Física de partículas coas mans

A Universidade da Coruñaorganiza a Masterclass Internacional “Física de partículas coas mans”

A Coruña, 12 de marzo de 2024.- A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas (IPPOG) e a Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), celebra a primeira edición da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.

A xornada terá lugar o vindeiro mércores, día 13 de marzo, na Facultade de Ciencias (Campus Zapateira), e está dirixida a estudantes de 2º de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. Trátase dunha oportunidade única, que permitirá a 18 alumnos de 7 centros mergullarse nunha experiencia científica simulada, cunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual e unha sesión práctica realizada en grupos.

Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con estudantes de Constantina (Alxeria), Atenas (Grecia), Teherán (Irán) e Madrid; que participarán na xornada de forma simultánea. Esta masterclass pretende fomentar a paixón pola ciencia, brindando unha experiencia práctica no proceso científico profesional.

O evento está organizado polos investigadores principais do proxecto do Plan Nacional de Xeración de Coñecemento “LHCb data challenges”, a investigadora Ramón e Cajal e InTalent Veronika Chobanova e o investigador distinguido Oportunius, Diego Martínez Santos; xunto cos estudantes de doutoramento John Wendel, Victor González Tabernero, Joel Pérez Villarino e Ramón Ángel Ruiz Fernández.

Más información: https://sites.google.com/view/a-coruna-data-challenge-acdc/home/cern-masterclass-2024

 

Foto: A investigadora Ramón y Cajal e InTalent Veronika Chobanova.

Publicado por:
Gabinete de Comunicación da UDC