Reter excelencia investigadora en Galicia

-

Ver video

Intalent UDC- Inditex é un programa de colaboración entre a Universidade da Coruña e Inditex co obxectivo de fomentar a retención e retorno de investigadores vinculados ou recentemente desvinculados da UDC e a captación de investigadores nacionais ou estranxeiros que poidan conseguir financiamento competitivo internacional en materia de investigación.

Que ofrece
o programa?

Salario
Complemento económico do contrato Ramón e Cajal ata alcanzar salario total de 60.000 €/ano
Investigación propia
40.000 €/proxecto
Traslado e instalación
1.000 €

Asesoramento técnico
Preparación de propostas ERC grants…
Espazo
Instalacións para a execución do proxecto.

A quen
se dirixe?

Investigadores de calquera nacionalidade con posesión de grao de doutor/a

Ser seleccionado/a en a convocatoria de axudas Ramón e Cajal da Axencia Estatal de Investigación

Asinar ou asinar un acordo de incorporación da súa axuda RyC coa UDC

Traxectoria investigadora excelente nos últimos anos e capacidade para xerar coñecemento novo.

Potencial como investigador/a independente con evidencias de madurez profesional, así como mostras dunha prometedora proxección na súa carreira científica

Capacidade e interese en participar en convocatorias internacionais de ciencia excelente, como ERC Grants, e o European Innovation Council (EIC), ou noutras convocatorias competitivas do Programa Horizon Europe ou doutras axencias internacionais.

Oportunidades

Científica

  • Amplo ecosistema
  • Independencia investigadora
  • Infraestructuras adecuadas

Social

  • Enclave acolledor
  • Clima agradable
  • Ampla oferta cultural

Económica

  • Eficiencia en recursos
  • Apoio na procura de financiamento

Áreas
destacadas

  • TIC
  • Industrial
  • Ciencias experimentais
  • Innovación social
  • Enxeñería
  • Construción civil
  • Saúde
  • Humanidades

Promotores

A UDC ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade mediante a xeración, xestión e difusión da cultural e o coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. A UDC enmarca esta iniciativa dentro do seu propósito de executar accións concretas destinadas a apoiar a investigadores procedentes de calquera parte do mundo para desenvolver aquí as súas carreiras científicas.

inditex

Inditex ven apoiando nos últimos anos ás institucións de educación superior, sendo o seu compromiso coa UDC unha dos seus acenos de identidade. É por iso que está interesada en apoiar accións encamiñadas ao desenvolvemento de proxectos en materia de investigación e transparencia para ampliar, renovar e modernizar os sistemas de ensino superior, así como na posta en valor da súa dimensión emprendedora en beneficio da sociedade.

Xuntos cara ao progreso

Unha universidade moderna que traballa pola excelencia científica