Formación
e estabilidade

A Xunta de Galicia activou o programa Oportunius co reto de contratar, en Galicia, 24 investigadores/as de referencia. O obxectivo é reter e captar investigadores/as excelentes para que desenvolvan a súa carreira en Galicia, formar científicos/as con potencial para conseguir as bolsas europeas ERC e incorporar talento ás pemes.

O programa está dirixido a investigadores/as de gran proxección que xa son referencia nas súas áreas de coñecemento, ou están camiño de selo, e que fosen recoñecidos/as a nivel europeo mediante unha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC).