Guillermo Lorenzo
Guillermo Lorenzo é enxeñeiro de Camiños pola Universidade da Coruña (UDC), onde tamén obtivo o máster e o doutoramento en Métodos Computacionais en Enxeñaría. Desenvolveu a súa carreira en institucións como a Universidade de Pavía, a Universidade de Texas en Austin e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Desde 2024 é investigador Ramón y Cajal no Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría da UDC e colaborador externo do Oden Institute (Texas).
Proxecto
A súa investigación céntrase en comprender os mecanismos biofísicos do cancro mediante modelos biomatemáticos, desenvolver métodos computacionais precisos axustados a datos clínicos e xerar predicións tumorais personalizadas para apoiar a toma de decisións en oncoloxía mediante xemelgos dixitais. Ademais, traballa en enfoques híbridos que combinan modelos mecanicistas con intelixencia artificial, aplicados ao deseño de biomarcadores, clasificadores de risco e técnicas rápidas para a predición tumoral.


