{"id":9861,"date":"2025-09-05T12:26:48","date_gmt":"2025-09-05T10:26:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/o-investigador-da-udc-guillermo-lorenzo-obten-unha-bolsa-starting-grant-de-15-millons-de-euros-para-o-proxecto-digipro\/"},"modified":"2026-03-17T09:26:20","modified_gmt":"2026-03-17T08:26:20","slug":"o-investigador-da-udc-guillermo-lorenzo-obten-unha-bolsa-starting-grant-de-15-millons-de-euros-para-o-proxecto-digipro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/o-investigador-da-udc-guillermo-lorenzo-obten-unha-bolsa-starting-grant-de-15-millons-de-euros-para-o-proxecto-digipro\/","title":{"rendered":"O Investigador da UDC Guillermo Lorenzo obt\u00e9n unha bolsa Starting Grant de 1,5 mill\u00f3ns de euros para o proxecto DIGIPRO"},"content":{"rendered":"<div class=\"col-md-8\">\n<div>\n<ul>\n<li><em>O Consello Europeo de Investigaci\u00f3n\u00a0(ERC, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) ven de facer p\u00fablica a concesi\u00f3n dunha nova edici\u00f3n destas prestixiosas axudas \u00e1 investigaci\u00f3n <\/em><\/li>\n<li><em>O proxecto DIGIPRO, liderado polo investigador do CITEEC da UDC, desenvolver\u00e1 xemelgos dixitais de pacientes de cancro para obter predici\u00f3ns personalizadas da progresi\u00f3n tumoral que permitan unha detecci\u00f3n nunha fase microsc\u00f3pica temper\u00e1<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><em>\u00a0<\/em><\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 5 de setembro de 2025.-<\/strong> O Consello Europeo de Investigaci\u00f3n (ERC, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) ven de seleccionar ao investigador da UDC, Guillermo Lorenzo, polo seu <strong>proxecto DIGIPRO<\/strong>,\u00a0 para o que recibir\u00e1 unha das s\u00faas prestixiosas bolsas Starting Grant, por importe de 1,5 mill\u00f3ns de euros. DIGIPRO, liderado por Lorenzo, est\u00e1 centrado no desenvolvemento dunha nova clase de modelos computacionais que permitan avances nos diagn\u00f3sticos, esencialmente nunha detecci\u00f3n moi temper\u00e1 da progresi\u00f3n do cancro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este fen\u00f3meno \u00e9 un evento patol\u00f3xico crucial que consiste nun incremento da malignidade das c\u00e9lulas tumorais e conleva un maior risco cl\u00ednico. A progresi\u00f3n do cancro manif\u00e9stase inicialmente como cambios na arquitectura espacial do tumor a nivel microsc\u00f3pico, que se poden observar tam\u00e9n en fases m\u00e1is avanzadas a nivel macrosc\u00f3pico, como cambios no tumor observados mediante imaxe m\u00e9dica e outros biomarcadores cl\u00ednicos.<\/p>\n<p>Non obstante, a\u00ednda que a progresi\u00f3n tumoral se manifesta dende un nivel microsc\u00f3pico a un nivel macrosc\u00f3pico, a detecci\u00f3n cl\u00ednica adoita realizarse comezando por imaxes m\u00e9dicas macrosc\u00f3picas (por exemplo, resonancias magn\u00e9ticas) seguidas dunha biopsia para analizar o tumor a nivel microsc\u00f3pico.<\/p>\n<p>Polo tanto, explica Lorenzo, \u201cos protocolos cl\u00ednicos actuais poden levar a unha detecci\u00f3n tard\u00eda da progresi\u00f3n tumoral e non te\u00f1en en conta a din\u00e1mica espaciotemporal (\u00fanica para cada paciente) coa que sucede este fen\u00f3meno, xa que se desco\u00f1ecen os mecanismos que o gobernan\u201d.<\/p>\n<p>As\u00ed, o <strong>proxecto DIGIPRO<\/strong> busca desenvolver \u201cunha nova clase de modelos computacionais para investigar os mecanismos biof\u00edsicos que gobernan a progresi\u00f3n do cancro a diferentes escalas espaciais, dende o nivel microsc\u00f3pico de tecido ao nivel macrosc\u00f3pico do \u00f3rgano afectado\u201d.<\/p>\n<p><strong>Desenvolvemento de xemelgos dixitais<\/strong><\/p>\n<p>Ademais, DIGIPRO desenvolver\u00e1 xemelgos dixitais de pacientes de cancro equipados con estes modelos para obter predici\u00f3ns personalizadas da progresi\u00f3n tumoral que permitan a detecci\u00f3n deste fen\u00f3meno nunha fase microsc\u00f3pica temper\u00e1 empregando datos macrosc\u00f3picos habituais en \u00e1mbito cl\u00ednico (por exemplo, resonancias magn\u00e9ticas, biomarcadores cl\u00ednicos). Deste xeito, as tecnolox\u00edas computacionais que se dese\u00f1ar\u00e1n en DIGIPRO permitir\u00e1n predicir de forma personalizada cando un paciente pode ter un evento de progresi\u00f3n tumoral, o cal \u00e9 crucial para a toma de decisi\u00f3ns cl\u00ednicas (por exemplo, cando realizar probas ou a selecci\u00f3n de tratamentos).<\/p>\n<p>O proxecto centrarase na progresi\u00f3n de cancro de pr\u00f3stata de nova diagnose e risco favorable, para o que o seguemento cl\u00ednico incl\u00fae abundantes datos micro e macrosc\u00f3picos. Por\u00e9n, esp\u00e9rase que os resultados do proxecto poidan aplicarse tam\u00e9n a outros tipos de tumores.