A Coruña, 5 de setembro de 2019.- A Fundación Barrié acollerá os días 6 e 7 de setembro o congreso organizado desde a Universidade da Coruña “Correntes de reforma relixiosa no mundo ibérico no século XVI”.
O investigador do programa InTalent UDC- Inditex Jorge Ledo é o director deste congreso, xunto con Michel Boeglin, da Universidade P. Valéry, que comezará mañá, venres ás 10:00 horas e que contará coa participación final de Carlos Gilly.
Investigadores de universidades de España, Francia e Italia debatirán durante dous días sobre a Reforma no mundo ibérico así como de libros e bibliotecas heterodoxos.
Publicado por:
Gabinete de Comunicación da UDC