{"id":9495,"date":"2016-12-14T11:58:23","date_gmt":"2016-12-14T10:58:23","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9495"},"modified":"2026-03-17T10:49:36","modified_gmt":"2026-03-17T09:49:36","slug":"o-claustro-aproba-as-linas-xerais-orzamentarias-da-udc-para-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-claustro-aproba-as-linas-xerais-orzamentarias-da-udc-para-2017\/","title":{"rendered":"O Claustro aproba as li\u00f1as xerais orzamentarias da UDC para 2017"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 14 de decembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, presidiu esta ma\u00f1\u00e1 a sesi\u00f3n de Claustro en que se presentaron as Li\u00f1as Xerais Orzamentarias para o 2017, que elevan a 119,4 mill\u00f3ns de euros o orzamento do pr\u00f3ximo exercicio, un 2,64% m\u00e1is que o anterior, e que foron aprobadas con 68 votos a favor, 8 en contra e 20 abstenci\u00f3ns.<br \/>\nO vicerreitor de Econom\u00eda, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo, explicou que o incremento de fondos v\u00e9n por un lado, pola recuperaci\u00f3n do complemento espec\u00edfico imputable \u00e1 paga extra dos traballadores e polo outro, pola mellora dos indicadores asociados ao fondo de resultados: Nestes indicadores a Universidade da Coru\u00f1a tivo un incremento significativo, o mellor comportamento do Sistema Universitario Galego. \u201cEsta \u00e9 moi boa nova para a Universidade da Coru\u00f1a. Temos melloras en rendemento acad\u00e9mico, en investigaci\u00f3n e transferencia de resultados de investigaci\u00f3n\u201d, explicou o vicerreitor para conclu\u00edr en que \u201csomos m\u00e1is eficientes\u201d.<br \/>\nNa quenda de preguntas sobre as Li\u00f1as Xerais Orzamentarias, o profesor Andr\u00e9s de Blas pediu que a documentaci\u00f3n deste punto do Claustro se enviase antes aos claustrais ao que se lle replicou que as negociaci\u00f3ns coa Xunta ata o \u00faltimo d\u00eda, o 9 de decembro, imposibilitaron achegar a documentaci\u00f3n con m\u00e1is antelaci\u00f3n; unha documentaci\u00f3n, por outra parte que non est\u00e1 recollido en ningunha normativa que haxa que presentar. O profesor Luis Castedo interveu para apuntar que bota en falta a referencia ao Plan Estrat\u00e9xico da UDC nas Li\u00f1as Orzamentarias as\u00ed como coincidiu co vicerreitor en que \u201c\u00e9 unha boa noticia para a UDC\u201d a mellora dos indicadores por resultados e o incremento de financiamento acadado por esta v\u00eda.<br \/>\nXos\u00e9 Portela, en representaci\u00f3n do persoal de administraci\u00f3n e servizos, manifestou que o documento cont\u00e9n \u201cunha proliferaci\u00f3n de datos con respecto ao orzamento pero que \u00e9 m\u00e1is vago con respecto as intenci\u00f3ns do equipo de goberno sobre a preservaci\u00f3n dos planteis de profesorado e de persoal de administraci\u00f3n e servizos\u201d e inquiriu ao reitor se continuar\u00eda coa perseveranza dos equipos anteriores no mantemento do persoal. As\u00ed mesmo, reivindicou a recuperaci\u00f3n da acci\u00f3n social recortada estes \u00faltimos anos. O profesor Anxo Calvo, pola s\u00faa parte, fixo unha lectura dos orzamentos incardinada na acci\u00f3n de traballo dos equipos anteriores e subli\u00f1ou que a xesti\u00f3n econ\u00f3mica rigorosa iniciada est\u00e1 \u201cempezando a dar resultados\u201d. Coincidiu con Castedo na demanda dos obxectivos do Plan Estrat\u00e9xico e aprobou o esforzo de investimento en persoal \u201conde est\u00e1 o capital intelectual e ao que non se pode renunciar\u201d. O profesor da Facultade de Econom\u00eda e Empresa indicou ademais que este orzamento con super\u00e1vit e coa carencia de d\u00e9beda da UDC sup\u00f3n \u201cseguir co cumprimento da Lei de Estabilidade Orzamentaria\u201d. Lembrou tam\u00e9n que segundo o \u00faltimo estudo da Fundaci\u00f3n CyD, a UDC \u00e9 a m\u00e1is eficiente no Sistema Universitario Galego.<br \/>\nA profesora Amalia Blanco animou ao vicerreitor a perseverar ante \u00e1 Xunta de Galicia para que aporte os datos econ\u00f3micos para poder facer as contas orzamentarias con tempo suficiente pois \u201cse algo bo ten o novo Plan de Financiamento Universitario do Sistema Universitario Galego \u00e9 que se \u00eda co\u00f1ecer con tempo suficiente as cont\u00edas econ\u00f3micas a disposici\u00f3n das universidades para que estas puidesen facer os seus c\u00e1lculos en prazo\u201d. Finalmente, as intervenci\u00f3ns neste punto remataron coa petici\u00f3n do profesor Carlos Platas dunha proxecci\u00f3n a futuro no comportamento dos indicadores de resultados.