Jaime Martín Pérez
Jaime Martín dirixe o Laboratorio de Polímeros Funcionais en CITENI (Campus Industrial de Ferrol). A súa investigación céntrase en comprender a configuración estrutural dos polímeros semiconductores para electrónica orgánica e fotónica, correlacionando a súa organización molecular coas propiedades optoelectrónicas.
Doutor en Química polo Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros (CSIC), realizou estadías posdoutorais no CSIC (Madrid), Imperial College London (bolseiro Marie Curie) e POLYMAT (San Sebastián), e obtivo contratos Ikerbasque e Ramón y Cajal. Liderou 13 proxectos competitivos, incluíndo un ERC Consolidator Grant (2M€), e captou máis de 3M€ como investigador principal.
Proxecto
O proxecto “A organización semi-paracristalina en polímeros: cara a células solares orgánicas estables” (ERC-CoG, 2M€) busca revelar a estrutura molecular dos polímeros semiconductores mediante un novo modelo semi-paracristalino, co obxectivo de desenvolver células solares orgánicas máis eficientes e duradeiras, impulsando avances na electrónica orgánica e na enerxía.


