{"id":9392,"date":"2017-04-17T12:57:20","date_gmt":"2017-04-17T10:57:20","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9392"},"modified":"2026-03-17T10:39:26","modified_gmt":"2026-03-17T09:39:26","slug":"o-programa-udc-inditex-capta-os-dous-primeiros-investigadores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-programa-udc-inditex-capta-os-dous-primeiros-investigadores\/","title":{"rendered":"O programa UDC-Inditex capta os dous primeiros investigadores"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 17 de abril de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador Naya, presentaron esta ma\u00f1\u00e1 na Reitor\u00eda aos dous novos investigadores de referencia internacional que se incorporan \u00e1 entidade acad\u00e9mica coru\u00f1esa dentro do Programa de captaci\u00f3n de talento InTalent UDC-Inditex.<br \/>\nElena Pazos Chantrero e Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s V\u00e1zquez foron seleccionados por unha comisi\u00f3n de expertos dun total de 122 solicitudes chegadas de 21 pa\u00edses de Europa, Asia, \u00c1frica e Am\u00e9rica para participar nesta primeira convocatoria do programa InTalent.<br \/>\nO reitor agradeceu \u00e1 empresa Inditex o seu apoio para este programa do que se empezan a ver os primeiros froitos. Subli\u00f1ou que os dous investigadores seleccionados te\u00f1en uns curricula brillantes e destacou que no caso de Elena Pazos se trata dun retorno \u00e1 comunidade aut\u00f3noma na que se formou, xa que estaba no Centro Tecnol\u00f3xico da Qu\u00edmica de Catalu\u00f1a; mentres que o caso de Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s \u00e9 unha demostraci\u00f3n de captaci\u00f3n de talento. Abalde lamentou \u201cque s\u00f3 se puidesen seleccionar dous investigadores porque a calidade das solicitudes di o nivel dos novos investigadores que temos e indica unha ausencia de canles para dar unha carreira investigadora estable a estes investigadores que est\u00e1n formados e no estranxeiro e que non te\u00f1en forma doada de incorporarse nos centros e universidades espa\u00f1olas\u201d. Esta mesma traxectoria internacional dos dous investigadores seleccionados foi destacada polo vicerreitor Salvador Naya, quen resaltou a ampla experiencia no estranxeiro dos investigadores a pesar de ser d\u00faas persoas novas. Pola s\u00faa banda, Elena Pazos agradeceu \u00e1 UDC esta convocatoria. \u201cA UDC est\u00e1 facendo unha aposta moi importante pola investigaci\u00f3n, que non \u00e9 habitual no noso pa\u00eds por desgraza, para os investigadores novos coma n\u00f3s\u201d. Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s tam\u00e9n tivo palabras de agradecemento \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a \u201cpolo apoio \u00e1 investigaci\u00f3n de xente nova que quer\u00edamos volver do estranxeiro\u201d, o seu \u00faltimo contrato foi na Universidade de Sheffield, e avanzou que este programa lles permitir\u00e1 concorrer a convocatorias de proxectos europeos do m\u00e1ximo prestixio.<br \/>\n<strong>Elena Pazos Chantrero (Mar\u00edn) <\/strong>doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 2012 baixo a supervisi\u00f3n dos profesores Jos\u00e9 Lu\u00eds Mascare\u00f1as e M. Eugenio V\u00e1zquez, traballando na s\u00edntese de sensores fluorescentes para a detecci\u00f3n dalgunhas prote\u00ednas implicadas en cancro. Durante a s\u00faa etapa doutoral foi estudante visitante no Trinity College Dublin (Irlanda) e na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (Estados Unidos). Ao finalizar o seu doutoramento, recibiu unha beca postdoutoral da Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 que lle permitiu unirse ao grupo do profesor Samuel I. Stupp na Universidade de Northwestern nos Estados Unidos, onde levou a cabo investigaci\u00f3ns no campo da qu\u00edmica supramolecular e da bionanotecnolox\u00eda. Tras a s\u00faa etapa postdoutoral, traballou na <em>spin-off <\/em>Medcom Advance como investigadora durante un ano, e en decembro de 2015 incorporouse no grupo do profesor Ram\u00f3n \u00c1lvarez Puebla no Centro Tecnol\u00f3xico da Qu\u00edmica de Catalu\u00f1a como investigadora TECNIOspring e Marie Curie. Ao longo da s\u00faa carreira investigadora publicou quince artigos cient\u00edficos, a maior\u00eda deles en revistas con alto impacto no \u00e1mbito da qu\u00edmica, e alg\u00fans dos resultados da s\u00faa investigaci\u00f3n foron protexidos con d\u00faas patentes.<br \/>\n<u>Proxecto<\/u>: O proxecto de investigaci\u00f3n que Elena Pazos levar\u00e1 a cabo no Centro de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coru\u00f1a durante os pr\u00f3ximos anos ter\u00e1 a mesma natureza multidisciplinar que caracteriza a s\u00faa traxectoria investigadora, e estar\u00e1 enfocado no desenvolvemento de ferramentas qu\u00edmicas con aplicaci\u00f3ns en biomedicina.