{"id":9566,"date":"2025-05-14T12:57:48","date_gmt":"2025-05-14T10:57:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/?p=9566"},"modified":"2026-03-17T09:33:21","modified_gmt":"2026-03-17T08:33:21","slug":"o-investigador-da-udc-daniel-nieto-inauura-un-laboratorio-satelite-en-sudafrica-vencellado-a-sus-investigacion-na-bioimpresion-de-tecidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-investigador-da-udc-daniel-nieto-inauura-un-laboratorio-satelite-en-sudafrica-vencellado-a-sus-investigacion-na-bioimpresion-de-tecidos\/","title":{"rendered":"O investigador da UDC Daniel Nieto inauura un laboratorio sat\u00e9lite en Sud\u00e1frica vencellado \u00e1 s\u00fas investigaci\u00f3n na bioimpresi\u00f3n de tecidos"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>Adscrito ao CICA (Centro Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda), Daniel Nieto \u00e9 investigador Oportunius e conta cunha Consolidator Grant outorgada polo Consello Europeo.<\/em><\/li>\n<li><em>Esta alianza coa Universidade North-West de Sud\u00e1frica servir\u00e1 para a transferencia de co\u00f1ecemento e de recursos entre ambos laboratorios, impulsando a innovaci\u00f3n en biofabricaci\u00f3n e centr\u00e1ndose en \u00e1reas como a enxe\u00f1ar\u00eda de tecidos, a bioimpresi\u00f3n 3D e a medicina rexenerativa.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>A Coru\u00f1a,14 de maio de 2025 \u2013 <\/strong>O investigador Oportunius e coordinador do grupo Advanced Biofab do CICA da Universidade da Coru\u00f1a, Daniel Nieto, <strong>acaba de inaugurar a Unidade de Investigaci\u00f3n de Biofabricaci\u00f3n DNietolab-NWU\u00a0na North-West University de Sud\u00e1frica, <\/strong>dentro do Centro de Excelencia para as Ciencias Farmac\u00e9uticas.<\/p>\n<p>Esta unidade, que est\u00e1 formada na actualidade por seis estudantes e dous investigadores principais, Lissinda Du Plessis e Chrisna Gouws \u2013 ambos os dous expertos de renome en investigaci\u00f3n farmac\u00e9utica e biom\u00e9dica-, <strong>servir\u00e1 como laboratorio sat\u00e9lite do grupo creado na Coru\u00f1a<\/strong>, convert\u00e9ndose nun referente no estudo de tecnolox\u00edas biom\u00e9dicas no pa\u00eds africano.<\/p>\n<p>Est\u00e1 colaboraci\u00f3n, que xorde polo interese de impulsar a transferencia de co\u00f1ecemento entre os dous grupos de investigaci\u00f3n, permitir\u00e1 fortalecer sinerx\u00edas entre ambas as d\u00faas unidades para favorecer o intercambio de estudantes e a transferencia de tecnolox\u00eda e recursos.<\/p>\n<p>Dentro do convenio asinado entre as partes e que ter\u00e1 unha duraci\u00f3n m\u00ednima de cinco anos, establ\u00e9cense unha serie de condici\u00f3ns para desenvolver esta rede de traballo, entre as que destaca a mobilidade de co\u00f1ecemento; polo que o grupo de investigaci\u00f3n do CICA recibir\u00e1 cada ano tres estudantes de doutoramento e dous de m\u00e1ster para realizar unha estancia na UDC, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de publicaci\u00f3ns en conxunto.<\/p>\n<p>Daniel Nieto recalca a importancia de complementarse, xa que \u201cmentres na universidade North-West especial\u00edzanse no \u00e1mbito de ciencia b\u00e1sica, no grupo Advanced Biofab do CICA, dedic\u00e1monos \u00e1 ciencia aplicada\u201d. Unha combinaci\u00f3n coa que pretenden que o estudantado que traballe nos dous pa\u00edses poida estar presente durante todo o proceso.<\/p>\n<p>Nas vindeiras semanas incorporar\u00e1se ao grupo de Advanced Biofab a graduada en Enxe\u00f1ar\u00eda Biom\u00e9dica, Kara van zyl, como estudante predoutoral. Esta incorporaci\u00f3n ao grupo liderado por Daniel Nieto servir\u00e1 como nexo de uni\u00f3n entre ambos os laboratorios, co obxectivo de fortalecer a rede e complementar o traballo que se realizar\u00e1 no da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>A transferencia de tecnolox\u00eda tam\u00e9n \u00e9 unha das condici\u00f3ns do funcionamento desta colaboraci\u00f3n, para realizar investigaci\u00f3ns que logo poidan aplicarse no CICA. Unha das bioimpresoras 3D do grupo Advanced Biofab xa se atopa no laboratorio sat\u00e9lite.<\/p>\n<p>M\u00e1is adiante, tam\u00e9n estudan realizar un <em>workshop<\/em> anual para xuntar os dous equipos. O primeiro realizarase na Coru\u00f1a ao redor do mes de febreiro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Sobre o CICA<\/strong><\/p>\n<p>O Centro Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigaci\u00f3n de ciencias avanzadas que conta con m\u00e1is de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres \u00e1reas cient\u00edficas: Biomedicina; Alimentaci\u00f3n, Contaminaci\u00f3n e Sa\u00fade; e Nanociencia e Materiais Avanzados.<\/p>\n<p>Desde 2024, o CICA conta co reco\u00f1ecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da s\u00faa investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A excelencia investigadora, a transferencia tecnol\u00f3xica e a transmisi\u00f3n de co\u00f1ecemento \u00e1 sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigaci\u00f3n. \u00c9 reco\u00f1ecido pola atracci\u00f3n de talento, a visibilidade da muller cient\u00edfica e a promoci\u00f3n da igualdade de x\u00e9nero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adscrito ao CICA (Centro Interdisciplinar de Qu\u00edmica e Biolox\u00eda), Daniel Nieto \u00e9 investigador Oportunius e conta cunha Consolidator Grant outorgada polo Consello Europeo. Esta alianza<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9567,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[84],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9566"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9566"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9566\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10217,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9566\/revisions\/10217"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9567"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9566"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9566"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9566"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}