Elena Pazos

Elena Pazos

Elena Pazos é doutora en Química pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou estadías en centros de referencia internacional como o Trinity College de Dublín, a University of Illinois at Urbana-Champaign e a Northwestern University. En 2017 incorporouse á Universidade da Coruña como investigadora InTalent, onde fundou o grupo QuimBio, centrado no deseño de ferramentas peptídicas para o desenvolvemento de biosensores, materiais autoensamblados e fármacos. En 2019 obtivo unha ERC Starting Grant e foi investigadora Ramón y Cajal ata 2025. Actualmente é profesora titular no departamento de Química da UDC.​

Proxecto

Entre outros proxectos, lidera PEPTOC, financiado con 150.000 € a través do programa ERC Proof of Concept, que busca explorar o potencial comercial e innovador de resultados derivados da súa investigación previa. O proxecto céntrase en validar unha familia de péptidos de alta selectividade, capaces de eliminar células tumorais resistentes á quimioterapia sen afectar ás células sans, en contornos biolóxicos máis complexos, avaliando a súa viabilidade para un desenvolvemento clínico a longo prazo. Esta iniciativa consolida a súa posición como referente na investigación en Galicia.​