{"id":9527,"date":"2016-10-26T12:18:20","date_gmt":"2016-10-26T10:18:20","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9527"},"modified":"2026-01-21T09:58:48","modified_gmt":"2026-01-21T08:58:48","slug":"o-consello-de-goberno-aproba-a-reestruturacion-da-universidade-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-consello-de-goberno-aproba-a-reestruturacion-da-universidade-da-coruna\/","title":{"rendered":"O Consello de Goberno aproba a reestruturaci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<p>A Coru\u00f1a, 26 de outubro de 2016.- O Consello de Goberno da Universidade da Coru\u00f1a aprobou esta ma\u00f1\u00e1, na s\u00faa sesi\u00f3n ordinaria, a Proposta de racionalizaci\u00f3n de estruturas acad\u00e9micas da UDC, por 28 votos a favor, 11 en contra, 1 branco e 2 nulos, nunha votaci\u00f3n secreta a petici\u00f3n de seis dos membros do Consello.<br \/>\nA votaci\u00f3n foi precedida dun longo debate en que houbo 18 intervenci\u00f3ns \u201ctodas construtivas e cunha actitude propositiva\u201d, segundo definiu o reitor, Julio Abalde, na rolda de prensa posterior \u00e1 sesi\u00f3n de goberno. Abalde manifestou o seu \u201cagradecemento a todo o profesorado e ao persoal de administraci\u00f3n e servizos pola culminaci\u00f3n dun proceso de reestruturaci\u00f3n deste calado que nunca \u00e9 doado\u201d. \u201cA Universidade da Coru\u00f1a queda cunha estrutura moderna, flexible e m\u00e1is eficiente para facer fronte aos retos futuros en mellores condici\u00f3ns\u201d, valorou o reitor.<br \/>\nA proposta que se aprobou esta ma\u00f1\u00e1 sup\u00f3n a reduci\u00f3n de 13 vicedecanos\/as ou subdirectores\/as de centros e a supresi\u00f3n de departamentos que pasan de 43 a 26. Estas medidas ter\u00e1n uns efectos econ\u00f3micos que se cuantifican nun aforro directo duns 157.000 euros m\u00e1is outros 400.000 euros de custes indirectos pola supresi\u00f3n da reduci\u00f3n da carga docente dos profesores que ocupaban os cargos suprimidos.<br \/>\nEste proceso, que comezou en maio de 2015, non \u00e9, como dixo o secretario Xeral, Carlos Aymerich, \u201cun punto e final sen\u00f3n un punto e seguido porque a adaptaci\u00f3n a un contorno cambiante \u00e9 un proceso continuo\u201d. Aymerich explicou aos medios de comunicaci\u00f3n que os cambios faranse efectivos nas seguintes elecci\u00f3ns de centros e departamentos que se convocar\u00e1n antes de finais de ano, prev\u00edndose que no primeiro cuadrimestre de 2017 estea completada a actualizaci\u00f3n.<br \/>\nA Proposta de racionalizaci\u00f3n de estruturas acad\u00e9micas da UDC foi un proceso dialogado e consensuado con todos os estamentos implicados desde a aprobaci\u00f3n en Consello de Goberno de xullo de 2015 do Procedemento a seguir. Neste procedemento non se inclu\u00eda o debate en Claustro que se produciu este mesmo mes e que se convocou por decisi\u00f3n expresa do equipo de goberno que preside Julio Abalde. Neste sentido, o reitor enfatizou que \u201cactuamos con transparencia, informaci\u00f3n e di\u00e1logo con reuni\u00f3ns con todos os que as\u00ed o solicitaron e coa incorporaci\u00f3n da maior\u00eda de enmendas presentadas nos diversos prazos que se abriron ao efecto\u201d. O reitor comentou que onte, martes 25 de outubro, recibiuse no Rexistro da UDC no Campus de Ferrol unha petici\u00f3n asinada por catro profesores, un deles membro do Consello de Goberno, na que se solicitaba a retirada da Proposta da orde do d\u00eda da sesi\u00f3n de Consello de Goberno de hoxe. Ao respecto, Abalde manifestou que \u201cos que traballaron neste proceso non se merec\u00edan que por unha petici\u00f3n extempor\u00e1nea se retirase da orde do d\u00eda sen m\u00e1is argumento que debatelo no seo da universidade\u201d. \u201c\u00c9 unha m\u00e1goa que no Claustro en que se contrastaron as ideas da comunidade universitaria sobre este tema e do que sa\u00edron algunhas modificaci\u00f3ns ao texto que se aceptaron, non se dixese o que si se dixo nunha rolda de prensa varios d\u00edas despois\u201d, lamentou o reitor, en alusi\u00f3n \u00e1 rolda de prensa convocada por estes catro profesores o pasado luns e na que se criticou o proceso.<br \/>\nA Proposta de racionalizaci\u00f3n de estruturas acad\u00e9micas da UDC \u00e9 froito do traballo da Comisi\u00f3n de Estudo para o Plan de Racionalizaci\u00f3n de Estruturas Acad\u00e9micas, CEPREA, presidida polo vicerreitor de Profesorado e Planificaci\u00f3n Docente, Alberto Valderruten, e na que estaban o vicerreitor de Econom\u00eda, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo, o secretario Xeral, Carlos Aymerich, e todos os decanos e directores de centro, representantes do persoal de administraci\u00f3n e servizos e do estudantado, as\u00ed como oito directores de departamento con voz pero sen voto, nunha composici\u00f3n aprobada tam\u00e9n en Consello de Goberno. O obxectivo da reestruturaci\u00f3n \u00e9 a mellora da docencia, o impulso \u00e1 transferencia de co\u00f1ecemento e de investigaci\u00f3n e a consecuci\u00f3n dunha estrutura administrativa m\u00e1is eficiente, \u00e1xil e flexible. Este Plan sup\u00f3n a primeira reforma de calado da estrutura da UDC nos seus 27 anos de existencia. A UDC conta con 22 centros universitarios propios e 3 adscritos, a maior\u00eda dos cales te\u00f1en menos de 500 alumnos fronte a outros con m\u00e1is de 2.000. O Plan prop\u00f3n uns criterios obxectivos para que a composici\u00f3n dos seus equipos directivos sexa proporcional.<br \/>\nNo que respecta aos outros puntos da orde do d\u00eda do Consello de Goberno, Abalde informou na sesi\u00f3n de hoxe do convenio asinado coa empresa Inditex para a posta en marcha do programa InTalent que permitir\u00e1 a contrataci\u00f3n de investigadores de relevancia internacional. Tam\u00e9n se tratou o tema do acceso \u00e1 Universidade que preocupa e no que se est\u00e1 traballando conxuntamente coas outras universidades galegas e coa Xunta, e a pr\u00f3xima convocatoria de contrataci\u00f3n de varias prazas de profesorado por diversas necesidades docentes.<\/p>\n<\/div>\n<p><span class=\"label label-info\"><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de comunicaci\u00f3n<\/span><\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 26 de outubro de 2016.- O Consello de Goberno da Universidade da Coru\u00f1a aprobou esta ma\u00f1\u00e1, na s\u00faa sesi\u00f3n ordinaria, a Proposta de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9528,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9527"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9527"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9527\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9532,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9527\/revisions\/9532"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9528"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9527"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9527"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9527"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}