<br \/>\nPor unha parte, desenvolveranse sensores intelixentes para enfermidades dexenerativas, \u00e9 dicir, mol\u00e9culas que en presenza de marcadores espec\u00edficos destas doenzas emitan luz permitindo as\u00ed a s\u00faa detecci\u00f3n. Estes sensores non s\u00f3 se poder\u00edan empregar para o diagn\u00f3stico precoz, sen\u00f3n tam\u00e9n para comprender a nivel molecular os mecanismos que causan a patolox\u00eda e como ferramentas poderosas para identificar novas dianas terap\u00e9uticas e novos f\u00e1rmacos. Por outra banda, tam\u00e9n traballar\u00e1 no desenvolvemento de novos nanomateriais biocompatibles capaces de producir un determinado efecto nas c\u00e9lulas, como por exemplo promover a rexeneraci\u00f3n celular ou empregalos como veh\u00edculos para a administraci\u00f3n controlada de f\u00e1rmacos.<br \/>\n<strong>Jos\u00e9 Antonio Cort\u00e9s V\u00e1zquez (Sevilla)<\/strong> \u00e9 licenciado en Ciencias Ambientais e doutor en Antropolox\u00eda Social pola Universidad Pablo de Olavide (Sevilla). As s\u00faas investigaci\u00f3ns se centran na an\u00e1lise da relaci\u00f3n que os seres humanos mante\u00f1en co medio, desde o punto de vista da cultura e a ecolox\u00eda pol\u00edtica, a trav\u00e9s do estudo de comunidades rurais e costeiras en espazos naturais protexidos. Traballou como investigador postdoutoral Marie Curie nas universidades de Manchester e Sheffield e como profesor na University College London e National University of Ireland-Galway. Coordinou congresos e proxectos internacionais e publicou m\u00e1is dunha ducia de cap\u00edtulos e artigos en revistas de prestixio internacional, ao igual que unha monograf\u00eda pola que recibiu en 2011 o premio nacional Marqu\u00e9s de Lozoya, o reco\u00f1ecemento de maior prestixio en antropolox\u00eda social en Espa\u00f1a.<br \/>\n<u>Proxecto<\/u>: Cort\u00e9s V\u00e1zquez estuda os beneficios e impactos sociais das pol\u00edticas de conservaci\u00f3n ambiental na Europa post-crise: O caso galego, e desenvolver\u00e1 o seu proxecto na Facultade de Sociolox\u00eda.<br \/>\nA expansi\u00f3n de pol\u00edticas de conservaci\u00f3n ambiental en d\u00e9cadas recentes veu aparellada de importantes cambios sociais no mundo rural e costeiro. Desde os anos 80, a complexidade de plantexar un uso m\u00e1s sustentable dos recursos naturais fixo que en numerosos casos a introduci\u00f3n de pol\u00edticas de conservaci\u00f3n ambiental derivase en conflitos con poboaci\u00f3ns locais. Por outro lado, tam\u00e9n abriu a porta a novas formas de desenvolvemento econ\u00f3mico por medio de actividades como o ecoturismo. Non obstante, a crise econ\u00f3mica e a introduci\u00f3n de pol\u00edticas de austeridade ao longo desta \u00faltima d\u00e9cada reduciu enormemente os recursos e a capacidade de acci\u00f3n da administraci\u00f3n ambiental. Por outro lado, tam\u00e9n potenciou a participaci\u00f3n de novos sectores da sociedade civil e do sector privado nas pol\u00edticas de conservaci\u00f3n. Con isto xerouse un novo escenario dentro dos espazos naturais protexidos sobre o que urxe reflexionar.<br \/>\n\u00c1 luz destes cambios recentes, este proxecto busca identificar e analizar cales est\u00e1n sendo tanto os beneficios como os problemas sociais xerados polas novas estratexias de conservaci\u00f3n ambiental que se ve\u00f1en plantexando no presente contexto de post-crise. A trav\u00e9s do estudo detallado entre comunidades rurais e costeiras en distintos espazos naturais protexidos de Galicia, o obxectivo deste traballo \u00e9 identificar c\u00f3mo as comunidades que habitan estes espazos protexidos est\u00e1n facendo fronte \u00e1 crise econ\u00f3mica e a vinculaci\u00f3n entre a s\u00faa situaci\u00f3n presente e as medidas de conservaci\u00f3n plantexadas nestes espazos. Con este proxecto pers\u00e9guese incorporar unha visi\u00f3n m\u00e1is social \u00e1s pol\u00edticas de conservaci\u00f3n e contribu\u00edr desde as ciencias sociais \u00e1 reflexi\u00f3n xeral sobre un uso m\u00e1is responsable dos recursos naturais.<br \/>\n<strong>InTalent <\/strong>\u00e9 un programa para captar e reter a excelencia investigadora en Galicia. Creado pola Universidade da Coru\u00f1a en 2016, conta co financiamento de Inditex por un importe total de 1.450.000 euros para contratar a seis investigadores, que se incorporar\u00e1n de dous en dous nos anos 2017, 2018 e 2019. O contrato ter\u00e1 unha duraci\u00f3n de dous anos, coa posibilidade de pr\u00f3rroga dun ano m\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 17 de abril de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o vicerreitor de Pol\u00edtica Cient\u00edfica, Investigaci\u00f3n e Transferencia, Salvador<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9393,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9392"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9392"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9392\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10342,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9392\/revisions\/10342"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9393"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9392"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9392"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9392"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}