InTalent/

É un programa específico de colaboración entre a Universidade da Coruña e Inditex para a contratación de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional baixo o único criterio da excelencia.

SOBRE A
UDC

A Universidade da Coruña (UDC) é unha institución pública, nova e moderna. Situada no noroeste de Galicia, está estruturada territorialmente en campus da Coruña e campus de Ferrol.
A UDC ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión da cultura e do coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento de investigación e de docencia.

SOBRE
INDITEX

Inditex é un dos maiores grupos de distribución de moda do mundo e conta con oito formatos comerciais con máis de 7000 tendas en 91 mercados. Nos últimos anos veu apoiando as institucións de educación superior, co seu compromiso coa UDC como un dos seus sinais de identidade.

InTalent, o programa nado para captar e reter excelencia investigadora en Galicia

iconos_home-01

Ciencia excelente

A UDC plasmou o seu apoio á ciencia excelente nunha serie de medidas concretas, que se inclúen no programa Berce, destinadas tanto a investigadores da propia UDC como a científicos procedentes de calquera parte do mundo que decidan desenvolver o seu proxecto de investigación nesta universidade.

iconos_home-02

Top áreas científicas

  • TIC
  • Industrial
  • Ciencias experimentais
  • Innovación social
  • Enxeñaría
  • Construción civil
  • Saúde
  • Humanidades

Xuntos cara ao progreso

Unha universidade moderna que traballa pola excelencia científica