A UDC presenta nun congreso casos de éxito na relación coa empresa

salvador_naya_habana_1

A UDC presenta nun congreso casos de éxito na relación coa empresa 1A Coruña, 16 de febreiro de 2018.- O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador Naya, participa esta semana no XXI Congreso Internacional de Educación Superior “Universidad 2018” en La Habana, Cuba, que nesta edición leva como lema “A universidade e a axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable”.
O vicerreitor foi convidado a participar coa ponencia “Transferencia de Tecnoloxía Universidade-Empresa no contexto da industria 4.0”, na que contou casos de éxito de transferencia tecnolóxica que se están levando a cabo desde a UDC con empresas do contorno como Inditex ou Navantia. Naya explicou que “no caso da multinacional Inditex estase potenciando a captación de talento mediante un programa propio, InTalent, que está dando excelentes resultados de retorno de investigadores”. “A colaboración co estaleiro público Navantia céntrase nunha unidade mixta de investigación, UMI, chamada “Estaleiro 4.0: o estaleiro do futuro” na que se están realizando diversas accións relacionadas coa industrial 4.0 no sector da construción naval”, engadiu o vicerreitor.

salvador_naya_habana_2

A UDC presenta nun congreso casos de éxito na relación coa empresa 2
Salvador Naya explicou que hoxe en día a Universidade “debe xogar un papel dinamizador no contorno en que exerce a súa principal misión de educar e investigar, potenciando a chamada terceira misión, a de transferencia tecnolóxica á sociedade”. Esta vía, declarou o vicerreitor “é clave nas universidades que teñen vocación innovadora como a Universidade da Coruña”. Ao congreso asisten preto de 2.500 delegados duns 70 países. Ademais, de impartir a ponencia, o vicerreitor tivo a oportunidade de reunirse con diversas personalidades académicas coa fin de establecer posibles alianzas universitarias.

Publicado por:
Gabinete de comunicación