A Universidade da Coruña con CIF Q-6550005 e con domicilio na Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña, (A Coruña), encóntrase inscrita no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

(En diante UDC)

Os contidos, organización e elección de ligazóns das páxinas da udc.es e udc.gal poden ser utilizados en parte ou na súa integridade sen necesidade de citar fontes.

Este portal está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 7.0, Mozilla 2.0 e Chrome 3.0 ou versións superiores. A resolución mínima recomendada é de 1024×768.

1. Dereitos e obrigacións do usuario

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no sitio web atribúe, desde o seu comezo, a condición de Usuario e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas condicións xerais. Para o acceso aos servizos deste sitio web, en todo o que non teña carácter gratuíto ou impoña unha serie de obrigacións, o Usuario debe ser maior de idade e dispor da capacidade legal e representación necesaria para obrigarse xuridicamente.

O Usuario que accede ao sitio web debe cumprir estas Condicións xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza. Así, o Usuario non poderá efectuar modificación nin alteración algunha dos contidos do sitio web, fóra dos datos que o propio Usuario introducise, nin prexudicará de ningunha forma a súa integridade ou funcionamento.

2. Responsabilidade da UDC

A UDC resérvase o dereito a realizar modificacións no sitio web, así como nestas condicións xerais. Doutra banda, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos Usuarios, a UDC non pode asumir responsabilidade:

  1. Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos nela ou naqueles sitios web aos que o Usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no sitio web.
  2. Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos fornecidos.

No sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo Usuario medio, polo que a UDC non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte da UDC no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes Condicións xerais.

A UDC non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.

3. Responsabilidade do usuario do sitio web

O Usuario comprométese a:

  • Facer un uso adecuado e lícito do sitio web así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, as Condicións Xerais de Uso, a moral e bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública. Así como proverse de todos os medios e requirimentos técnicos que se precisen para acceder ao sitio web ou rede social.
  • Facilitar información veraz ao cumprimentar cos seus datos de carácter persoal os formularios e a mantelos actualizados en todo momento de forma que responda, en cada momento, á situación real do Usuario. O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a UDC ou a terceiros pola información que facilite.

4. Propiedade intelectual e industrial

O presente sitio web, así como os contidos, servizos e elementos que integran o mesmo son propiedade ou se atopan baixo o control da UDC, estando protexidos sen ningún tipo de limitación, polas leis de propiedade intelectual e industrial españolas e Tratados e Convenios internacionais que resulten de aplicación.

En ningún caso se entenderá que se concede ningunha licenza ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito da UDC.

5. Protección de datos

A UDC cumpre coa lexislación en materia de protección de datos e concretamente co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, por iso infórmao de que os datos de carácter persoal que facilite no presente sitio web serán tratados conforme á devandita lexislación pola Universidade da Coruña.

A finalidade do tratamento corresponderá á xestión de usuarios para a contestación das suxestións realizadas, ou a resolución de cuestión formuladas dependendo da sección a que se remitise . Para os que se solicitarán as categorías de datos relativas á identificación da persoa, incluíndo o nome e de contacto, onde se incorporará o e-mail do usuario, o teléfono ou o fax, ou ben o enderezo postal en atención á vía de contestación pola que se opte. O tratamento levado a cabo responde exclusivamente aos fins establecidos anteriormente e correspondentes aos que lle foron requiridos, procedendo os datos do interesado e estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar as presentes condicións.

Os ditos datos non serán transferidos a terceiras persoas sen o correspondente consentimento previo, nin fóra dos casos expresamente previstos na lexislación de protección de datos.

Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos dirixíndose ao seguinte enderezo de correo electrónico: secretariaxeral@udc.gal
Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

6. Xurisdición

Todo litixio e controversia que xurda entre a UDC e un usuario sobre a interpretación ou a aplicación das presentes condicións, ou en xeral, en atención á utilización dos servizos regularase conforme á lexislación española.

7. Comunicacións

Para calquera comunicación que sexa precisa entre a UDC e o usuario, este dirixirase ao domicilio indicado ao comezo da páxina.