Daniel Nieto García

Daniel Nieto García

Daniel Nieto (Trazo, A Coruña) é un experto internacional en biofabricación para medicina rexenerativa. Foi profesor no Instituto MERLN (Universidade de Maastricht) e realizou estadías posdoutorais en Harvard-MIT, Granada, Galway e Oxford. Foi investigador principal na Universidade Nacional de Irlanda, onde creou unha planta piloto de biofabricación avanzada, e profesor visitante no Instituto de Tecnoloxía de Nova Jersey (EE. UU.).

Conta con máis de 75 publicacións científicas, 100 contribucións a congresos, participación en 15 proxectos, 5 patentes e é cofundador de Healthbiolux. Dirixe o Laboratorio de Biofabricación Avanzada da UDC, que conta cunha unidade de investigación satélite na Universidade North-West, en Sudáfrica, e proximamente abrirá outra no Singapore Centre for 3D Printing, en Singapur. O seu traballo combina fotónica, biomedicina e enxeñaría biomédica para avanzar na enxeñaría de tecidos e órganos.

Proxecto

O proxecto HOT-BIOPRINTING (ERC Consolidator Grant, 2M€) desenvolve unha tecnoloxía disruptiva de bioimpresión con pinzas ópticas holográficas (HOTB) para a manipulación celular 3D e automatización do proceso, superando as limitacións actuais (tamaño, resolución, complexidade) e permitindo fabricar tecidos e órganos artificiais vascularizados que imiten fielmente os humanos.