<\/p>\n<p>Deste xeito, os descubrimentos sobre a biolox\u00eda da progresi\u00f3n tumoral e as tecnolox\u00edas de predici\u00f3n personalizada que se desenvolvan no proxecto poden supo\u00f1er un cambio de paradigma na xesti\u00f3n cl\u00ednica de tumores no futuro, pasando do est\u00e1ndar actual de tipo observacional e baseado en datos poboacionais a unha nova estratexia predictiva e personalizada para o cancro de cada paciente. Ademais, os modelos biomatem\u00e1ticos e tecnolox\u00edas computacionais do proxecto tam\u00e9n poden axudar na investigaci\u00f3n doutros fen\u00f3menos progresivos multiescala en medicina, como o Alzheimer e a arteriosclerose, e en enxe\u00f1ar\u00eda, como a fractura.<\/p>\n<p><strong>Destacada traxectoria na aplicaci\u00f3n das matem\u00e1ticas<\/strong><\/p>\n<p>Guillermo Lorenzo \u00e9 enxe\u00f1eiro de Cami\u00f1os, Canais e Portos pola Universidade da Coru\u00f1a (UDC), onde obtivo tam\u00e9n un m\u00e1ster en Investigaci\u00f3n en Enxe\u00f1ar\u00eda Civil e o doutoramento na \u00e1rea de M\u00e9todos Computacionais en Enxe\u00f1ar\u00eda. A s\u00faa carreira acad\u00e9mica continuou en instituci\u00f3ns de prestixio internacional, como a Universidade de Pavia (Italia), a Universidade de Texas en Austin (EEUU) e o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela. Dende 2024 regresou \u00e1 UDC, onde \u00e9 investigador Ram\u00f3n y Cajal no Grupo de M\u00e9todos Num\u00e9ricos en Enxe\u00f1ar\u00eda (GMNI) do Departamento de Matem\u00e1ticas e con sede na Escola de Enxe\u00f1eiros de Cami\u00f1os, Canais e Portos da UDC. Grazas a este prestixioso contrato do Ministerio de Ciencia, lidera un equipo de investigaci\u00f3n en oncolox\u00eda computacional dentro do GMNI, adscrito ao Centro de Innovaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica en Edificaci\u00f3n e Enxe\u00f1er\u00eda Civil\u00a0 (CITEEC). Ademais, \u00e9 colaborador externo no Oden Institute for Computational Engineering and Sciences da Universidade de Texas en Austin (EEUU), onde colabora cos grupos dos profesores Thomas E. Yankeelov e Thomas J. R. Hughes.<\/p>\n<p>A s\u00faa investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase en tres grandes li\u00f1as: (1) comprender os mecanismos biof\u00edsicos que rexen o desenvolvemento e tratamento do cancro mediante modelos biomatem\u00e1ticos, (2) desenvolver m\u00e9todos computacionais precisos e eficientes para resolver estes modelos e axustalos cos datos dispo\u00f1ibles de pacientes individuais, e (3) aplicar estas tecnolox\u00edas computacionais para xerar predici\u00f3ns tumorais personalizadas que poidan apoiar a toma de decisi\u00f3ns en oncolox\u00eda cl\u00ednica. Nos \u00faltimos anos, tam\u00e9n comezou a investigar en enfoques h\u00edbridos de aprendizaxe mecanicista, que combinan modelos biomatem\u00e1ticos con t\u00e9cnicas de intelixencia artificial. Estes m\u00e9todos te\u00f1en importantes aplicaci\u00f3ns en oncolox\u00eda cl\u00ednica, como o dese\u00f1o de biomarcadores, a creaci\u00f3n de clasificadores de risco ou o desenvolvemento de t\u00e9cnicas computacionais de alta velocidade para a predici\u00f3n tumoral.<\/p>\n<p>Tal e como explica o propio Guillermo Lorenzo, a obtenci\u00f3n dunha Starting Grant\u00a0do ERC constit\u00fae \u201c<em>un impulso decisivo para a mi\u00f1a traxectoria investigadora\u201d<\/em>, xa que permite consolidar un equipo propio, dispo\u00f1er dos recursos necesarios para desenvolver o proxecto e avanzar na carreira cient\u00edfica. Na preparaci\u00f3n da proposta, salientou o apoio prestado polas Oficinas de Captaci\u00f3n de Persoal Investigador (OCPI) e de Proxectos Internacionais (OPI) da UDC, tanto na revisi\u00f3n da documentaci\u00f3n como na preparaci\u00f3n da entrevista, as\u00ed como os servizos de apoio \u00e1 preparaci\u00f3n de propostas do programa Oportunius da Xunta de Galicia, que resultaron determinantes para acadar este importante reco\u00f1ecemento.<\/p>\n<\/div>\n<p><strong>Publicado por:<\/strong><br \/>\nGabinete de Comunicaci\u00f3n da UDC<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Consello Europeo de Investigaci\u00f3n\u00a0(ERC, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) ven de facer p\u00fablica a concesi\u00f3n dunha nova edici\u00f3n destas prestixiosas axudas \u00e1 investigaci\u00f3n O<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":9544,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9861"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9861"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9861\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10206,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9861\/revisions\/10206"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9544"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9861"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9861"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.intalent.udc.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9861"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}