Progreso &
innovación

A Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha de diversos centros tecnolóxicos que se converterán no departamento de I+D+i das empresas. Os centros tecnolóxicos están repartidos entre os campus de Elviña e de Ferrol. Este proxecto, que xa é unha realidade apoiada de forma decidida tanto polas administracións públicas como polo sector empresarial, posibilitará o contacto directo entre a universidade e a empresa.