praza de Profesor\/a Titular de Universidade) e 3 prazas para \u00e1 promoci\u00f3n a Titular de Universidade dos\/as Profesores\/as Contratados\/as Doutores\/as acreditados\/as. De acordo ao que se establece no artigo 36 da Lei 12\/2015 e no artigo 20.2.j da Lei 48\/2015, d\u00faas prazas res\u00e9rvanse para a contrataci\u00f3n como persoal laboral fixo de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ram\u00f3n e Cajal e obtivese o certificado I3. Adicionalmente, en aplicaci\u00f3n do disposto na disposici\u00f3n derradeira segunda do RD Lei 10\/2015, incl\u00faense na OPE 4 prazas de Catedr\u00e1tico\/a de Universidade polo procedemento de promoci\u00f3n interna.<br \/>\nA oferta de emprego p\u00fablico do ano 2016 \u00e9 insuficiente para permitir a estabilizaci\u00f3n do profesorado con compromiso de estabilidade que finaliza o seu contrato en 2016 e a promoci\u00f3n de todo o profesorado con prazas de Catedr\u00e1tico\/a de Universidade aprobadas polo Consello de Goberno en 2012. Despois de priorizar a \u00fanica praza de Titular de Universidade aprobada nese mesmo ano, a OPE permite a posta en marcha dunha primeira convocatoria coa fin de que o profesorado Contratado Doutor acreditado para acceder ao corpo de Titulares de Universidade solicite a creaci\u00f3n dunha das d\u00faas prazas ofertadas na s\u00faa \u00e1rea de co\u00f1ecemento. A esta convocatoria present\u00e1ronse m\u00e1is de 40 profesores.<br \/>\nOs esforzos dos \u00f3rganos de goberno da UDC centr\u00e1ronse en minimizar os efectos deste contexto restritivo, mantendo estable o n\u00famero de efectivos, priorizando a estabilizaci\u00f3n de profesorado e maximizando as posibilidades de promoci\u00f3n despois do bloqueo imposto entre os anos 2012 e 2015.<br \/>\n<u>Ademais podemos destacar as seguintes medidas:<br \/>\n<\/u>&#8211; Mantense o programa para reducir o n\u00famero de Profesores\/as contratados\/as Interinos\/as de Substituci\u00f3n coa s\u00faa transformaci\u00f3n mediante concursos en Profesores\/as Axudantes Doutores\/as: en 2016 convoc\u00e1ronse 20 concursos.<br \/>\n&#8211; Mantense a suspensi\u00f3n da posibilidade de convocar prazas de Axudante. Mantense ademais a suspensi\u00f3n da contrataci\u00f3n de novos profesores em\u00e9ritos mentres non se defina un marco normativo para o seu nomeamento.<br \/>\n&#8211; En 2016 convoc\u00e1ronse 66 concursos de profesor\/a Asociado\/a ou Contratado\/a Interino\/a de Substituci\u00f3n para a provisi\u00f3n temporal de postos de PDI para cubrir necesidades docentes urxentes.<br \/>\n<strong>Persoal de Administraci\u00f3n e Servizos (PAS):<br \/>\n<\/strong>Como continuaci\u00f3n dos procesos iniciados en 2015, no exercicio 2016 desenvolv\u00e9ronse as seguintes acci\u00f3ns:<br \/>\nConvocatoria da terceira fase do proceso de funcionarizaci\u00f3n conforme ao calendario establecido no Acordo asinado coas centrais sindicais en xullo de 2012. Este feito \u00e9 o que determina, comparativamente cos datos recollidos nas memorias dos exercicios anteriores, un substancial incremento de PAS funcionario e a correlativa minoraci\u00f3n de efectivos laborais.<br \/>\nPublicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia n\u00famero 10 do 18 de xaneiro de 2016 da relaci\u00f3n de postos de traballo do persoal funcionario de administraci\u00f3n e servizos.<br \/>\nCon esta nova RPT proc\u00farase acadar: melloras organizativas e de carreira profesional; apertura de subgrupos de adscrici\u00f3n de postos de subescalas especiais, para facilitar a s\u00faa promoci\u00f3n profesional do persoal funcionarizado; a reorganizaci\u00f3n e reforzo da Oficina de Relaci\u00f3ns Internacionais; inclusi\u00f3n de perfiles ling\u00fc\u00edsticos en unidades dos servizos de Investigaci\u00f3n, reforzando tam\u00e9n efectivos para a captaci\u00f3n e xesti\u00f3n de fondos europeos; reorganizaci\u00f3n de servizos de conserxar\u00eda nos centros; unha mellor estruturaci\u00f3n dos servizos de Inform\u00e1tica e Comunicaci\u00f3ns.