{"id":9547,"date":"2025-09-01T12:31:09","date_gmt":"2025-09-01T10:31:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9547"},"modified":"2026-03-17T09:27:27","modified_gmt":"2026-03-17T08:27:27","slug":"o-prestixioso-investigador-sueco-ulf-linderfalk-incorporase-a-universidade-da-coruna-grazas-ao-programa-atrae","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-prestixioso-investigador-sueco-ulf-linderfalk-incorporase-a-universidade-da-coruna-grazas-ao-programa-atrae\/","title":{"rendered":"O prestixioso investigador sueco ulf Linderfalk incorp\u00f3rase \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a grazas ao programa ATRAE"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O profesor, referente internacional en Dereito Internacional, desenvolver\u00e1 o seu proxecto na Facultade de Dereito da UDC durante os vindeiros catro anos cunha axuda de 1 mill\u00f3n de euros<\/em><em>\u00a0<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>A s\u00faa incorporaci\u00f3n \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a sup\u00f3n un importante impulso para a capacidade investigadora e a proxecci\u00f3n internacional da instituci\u00f3n<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><em>\u00a0<\/em><\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 1 de setembro de 2025.-<\/strong> A Facultade de Dereito da Universidade da Coru\u00f1a v\u00e9n de incorporar ao reco\u00f1ecido profesor sueco Ulf Linderfalk, unha das figuras m\u00e1is destacadas a nivel mundial no \u00e1mbito do Dereito Internacional, co obxectivo de desenvolver o seu proxecto de investigaci\u00f3n durante os pr\u00f3ximos catro anos.<\/p>\n<p>Linderfalk foi un dos 31 investigadores seleccionados na convocatoria ATRAE 2024 da Axencia Estatal de Investigaci\u00f3n, que busca atraer talento internacional de excelencia \u00e1s instituci\u00f3ns de educaci\u00f3n superior e investigaci\u00f3n de Espa\u00f1a. Nesta edici\u00f3n, na que se presentaron 148 candidaturas, o profesor foi o \u00fanico galardoado no panel de Dereito, obtendo unha subvenci\u00f3n de 1 mill\u00f3n de euros para o desenvolvemento do seu traballo na UDC.<\/p>\n<p><strong>Un referente mundial en Dereito Internacional<\/strong><\/p>\n<p>Catedr\u00e1tico de Dereito Internacional na Universidade de Lund (Suecia), Linderfalk incorporouse a esta instituci\u00f3n en 2001, tras defender a s\u00faa tese de doutoramento sobre a interpretaci\u00f3n de tratados internacionais. A s\u00faa investigaci\u00f3n aborda cuesti\u00f3ns estruturais e filos\u00f3ficas do sistema xur\u00eddico internacional, como os conflitos normativos, a xerarqu\u00eda xur\u00eddica, a interpretaci\u00f3n legal, a boa fe, o abuso de dereitos, a proporcionalidade ou a discrecionalidade, integrando perspectivas da Filosof\u00eda do Dereito, as Teor\u00edas da Linguaxe e a Epistemolox\u00eda.<\/p>\n<p>\u00c9 autor de catro monograf\u00edas, entre elas On the Interpretation of Treaties (Springer, 2007) e Understanding Jus Cogens in International Law and International Legal Discourse (Edward Elgar, 2020), as\u00ed como de m\u00e1is de 35 artigos en revistas de prestixio como European Journal of International Law ou Leiden Journal of International Law. O seu traballo foi amplamente citado e influ\u00edu directamente nos informes da Comisi\u00f3n de Dereito Internacional da ONU sobre normas de ius cogens e fragmentaci\u00f3n do dereito internacional.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ao longo da s\u00faa carreira, obtivo financiamento por valor de preto de 2 mill\u00f3ns de euros de entidades como o Consello Sueco de Investigaci\u00f3n e a Fundaci\u00f3n Ragnar S\u00f6derberg, liderando proxectos de colaboraci\u00f3n con universidades de referencia. Ademais, dirixiu sete teses de doutoramento e supervisou tres investigadores posdoutorais, contribu\u00edndo \u00e1 formaci\u00f3n de novas xeraci\u00f3ns de expertos en Dereito Internacional.<\/p>\n<p>A s\u00faa incorporaci\u00f3n \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a sup\u00f3n un importante impulso para a capacidade investigadora e a proxecci\u00f3n internacional da instituci\u00f3n, reforzando o papel da UDC como centro de excelencia no \u00e1mbito xur\u00eddico.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Apoio ao talento e \u00e1 excelencia<\/strong><\/p>\n<p>A incorporaci\u00f3n de persoal investigador de excelencia enm\u00e1rcase dentro do Plan Estrat\u00e9xico da Universidade da Coru\u00f1a, no que hai unha clara aposta polo fomento de investigaci\u00f3n de calidade. Un obxectivo para o que hai establecidas diversas li\u00f1as de atracci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento. Iniciativas que se canalizan esencialmente a trav\u00e9s da Oficina de Captaci\u00f3n de Persoal Investigador (OCPI)<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O profesor, referente internacional en Dereito Internacional, desenvolver\u00e1 o seu proxecto na Facultade de Dereito da UDC durante os vindeiros catro anos cunha axuda de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9548,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9547"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9547"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9547\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10209,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9547\/revisions\/10209"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9548"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9547"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9547"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9547"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}