<br \/>\nO reitor explicou que as contas econ\u00f3micas da UDC, despois do tr\u00e1mite de Claustro, ir\u00e1n a informe favorable do Consello de Goberno o d\u00eda 22, o mesmo d\u00eda en que se someter\u00e1n a aprobaci\u00f3n por parte do Consello Social para que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2017. Explicou que no propio documento est\u00e1n expostas as prioridades de goberno para o pr\u00f3ximo ano que pasan pola estabilizaci\u00f3n e mantemento do profesorado e persoal de administraci\u00f3n e servizos, a internacionalizaci\u00f3n e seguir traballando na eficiencia, con medidas como a compra directa de enerx\u00eda que pode supo\u00f1er ata un 25% de aforro. Abalde puxo sobre a mesa a preocupaci\u00f3n polo descenso de alumnado que est\u00e1 a vivir o Sistema Universitario Galego, que pasou de 64.538 estudantes no curso 2013\/2014 a 60.830 no curso 2014\/2015. Este descenso vai paralelo, dixo o reitor, ao descenso demogr\u00e1fico galego. No que respecta aos indicadores de resultados se ben felicitou ao conxunto da Universidade da Coru\u00f1a polo \u00e9xito acadado, alertou de que estes indicadores non son favorables para a UDC e as\u00ed se v\u00e9n manifestando en repetidas ocasi\u00f3ns ante a Xunta. \u201cPux\u00e9ronse uns indicadores dif\u00edciles de cumprir e sacaron aqueles nos que a UDC \u00e9 forte, como a inserci\u00f3n laboral dos seus titulados\u201d, explicou engadindo que \u201cestamos mellorando m\u00e1is que as outras universidades galegas pero temos que mellorar m\u00e1is a\u00ednda porque os indicadores dificultan o avance da UDC\u201d. Neste punto, o vicerreitor de Econom\u00eda concretou que un dos indicadores de m\u00e1is peso ten que ver coa captaci\u00f3n de talento e que a UDC puxo en marcha o programa InTalent, financiado por Inditex, para reter e captar talento pero que os seus resultados non se ver\u00e1n plasmados en termos econ\u00f3micos ata o exercicio de 2019.<br \/>\nA orde do d\u00eda, inclu\u00eda a presentaci\u00f3n do Informe do Valedor Universitario, Enrique Ansemil, que explicou que no \u00faltimo curso baixaron o n\u00famero de casos, atendendo un total de 80 consultas e 35 queixas, a maior\u00eda do colectivo dos estudantes sobre acceso, taxas e xesti\u00f3n acad\u00e9mica. Na seguinte quenda de intervenci\u00f3ns aberta neste punto, aproveitouse para tratar varios temas sen referencia espec\u00edfica ao informe do Valedor, como a normativa de matr\u00edcula a tempo parcial ou a nova norma da Aneca sobre os requisitos para a acreditaci\u00f3n do profesorado para poder promocionar e que leva, asegurou o profesor Mois\u00e9s Canle, a que moito do talento universitario se vaia de Espa\u00f1a a desenvolver a s\u00faa carreira profesional. O alumno Alberto Franco coincidiu co expresado polo reitor sobre o descenso de alumnado universitario e a demograf\u00eda pero apuntou tam\u00e9n \u201cque a baixada de matr\u00edculas est\u00e1 vinculada \u00e1 expulsi\u00f3n por causas econ\u00f3micas da universidade\u201d.<br \/>\nO Claustro ti\u00f1a na orde do d\u00eda unha \u00faltima quenda aberta de intervenci\u00f3ns en que os profesores Alejandro Pazos e Santiago Roura manifestaron a s\u00faa oposici\u00f3n ao Plan de reorganizaci\u00f3n das infraestruturas da UDC sendo o claustral Xos\u00e9 Portela quen recordou que se convocou un Claustro extraordinario para falar deste punto. \u201cSinto que as reflexi\u00f3ns argumentadas hoxe non se fixeran no Claustro convocado expresamente para este asunto\u201d, manifestou. Coa intervenci\u00f3n do alumno Alberto Franco demandando melloras para este colectivo como o abaratamento do prezo do bus universitario ou a residencia universitaria pechouse a sesi\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 14 de decembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, presidiu esta ma\u00f1\u00e1 a sesi\u00f3n de Claustro en que se<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9496,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9495"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9495"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9495\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10356,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9495\/revisions\/10356"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9496"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9495"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9495"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9495"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}