<br \/>\n<strong>Estudantes<br \/>\n<\/strong>Realiz\u00e1ronse diferentes acci\u00f3ns relacionadas coa Empregabilidade dos nosos titulados. Entre estas destacamos a participaci\u00f3n da UDC como centro colaborador do proxecto YUZZ. Este proxecto aporta as persoas participantes formaci\u00f3n, apoio e asesoramento personalizado durante o desenvolvemento do plan de negocio.<br \/>\n<u>Bolsas<br \/>\n<\/u>Para compensar as dificultades econ\u00f3micas que lle impidan continuar os estudos conducentes \u00e1 obtenci\u00f3n dun t\u00edtulo oficial, a Universidade da Coru\u00f1a concedeu 41 axudas a estudantado en situaci\u00f3n de dificultades econ\u00f3micas. Tam\u00e9n co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades no \u00e1mbito de educaci\u00f3n universitaria, conced\u00e9ronse entre o curso 2016-2017, 213 axudas destinadas ao aloxamento.<br \/>\n<strong>Extensi\u00f3n universitaria: Cultura e Deportes<br \/>\n<\/strong>Na Area de Cultura ademais dunha nova edici\u00f3n do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coru\u00f1a (FITEUC), cabe destacar a exposici\u00f3n BDG70 A REVOLTA DO C\u00d3MIC GALEGO, en NORMAL. Esta exposici\u00f3n puxo de relevo a gran cantidade de artistas que, a\u00ednda en per\u00edodo ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e art\u00edstico a trav\u00e9s dun medio a\u00ednda marxinal, o c\u00f3mic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego.<br \/>\nNa \u00e1rea de deportes destacar que a oitava edici\u00f3n dos Premios UDC Deportes recaeu en Carlos Lal\u00edn Novoa, doutor da Actividade F\u00edsica e do Deporte pola UDC, \u00e9 readaptador f\u00edsico que desenvolveu a s\u00faa traxectoria en equipos como o Deportivo, Real Madrid, Chelsea e Manchester United.<br \/>\n<u>Divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e cultural<br \/>\n<\/u>Entre as distintas acci\u00f3ns de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica cabe sinalar a creaci\u00f3n da C\u00e1tedra de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica Isabel Zendal promovida polo Concello da Coru\u00f1a. Foi presentada o m\u00e9rcores 21 de decembro na Xornada de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica &#8220;Isabel Zendal&#8221; coa intervenci\u00f3n do escritor Javier Moro e do periodista Antonio L\u00f3pez Mari\u00f1o, grandes co\u00f1ecedores e investigadores da vida e obra de Isabel Zendal.<br \/>\n<strong>Orzamentos e liquidaci\u00f3ns<br \/>\n<\/strong>O 21 de abril de 2016 o Consello Social aprobou os orzamentos da Universidade da Coru\u00f1a para o ano 2016, os cales estaban prorrogados xa que en decembro de 2015 celebr\u00e1ronse as elecci\u00f3ns a Reitor para o per\u00edodo 2016-2019.<br \/>\nO orzamento da UDC para 2016 foi de 116,32 mill\u00f3ns de euros. Esta cantidade sup\u00f3n un incremento de 0,13 mill\u00f3ns, o que equivale a un incremento dun 0,11%.<br \/>\nAs diferenzas entre os anos 2015 e 2016 que se observan entre os diferentes conceptos de gasto son escasas. O compo\u00f1ente de financiamento m\u00e1is importante corresponde \u00e1s achegas por transferencias correntes, o que sup\u00f3n un 73,29% no ano 2016 \u2013fronte a un 71,20% no ano 2015-. As taxas acad\u00e9micas supo\u00f1en un ingreso tam\u00e9n importante, en concreto un 13,19%. Finalmente, as transferencias de capital alcanzan un 12,80% que se reducen con respecto ao ano anterior un 13,68% ao pasar de 15.900.847,60 \u20ac a 14.888.806,49 \u20ac.<br \/>\nPolo que respecta aos gastos, o orzamento responde aos compromisos de mantemento de persoal e tratamento preferente \u00e1s bolsas e axudas a estudantes co fin de minorar os efectos da reduci\u00f3n de axudas p\u00fablicas para o acceso en igualdade de condici\u00f3ns \u00e1 universidade. Igualmente, a porcentaxe do gasto de bens e servizos aumentou preto dun 2% en tanto que as transferencias correntes baixaron un 16%.<br \/>\nHai unha notable ca\u00edda no investimento do 22,7% ao pasar de 11.843.366,35 \u20ac no ano 2015 a 9.155.702,45 \u20ac no ano 2016.