{"id":9487,"date":"2017-01-20T11:53:39","date_gmt":"2017-01-20T10:53:39","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9487"},"modified":"2026-03-17T10:45:41","modified_gmt":"2026-03-17T09:45:41","slug":"o-reitor-reuniuse-coa-comunidade-univritaria-da-facultade-de-dereito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-reitor-reuniuse-coa-comunidade-univritaria-da-facultade-de-dereito\/","title":{"rendered":"O reitor reuniuse coa comunidade univritaria da Facultade de Dereito"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 20 de xaneiro de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o secretario Xeral, Carlos Aymerich, visitaron onte a Facultade de Dereito onde tiveron un encontro coa comunidade universitaria deste centro. Esta visita, que se enmarca na rolda de contactos informativos que o reitor est\u00e1 a facer por todos os centros, comezou coa exposici\u00f3n por parte do reitor dos dous temas que lle preocupan e que, ao seu criterio, toca acometer neste ano. O primeiro ten que ver coa reflexi\u00f3n sobre o proceso de implantaci\u00f3n de Bolo\u00f1a unha vez que pasaron os anos suficientes que permiten analizar se se est\u00e1n conseguindo os obxectivos marcados no seu inicio e no caso de que non sexa as\u00ed, introducir modificaci\u00f3ns nos planos de estudo. Este reto \u00e9 para o reitor un labor que se debe enfrontar en cada centro polo persoal docente e investigador. O segundo, apuntou Abalde, \u00e9 competencia do equipo de goberno da UDC e no que se est\u00e1 a traballar xa. Ref\u00edrese \u00e1 especializaci\u00f3n do campus coru\u00f1\u00e9s, seguindo os pasos dados en Ferrol co Campus Industrial. \u201cSomos unha universidade xeralista e iso temos que compatibilizalo coa especializaci\u00f3n nalgunha li\u00f1a espec\u00edfica\u201d, dixo e avanzou que na s\u00faa opini\u00f3n hai d\u00faas li\u00f1as claras nas que destaca a Universidade da Coru\u00f1a, a\u00ednda que non as concretou porque se est\u00e1n a traballar.<br \/>\nUn aliciente para a especializaci\u00f3n \u00e9 a consecuci\u00f3n de maior financiamento, toda vez que o Plano de Financiamento do Sistema Universitario Galego aprobado ata o ano 2020 vese insuficiente. Neste Plano a mellora de financiamento est\u00e1 relacionada coa mellora nos indicadores, pero o aporte econ\u00f3mico \u00e9 moi reducido; outra v\u00eda para recibir financiamento \u00e9 a trav\u00e9s da consecuci\u00f3n de proxectos competitivos pero estes ingresos son finalistas e non abonan gasto corrente. Hai unha terceira v\u00eda, apuntou Abalde, que \u00e9 ofrecer propostas diferenciadas que reciban financiamento espec\u00edfico e por esta opci\u00f3n vai a especializaci\u00f3n dos campus, como o Industrial de Ferrol que recibiu para os anos 2016 e 2017 uns ingresos de 1,3 mill\u00f3ns de euros. Neste punto, un dos profesores pediu m\u00e1is detalle sobre a relaci\u00f3n entre a universidade e a empresa e lamentou que a concorrencia a proxectos europeos levase uns tr\u00e1mites moi complexos.<br \/>\nO reitor asegurou que se est\u00e1 facendo un labor moi intenso para crear \u00e1mbitos de colaboraci\u00f3n coas empresas en investigaci\u00f3n. Estase a incrementar de forma significativa a relaci\u00f3n coas empresas. Un exemplo \u00e9 a Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n UDC-Navantia, dotada con 3,2 mill\u00f3ns de euros, que est\u00e1 funcionando \u201cmoi ben\u201d. De feito, avanzou o reitor \u201cqueren aumentar a colaboraci\u00f3n\u201d. Outras empresas coas que se est\u00e1 traballando para establecer acordos en temas de investigaci\u00f3n son, por exemplo, Emalcsa, o Cluster TIC, Tranv\u00edas, R, etc. Tam\u00e9n se traballa, explicou Abalde, para que as empresas financien proxectos propios da UDC como est\u00e1 a facer o banco Santander co Espazo Compartido; LaCaixa coas axudas \u00e1 mobilidade, ou Inditex co apoio econ\u00f3mico aos alumnos de doutoramento e o programa InTalent.<br \/>\nAdemais, agora, explicou Aymerich, as empresas que colaboren coa Universidade poden acollerse \u00e1 Lei de Mecenado que sup\u00f3n que poder\u00e1n ter unha reduci\u00f3n nos seus impostos.<br \/>\nSobre os proxectos europeos H2020, o reitor reco\u00f1eceu a complexidade da s\u00faa tramitaci\u00f3n. A UDC conta cunha oficina en Bruxelas e o apoio da OTRI para dar soporte aos investigadores que concorren a proxectos europeos pero as convocatorias son \u201ctan diferenciadas que se precisa formaci\u00f3n espec\u00edfica para cada unha delas\u201d, lamentou. En Galicia, ademais, faise necesario un labor de lobby ao igual que fan outras comunidades como o Pa\u00eds Vasco ou Catalu\u00f1a e que est\u00e1n a ter moi bos resultados. Con todo, apuntou o reitor, a UDC est\u00e1 a incrementar significativamente o n\u00famero de proxectos presentados e o \u00e9xito dos mesmos.