Fomento
da investigación
O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas. As ERC Grants apoian investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en ciencia excelente.
ERC Starting Grants (StG)
As Starting Grants están deseñadas para apoiar investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre dous e sete anos e que están empezando a súa propia liña de investigación independente e queiran formar o seu propio equipo.
ERC Consolidator Grants (CoG)
As Consolidator Grants están deseñadas para apoiar investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre sete e doce anos e que están consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independente.