<br \/>\n<strong>Infraestruturas<br \/>\n<\/strong>A principal actuaci\u00f3n acometeuse froito das xesti\u00f3ns iniciadas no ano 2014, a obra de reforma e ampliaci\u00f3n do edificio CITEEC, adxudicada por 1.689.945,07\u20ac, que a finais de ano 2015 superaba a metade da execuci\u00f3n do contrato. No ano 2016 puido rematarse a obra, a cal foi recepcionada en agosto de 2016. Esta obra sup\u00f3n un gran avance nas infraestruturas de edificaci\u00f3n e enxe\u00f1ar\u00eda civil para esta universidade.<br \/>\n<strong>Medio Ambiente<br \/>\n<\/strong><u>Programa Green Campus<br \/>\n<\/u>O 20 de xu\u00f1o de 2016 tivo lugar a xornada \u201cGRENCAMPUS EN CENTROS DA UDC 2016\u201d que transcorreu na Facultade Ciencias da Educaci\u00f3n (Elvi\u00f1a) e na ETS Arquitectura (A Zapateira). Estes dous centros present\u00e1ronse en setembro de 2016 \u00e1 avaliaci\u00f3n externa por ADEAC e ambos os dous acadaron a Bandeira Green Campus, que se v\u00e9n a sumar as\u00ed \u00e1s acadadas en 2015 pola EUAT e a FCS.<br \/>\nAs\u00ed mesmo, ao longo de 2016 tivo lugar a adhesi\u00f3n ao programa GreenCampus de tres novos centros da UDC: ETS Enxe\u00f1ar\u00eda de Cami\u00f1os, Canais e Portos (xaneiro), Facultade e Filolox\u00eda (xullo) e Facultade de Fisioterapia (decembro).<br \/>\nO programa Green Campus desenv\u00f3lvese no marco convenio de colaboraci\u00f3n entre a Universidade da Coru\u00f1a e a Asociaci\u00f3n de Educaci\u00f3n Ambiental y del Consumidor (ADEAC), esta \u00faltima como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE), asinado en febreiro 2014<br \/>\n<u>A UDC no Ranking internacional GreenMetric 2016<br \/>\n<\/u>O GreenMetric Ranking of World Universities compara os esforzos das universidades cara a sustentabilidade ambiental e \u00e1s pol\u00edticas de xesti\u00f3n respectuosas co ambiente. A Universidade da Coru\u00f1a presentouse por primeira vez en 2016 e acadou a posici\u00f3n 149 a nivel mundial (percentil 71, entre 516 universidades de 75 pa\u00edses), e o n\u00famero 13 a nivel estatal, dun total de 27 universidades espa\u00f1olas, sendo a primeira do Sistema Universitario Galego.<br \/>\n<strong>Responsabilidade Social:<br \/>\n<\/strong><u>Unidade de Atenci\u00f3n \u00e1 Diversidade<br \/>\nCampus Inclusivos: <\/u>A UDC xunto coa Fundaci\u00f3n ONCE, a Fundaci\u00f3n REPSOL e o Ministerio de Educaci\u00f3n, Cultura e Deporte puxeron en marcha no 2016 de forma conxunta unha nova convocatoria do programa \u201cCampus Inclusivos. Campus sen l\u00edmites\u201d, co obxectivo principal de incrementar a presenza activa de persoas con discapacidade nas universidades espa\u00f1olas.<br \/>\n<u>Espazo Compartido:<\/u> Grazas \u00e1 sinatura dun novo convenio de colaboraci\u00f3n (1 de decembro de 2016) entre a Universidade da Coru\u00f1a, a Fundaci\u00f3n Universia e o Banco Santander, seguirase co desenvolvemento do Programa Espazo Compartido. Programa universitario de formaci\u00f3n en habilidades persoais, sociais e competencias b\u00e1sicas dirixido a mozos e mozas con discapacidade cognitiva leve.<br \/>\nBolsas para estudantes con necesidades especias: Anualmente a Universidade da Coru\u00f1a convoca 20 axudas en r\u00e9xime de concorrencia competitiva, para estudantes con necesidades educativas especiais matriculados nos centros da Universidade da Coru\u00f1a. Neste ano 2016 conseguiuse financiamento externo para estas bolsas a trav\u00e9s dun convenio coa Fundaci\u00f3n bancaria \u201cLa Caixa\u201d<br \/>\nPrograma Mentoring Inclusivo: Ao amparo do convenio asinado coa Fundaci\u00f3n bancaria \u201cLa Caixa\u201d comezou a desenvolverse na Universidade da Coru\u00f1a o programa Mentoring Inclusivo, dese\u00f1ado especificamente para mellorar a inserci\u00f3n laboral dos egresados da UDC con discapacidade.