Vida
activa e saudable

A Coruña e Ferrol contan con numerosos centros e hospitais de referencia.
Contorno pioneiro en estimular estilos de vida sans e crear ambientes saudables, existen multitude de opcións e actividades que animan a un estilo de vida activo.
Índice de Excelencia Hospitalaria
O Hospital Universitario da Coruña é o mellor hospital galego de acordo con esta clasificación (IEH 2015),mentres que o Hospital Quirón Coruña ocupa o terceiro lugar.
Rede Española de Universidades Saudables
A Universidade da Coruña aprobou, na súa sesión do 28 de novembro de 2014, a adhesión da entidade académica coruñesa á Rede Española de Universidades Saudables.
Este compromiso implica que a UDC tivo que facer un proxecto de traballo que promove a saúde na cultura universitaria, nas súas políticas institucionais, estrutura, procesos e plans de estudo, así como a identificación das necesidades da comunidade universitaria, áreas de traballo e estratexias de intervención.

Sistema sanitario