<br \/>\nSobre o calendario de acreditaci\u00f3n dos programas de doutoramento, que foi unha das preguntas dun profesor, Abalde avanzou que as universidades e a ACSUG est\u00e1n a facer un protocolo de seguimento que se iniciar\u00e1 o vindeiro ano. Este mesmo profesor interesouse pola impresi\u00f3n do reitor das negociaci\u00f3ns que a Conferencia de Reitores das Universidades Espa\u00f1olas, CRUE, est\u00e1 a manter co Ministerio de Educaci\u00f3n en diversos temas conflitivos como, por exemplo, os novos criterios para conseguir a acreditaci\u00f3n do profesorado. O reitor sinalou o maior di\u00e1logo establecido co actual ministro que fixo que xa na reuni\u00f3n da CRUE deste m\u00e9rcores se acordase que a duraci\u00f3n dos t\u00edtulos universitarios preBolo\u00f1a quedasen como est\u00e1n a catro anos, coas excepci\u00f3ns existentes, e que os novos t\u00edtulos que se implanten agora poder\u00e1n ser de tres anos. No que respecta aos criterios para a acreditaci\u00f3n comentou que se est\u00e1n facendo grupos de traballo para negociar os indicadores de forma que sexan o m\u00e1is parecidos posible aos anteriores. Sobre a taxa de reposici\u00f3n, o reitor indicou que o Ministerio de Educaci\u00f3n \u00e9 favorable \u00e1 s\u00faa supresi\u00f3n pero falta por saber a postura de Facenda ante este tema.<br \/>\nUn dos profesores explicou que nunha Facultade como a de Dereito a investigaci\u00f3n non se realiza en laboratorios sen\u00f3n con fondos bibliogr\u00e1ficos e lamentou a reduci\u00f3n das partidas orzamentarias para a compra de fondos bibliogr\u00e1ficos. Abalde detallou as contas da Universidade, nas que o grosso do gasto est\u00e1 en cap\u00edtulo 1, no persoal que, por decisi\u00f3n deste reitor e dos anteriores, mant\u00edvose sen despedimentos, e que aumenta un 2% cada ano de forma vexetativa sen que supo\u00f1a aumento de efectivos. O orzamento para os gastos de investigaci\u00f3n, unha das prioridades para o equipo que lidera Abalde, \u00e9 de 800.00 euros; as actividades docentes levan 1,3 mill\u00f3ns de euros, o gasto centralizado para reparaci\u00f3ns \u00e9 de 600.000 euros e os fondos para Biblioteca, 2,2 mill\u00f3ns de euros. \u201cEstase facendo un esforzo para que os recortes vaian a gastos centralizados e non aos centros. Houbo reduci\u00f3n en biblioteca pero menor que noutras partidas\u201d, especificou o reitor.<br \/>\nUnha das profesoras presentes preguntou pola opci\u00f3n de ter na facultade mestrados interuniversitarios ao que o reitor manifestou o seu convencemento en que se a UDC ten mestrados universitarios de calidade \u00e9 preferible seguir mantendo esa oferta diferenciada. Outros temas que sa\u00edron no encontro de onte foron a cotutela do alumnado de doutoramento, as axudas aos investigadores para a asistencia a congresos ou o calendario do plan de promoci\u00f3n para o persoal docente e investigador pendente de acordo das mesas sindicais. Para rematar, un dos profesores presentes enlazou co discurso que fixo ao reitor ao inicio e fixo unha reflexi\u00f3n sobre o proceso de implantaci\u00f3n de Bolo\u00f1a do que afirmou ter as s\u00faas reservas, sobre todo na aplicaci\u00f3n. \u201cAplicouse con moita rixidez, sen flexibilidade, como por exemplo os criterios dos cuadrimestres que non te\u00f1en en conta as caracter\u00edsticas de cada materia\u201d, concretou. O reitor sumouse ao debate sen caer na nostalxia de anteriores planos de estudo. \u201cOs alumnos est\u00e1n agora mellor preparados que antes\u201d, opinou, pero \u201ccomparto que fixemos unha aplicaci\u00f3n de Bolo\u00f1a moi r\u00edxida\u201d. Abalde animou ao profesorado neste proceso de an\u00e1lise. \u201cTemos que ser capaces de incorporar unha certa flexibilidade coas metodolox\u00edas docentes, pero sempre aplicando criterios acad\u00e9micos\u201d, conclu\u00edu.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 20 de xaneiro de 2017.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o secretario Xeral, Carlos Aymerich, visitaron onte a Facultade<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9488,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9487"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9487"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9487\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10352,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9487\/revisions\/10352"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9488"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9487"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9487"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9487"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}