A Coruña, 14 de outubro de 2016.- CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente de Inditex, Pablo Isla, asinarán un convenio de colaboración para a creación e implantación do programa “InTalent” o vindeiro luns, 17 de outubro, na Sala de Xuntas da Reitoría (A Maestranza), ás 14:30 horas.
O Programa “InTalent” ten como obxectivo a incorporación na UDC de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional. Este programa está dirixido a científicos de calquera nacionalidade que queiran desenvolver a súa actividade investigadora na UDC.
Publicado por:
Gabinete de comunicación
