O Consello Europeo de Investigación concede a Elena Pezos, investigadora InTalent UDC-IndiTex, unha bolsa Satrting Grant

A Coruña, 3 de setembro de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e Elena Pazos, investigadora InTalent UDC-Inditex explicarán mañá mércores, 4 de setembro, en rolda de prensa, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 12:00 horas o proxecto de investigación polo que a Unión Europea lle acaba de conceder a esta científica unha bolsa Starting Grant de 1,5 millóns de euros.

O Consello Europeo de Investigación (ERC) vén de facer pública a concesión dun total de 20 bolsas de investigación a científicos españois. As ERC Starting Grant son unhas axudas moi prestixiosas e difíciles de acadar xa que son moi competitivas e se presentan proxectos de todo o mundo; de feito, nesta convocatoria entregáronse un total de 408 axudas a investigadores de 51 países.

A Universidade da Coruña suma unha nova axuda Starting Grant ao seu plantel de investigadores. O científico Carlos Gómez recibiuna en 2016. Con anterioridade recibiuna tamén o profesor Héctor Gómez.

 

Publicado por:
Gabinete de Comunicación da UDC