{"id":9513,"date":"2016-11-16T12:09:26","date_gmt":"2016-11-16T11:09:26","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9513"},"modified":"2026-01-21T10:02:07","modified_gmt":"2026-01-21T09:02:07","slug":"o-reitor-comeza-a-rolda-de-visistas-a-cantros-cun-encontro-en-arquitectura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-reitor-comeza-a-rolda-de-visistas-a-cantros-cun-encontro-en-arquitectura\/","title":{"rendered":"O reitor comeza a rolda de visistas a cantros cun encontro en Arquitectura"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 16 de novembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, comezou o pasado venres a rolda de visitas a todos os centros universitarios cun encontro na Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura, onde tam\u00e9n asistiu a vicerreitora de Oferta Acad\u00e9mica e Innovaci\u00f3n Docente, Nancy V\u00e1zquez. Cunha notable asistencia de profesores, persoal de administraci\u00f3n e servizos e estudantes, durante as m\u00e1is de d\u00faas horas que durou a reuni\u00f3n trat\u00e1ronse todo tipo de temas de interese para a Escola de Arquitectura.<br \/>\nO acto comezou cunha reflexi\u00f3n do reitor sobre a situaci\u00f3n actual da Universidade da Coru\u00f1a e os retos que se presentan para este curso. Ao parecer do reitor \u201ceste \u00e9 o momento de pararnos a pensar os resultados do proceso de Bolo\u00f1a desde o punto de vista dos contidos de formaci\u00f3n que estamos a impartir e das competencias e habilidades que est\u00e1 a adquirir o noso estudantado\u201d. Abalde explicou que este curso se cumpre un ciclo ao rematar coa acreditaci\u00f3n de todas as titulaci\u00f3ns e que \u00e9 polo tanto un bo momento para reflexionar sobre o futuro e decidir entre todos \u201ca Universidade da Coru\u00f1a que queremos ser\u201d.<br \/>\nNo estado da cuesti\u00f3n universitaria, o financiamento tivo un cap\u00edtulo por parte do reitor, que explicou as dificultades do actual Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia que non beneficia \u00e1 UDC, e que se tratar\u00e1 de explicar aos responsables da Xunta de Galicia. Pese a iso, Abalde albiscou algunhas melloras na captaci\u00f3n de recursos que sup\u00f3n un incremento significativo de ingresos procedentes de empresas e outras instituci\u00f3ns p\u00fablicas, como o fondo que aporta a empresa Inditex para o proxecto InTalent, ou diversas achegas do Concello da Coru\u00f1a e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<br \/>\nDo tema econ\u00f3mico houbo varias intervenci\u00f3ns nas que se ped\u00eda un maior investimento en infraestruturas na ETSAC, ao que o reitor respondeu que o orzamento dedicado a obras na UDC \u00e9 de tan s\u00f3 800.000 euros en total polo que non se poden acometer importantes e necesarias obras e s\u00f3 chega para ir facendo arranxos urxentes. Co mesmo motivo, engadiu a preguntas dos asistentes, tampouco se poden facer investimentos para renovar tecnolox\u00eda, que ten que facerse pouco a pouco. Unha das melloras acometidas para paliar o proceso de renovaci\u00f3n \u00e9 a posta en marcha dos escritorios virtuais que alongan a vida \u00fatil dos equipos inform\u00e1ticos ao ter que actualizar s\u00f3 os servidores en que est\u00e1n aloxados.<br \/>\nAs cuesti\u00f3ns acad\u00e9micas tiveron un importante peso neste encontro do equipo de goberno coa comunidade universitaria de Arquitectura, xa que este centro imparte unha titulaci\u00f3n singular con caracter\u00edsticas curriculares propias e que a aplicaci\u00f3n das normas xen\u00e9ricas provocan algunha disfunci\u00f3n organizativa.<br \/>\nOs alumnos, neste sentido, plantexaron moitas d\u00fabidas moitas das cales foron contestadas polo reitor e pola vicerreitora de Oferta Acad\u00e9mica e Innovaci\u00f3n Docente, pero noutras Nancy V\u00e1zquez comprometeuse a manter unha reuni\u00f3n espec\u00edfica para co\u00f1ecer as suxesti\u00f3ns dos estudantes e ver de solucionalas na medida das competencias da Universidade, xa que algunha delas, como os prezos de matr\u00edcula, non son competencia da UDC.<br \/>\nComentouse a situaci\u00f3n do novo Grao en Paisaxe no que se traballa conxuntamente coa Universidade de Santiago de Compostela, e no que a Escola de Arquitectura leva a direcci\u00f3n do proceso dunha futura implantaci\u00f3n. Ao respecto de novas titulaci\u00f3ns para a Universidade, o reitor comentou que o cami\u00f1o pasa primeiro por especializar a UDC nunha \u00e1rea en que te\u00f1a fortalezas, ao que os profesores da ETSAC apuntaron que se tivese en conta a li\u00f1a dunha idea de territorio e cidade.<br \/>\nOutro dos temas que se trataron foi a incorporaci\u00f3n de alumnos novos. A baixada de alumnos novos a nivel xeral en Galicia v\u00e9n condicionada polas curvas demogr\u00e1ficas. Se no ano 2002 houbo 19.000 estudantes nas Probas de Acceso \u00e1 Universidade Galega, este ano o n\u00famero foi de 11.000 alumnos. A isto hai que unir a crise econ\u00f3mica ligada ao sector da construci\u00f3n.<br \/>\nFinalmente, outro dos grandes temas que se falaron nesta reuni\u00f3n foi a contrataci\u00f3n e promoci\u00f3n do profesorado. A taxa de reposici\u00f3n existente, reflexionou o reitor, leva a plantexar a dicotom\u00eda da estabilizaci\u00f3n ou promoci\u00f3n. Nesta interrogante, asegurou o reitor, o compromiso do seu equipo de goberno \u201d\u00e9 estabilizar\u201d.<br \/>\nPara rematar, un dos profesores, que agradeceu a presenza do reitor no centro, pediu explicaci\u00f3ns sobre o proceso de fusi\u00f3n dos departamentos e que foi profusamente explicado polo reitor.<\/p>\n<\/div>\n<p><span class=\"label label-info\"><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/span><\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 16 de novembro de 2016.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, comezou o pasado venres a rolda de visitas a todos<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9514,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84,93],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9513"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9513"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9513\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9518,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9513\/revisions\/9518"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9514"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9513"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9513"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9513"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}