{"id":9501,"date":"2016-12-01T12:03:53","date_gmt":"2016-12-01T11:03:53","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9501"},"modified":"2026-03-17T10:54:10","modified_gmt":"2026-03-17T09:54:10","slug":"o-reitor-reuniuse-co-persol-da-euat","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-reitor-reuniuse-co-persol-da-euat\/","title":{"rendered":"O reitor reuniuse co persol da EUAT"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 1 de decembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita Amor, reun\u00edronse o pasado 22 de novembro coa comunidade universitaria da Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura T\u00e9cnica, dentro da rolda de visitas que est\u00e1 a facer por todos os centros da UDC.<br \/>\nA reuni\u00f3n comezou coa explicaci\u00f3n por parte do reitor dos retos que considera ten que facer fronte a UDC este curso e que son a revisi\u00f3n e an\u00e1lise do proceso de implantaci\u00f3n dos t\u00edtulos de Bolo\u00f1a e a especializaci\u00f3n do Campus da Coru\u00f1a, logo de que se fixese xa no Campus Industrial de Ferrol. Ademais, Abalde informou do novo programa InTalent UDC-Inditex, de captaci\u00f3n de investigadores a nivel internacional e de referencia para que desenvolvan o seu proxecto investigador na Universidade da Coru\u00f1a.<br \/>\nO director da Escola, Pedro Nogueira, abriu a rolda de intervenci\u00f3ns coincidindo co exposto polo reitor. Na li\u00f1a da especializaci\u00f3n o director apuntou que a \u00e1rea ter\u00eda que estar relacionada co h\u00e1bitat, o contorno e a edificaci\u00f3n, puntos nos que a UDC ten moitas potencialidades. Ademais, trasladoulle ao reitor o interese do alumnado deste centro por incorporar na s\u00faa metodolox\u00eda docente o traballo colaborativo e as ferramentas tecnol\u00f3xicas. Abalde admitiu a importancia das \u00e1reas tecnol\u00f3xicas na UDC con centros como a propia escola, Arquitectura, Cami\u00f1os, e as Polit\u00e9cnicas pero engadiu que a especializaci\u00f3n ten que ser multidisciplinar e o m\u00e1is aberta posible, incorporando ademais outros aspectos como a sustentabilidade, medio ambiente, eficiencia enerx\u00e9tica, etc.<br \/>\nSobre a incorporaci\u00f3n de novas metodolox\u00edas docentes, lembrou a disponibilidade do Centro Universitario de Formaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Educativa (CUFIE), aberto \u00e1s propostas concretas que se fagan desde os centros. Preguntado sobre a estabilizaci\u00f3n do profesorado, o reitor insistiu en que como equipo de goberno \u201ctemos o compromiso de estabilizar ao profesorado das prazas estruturais\u201d.<br \/>\nUn dos temas que varios dos presentes puxeron sobre a mesa foi a perda de atractivo das titulaci\u00f3ns relacionadas coa construci\u00f3n en sinton\u00eda coa situaci\u00f3n de crise do sector. \u201cEsta profesi\u00f3n ten un arraigo en Espa\u00f1a e xa pasamos por varias crises e o que vemos agora, coa diminuci\u00f3n de alumnado, \u00e9 que nun prazo medio van facer falta profesionais de Arquitectura T\u00e9cnica\u201d, manifestou un dos profesores. O reitor animou a ser proactivos nesta dif\u00edcil situaci\u00f3n e a facer un \u201crearme metodol\u00f3xico potente\u201d para seguir sendo un centro de referencia a nivel nacional. Nesta li\u00f1a acad\u00e9mica, un dos profesores propuxo potenciar a incorporaci\u00f3n de alumnado provinte de Formaci\u00f3n Profesional, dando a co\u00f1ecer m\u00e1is a t\u00e1boa de convalidaci\u00f3ns entre o grao e o FP superior. De \u201cmoi interesante\u201d cualificou o reitor esta proposta e comprometeu a colaboraci\u00f3n da Reitor\u00eda neste tema. Unha das reflexi\u00f3ns que se expuxeron refer\u00edase ao descenso do interese do alumnado de bacharelato polas carreiras tecnol\u00f3xicas, que un dos profesores cifrou nun 80% menor en base \u00e1 s\u00faa experiencia como docente participante nas Probas de Acceso \u00e1 Universidade desde hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada, nas \u00e1reas de Matem\u00e1ticas, F\u00edsica e Debuxo, o que leva a que despois vaian menos alumnos \u00e1s titulaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas.<br \/>\nOutro dos profesores lembroulle ao reitor que a pesar de que se avanzara moito, a\u00ednda queda un laboratorio por eliminar barreiras arquitect\u00f3nicas ao que Abalde tomou nota para ver de facelo en canto se poida.<br \/>\nUn dos membros do persoal de administraci\u00f3n e servizos apuntou a posibilidade da realizaci\u00f3n de compras centralizadas de software e hardware para acadar aforro e interesouse sobre o cat\u00e1logo de funci\u00f3ns deste persoal. Abalde explicou, no que respecta \u00e1s compras de programas inform\u00e1ticos, que xa se est\u00e1n a facer compras centralizadas de licenzas conxuntas pero que hai casos en que polas caracter\u00edsticas do programa non compensa facer a compra centralizada. Sobre o cat\u00e1logo de funci\u00f3ns, unha das s\u00faas promesas electorais, avanzou que xa se est\u00e1 a traballar coa Xunta de Persoal para que cada unidade administrativa te\u00f1a claras as s\u00faas competencias.<br \/>\nComo medida de aforro suxeriuse as\u00ed mesmo o peche dos centros nas quendas de tarde durante o Nadal, pero isto traer\u00eda consecuencias de reorganizaci\u00f3n de persoal e, a\u00ednda que nesa \u00e9poca a afluencia \u00e9 menor, os investigadores seguen a ter moita actividade de laboratorio, polo que \u00e9 unha medida moi complexa coa que non se conseguir\u00eda un aforro \u00f3ptimo. Sobre a formaci\u00f3n do persoal de bibliotecas, que este ano foi deficiente, segundo apuntou unha das persoas presentes, Abalde avanzou que a xesti\u00f3n da formaci\u00f3n faise desde a Comisi\u00f3n de formaci\u00f3n e que se est\u00e1 a traballar nun plan formativo xen\u00e9rico e espec\u00edfico.<br \/>\nO estado do edificio, o m\u00e1is antigo da Universidade da Coru\u00f1a, suscitou tam\u00e9n comentarios pois precisa dunha revisi\u00f3n, segundo apuntaron na reuni\u00f3n, pero as dificultades econ\u00f3micas cun orzamento total de 800.000 euros para obras s\u00f3 permiten acometer as reformas m\u00e1is urxentes.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 1 de decembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e a vicerreitora de Estudantes, Participaci\u00f3n e Extensi\u00f3n Universitaria, Margarita<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9502,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9501"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9501"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9501\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10357,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9501\/revisions\/10357"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9502"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9501"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9501"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9501"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}