<br \/>\n<u>Oficina para a Igualdade de X\u00e9nero<br \/>\n<\/u>Celebrouse con distintos actos o D\u00eda Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia as\u00ed como o Acto institucional do d\u00eda da muller na Escola Polit\u00e9cnica Superior<br \/>\nEn colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia realizouse a Exposici\u00f3n das premiadas \u201cMar\u00eda Josefa Wonenburger\u201d da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia<br \/>\nDentro das actividades Contra a violencia de x\u00e9nero enc\u00e1drase a creaci\u00f3n dun sitio web para material elaborado na UDC contra a violencia de x\u00e9nero entre os que est\u00e1n v\u00eddeos de sensibilizaci\u00f3n contra a violencia de x\u00e9nero elaborados por alumnado da Facultade de Enfermar\u00eda e Podolox\u00eda de Ferrol<br \/>\n<u>Centro de Estudos de X\u00e9nero e Feministas<br \/>\n<\/u>O 29 de novembro de 2016 presentouse o primeiro n\u00famero da revista do CEXeF: Atl\u00e1nticas. Revista Internacional de Estudios Feministas.<br \/>\n<u>UDCSaudable<br \/>\n<\/u>A UDC incorp\u00f3rase como membro fundacional na Asociaci\u00f3n \u201cRed Espa\u00f1ola de Universidades Saludables. Entre o 3 e o 7 de outubro cel\u00e9brase a II Semana UDC Saudable.<br \/>\n<strong>Campus de Ferrol<br \/>\n<\/strong>Campus de Especializaci\u00f3n <strong>Campus Industrial<br \/>\n<\/strong>O 8 de xullo de 2016 tivo lugar o acto de presentaci\u00f3n do Campus Industrial, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia. O 1 de agosto de 2016 asinouse un novo convenio, entre a Conseller\u00eda de Cultura, Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria e a UDC para actuaci\u00f3ns nos centros e unidades de transferencia tecnol\u00f3xica e no Campus Industrial de Ferrol. Desde xullo de 2016 desempe\u00f1a as funci\u00f3ns de director do Campus Industrial de Ferrol o Prof. Dr. Gin\u00e9s Nicol\u00e1s.<br \/>\nDurante este ano visitaron o Campus Industrial de Ferrol delegaci\u00f3ns de distintas universidades estranxeiras como a Universidade Estatal de Surgut (Rusia) e un grupo de universidades de Australia.<br \/>\n<u>C\u00e1tedra Jorge Juan<br \/>\n<\/u>A Universidade da Coru\u00f1a e a Armada xestionan de xeito conxunto as actividades da C\u00e1tedra Jorge Juan. Cada ano, de xeito alterno, corresp\u00f3ndelle a unha ou outra instituci\u00f3n designar un director. Ata o 14 de setembro de 2016 exerceu a direcci\u00f3n a profesora da UDC, D\u00aa. M\u00aa. Carmen Ram\u00edrez G\u00f3mez, a que queremos agradecer o seu traballo. A partir desta data desempe\u00f1a a direcci\u00f3n da c\u00e1tedra o Capit\u00e1n de Nav\u00edo Comandante-Director da Escola de Especialidades &#8220;Antonio de Esca\u00f1o&#8221; Alfonso Vall\u00e9s Sales.<br \/>\nAta aqu\u00ed un resumen non exhaustivo das acci\u00f3ns m\u00e1is destacadas desenvolvidas polo equipo de goberno durante o pasado a\u00f1o 2016. Este \u00e9 o resultado do primeiro ano de xesti\u00f3n pero non pode ser considerado illadamente sen\u00f3n que nalg\u00fans casos son programas e pol\u00edticas desenvolvidas nos \u00faltimos a\u00f1os dunha forma continuada. Polo tanto, os resultados acadados non poden ser entendidos sen ter en conta a acci\u00f3n pol\u00edtica de equipos anteriores da UDC que iniciaron algunhas das li\u00f1as estrat\u00e9xicas\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 15 de maio de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, presentou esta ma\u00f1\u00e1 na sesi\u00f3n do Claustro a Memoria de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9387,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9386"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9386"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9386\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10338,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9386\/revisions\/10338"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9387"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9386"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9386"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9386"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}